nova

EN CARBALLO EN AGOSTO

30/08/10

Rematou o Ciclo Trad

Cun moi bon saber de boca remata este Ciclo Trad 2010 que xirou ao redor de dúas manifestacións de arraigo en Bergantiños: o acordeón e a regueifa. O último día, adicado precisamente á esta forma de improvisación oral estivo cargado de actividades sobre o "repente" ou "regueifa". Houbo actores, clowns, dramaturgos, comunicadores, investigadores, programadores,... e os regueifeiros Suso e Fermín de Xornes, Guillermo da Ravadeira, Luís "O Caruncho" ou benito Lobariñas que no xantar e no palco deleitaron aos presentes coa súa sorna e controversia. Podes escoitar un extracto desta sesión aquí ou mirar en imaxes na galería de fotos de www.folque.com. 

O remate o puxeron Os Carunchos, nun concerto nocturno e feliz.

nova

ACABA DE PUBLICARSE O ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA

23/08/10

Monográfico sobre a música tradicional na RGE

A música tradicional como ferramenta educativa é o tema adicado no  último número -de periodicidade cuadrimestral- da RGE (Revista Galega de Educación) con interesantes artigos escritos por docentes e investigadores en activo e desde diferentes referencias coordinados por Tino Labaña .. Colaboran, entre moitos outros, Baldomero Iglesias, Guadi Galego, Fernando Abreu, Luís Prego, Xaneco, Xaime Estévez, Manolo Maseda, Pablo Carpintero, Alexandre Sotelino,...

nova

NUN DOS CURSOS MONOGRÁFICOS DO 2009

19/08/10

Un vídeo para a lembanza

En abril de 2009, aCentral Folque e Espazos Sonoros organizaron na Sala Nasa de Santiago, un obradoiro de gravación en formatos pioneiros na captación do son co especialista inglés Aleksander Kolkowski quen axudou a gravar en gramófono e fonógrafo aos asistentes á sesión. Recollemos neste vídeo o tema que os mestres de percusión e gaita, "Chuco" Estévez e Edelmiro Fernández fixeron en cilindro de cera sobre unha foliada, lembrando así a 1ª gravación da historia en Galicia do coro Aires d'a Terra de Don Perfecto Feijóo no 1904 para a Compagnie Française du Gramophone. Podes ver o vídeo na Folque TV ou en www.folque.com na sección de +folque/videos

máis novas

nova

GASTRONOMÍA, MÚSICA, OBRADOIROS, ENCONTROS, TEATRO, PRODUTOS LOCAIS...

26/08/10

"Saberes e sabores" en Vilaxoán

O xoves 26 de agosto preséntase ante os medios "Sabores e Saberes", actividades culturais no mes de setembro para dinamizar a súa Praza de Abastos. Asociacións culturais, produtores locais e empresas súmanse a esta iniciativa do Concello de Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque, e co patrocinio da Unión Europea. Uxía, Mofa e Befa, Carlos Blanco, Trioliro regueifeiros, Tango Bar, Os tres Trebóns,... serán parte dos artistas que actuarán dentro do extenso programa  nos domingos de setembro en Vilaxoán.

nova

NA CATEGORÍA DE PROPOSTAS ESCÉNICAS

23/08/10

"Habelas" premio Injuve 2010

O Instituto de la Juventud (Injuve) do Ministerio español de Igualdade, publicou o fallo dos distintos xurados sobre os premios 'Creación Injuve ' nas seu oito modalidades. En Propostas Escénicas, recibiu o galardón a peza de danza contemporánea "Habelas " da compañía galega Traspediante. Ademais do premio en metálico, terán que representar a obra no Cículo de BB.AA. de Madrid o vindeiro 18 de setembro.

"Habelas" será representada na Mostra de Teatro de Cee o martes 24 de agosto no Auditorio Municipal ás 24 h.

nova

"MANUAL DE SEDUCIÓN" SAIRÁ ESE DÍA Á VENDA

13/08/10

Presentación do segundo disco de Marful

O novo e esperado disco de Marful terá unha única presentación no teatro Colón de Coruña o vindeiro 16 de setembro. Na web do grupo podes ver e escoitar un avance do novo traballo, "Manual de sedución". As entradas para este concerto podes adquirilas aquí.