Programa de Gaita
Profesor: Edelmiro Fernández



...........PROGRAMA de GAITA para o 1º CURSO.....................

1.- Iniciación á linguaxe musical.
2.- Descripción do instrumento. As partes da gaita.
3.- Afinación I.

- O tempero.
- Afinación do soporte harmónico do instrumento.

4.- Iniciación á técnica da gaita.

- Dixitación e interpretación.
- O modo maior.
- O ritmo na interpretación.

4.1.- Escalas. Intervalos. Arpexios. Progresións
4.2.- Exercicios e melodias sinxelas adaptadas ó nivel do curso. Interpretación por partitura.
4.3.- Repetición de notas: picados e batementos
4.4.- Ornamentación sinxela: acentuación e notas de paso.

5.- Aprendizaxe de melodias mediante audicións.
6.- Melodias sinxelas a duas voces. Execución en grupo e compaxinación das voces


PEZAS OBRIGATORIAS do PROGRAMA para O 1º CURSO de GAITA

01) Sentimento A, la, la. (Enrique Otero)
02) Vals Popular. (Trad.)
03) Muiñeira de Poio. (Trad.)
04) Xa fun a Marín. (Trad.)
05) Muiñeira nº 1. (Enrique Otero)
06) Vals ó Pequecho. (Trad.)
07) Muiñeira de Arabexo. (Trad.)
08) A Miña Rosiña. (Trad.)
09) Marcha de Breixo. (Trad.)
10) Muiñeira nº 2. (E. Otero)
11) Mazurca de Ramón do Carrizo.
12) Marcha Procesional. (Trad.)
13) Marcha do Antergo Reino de Galicia.
14) Festa na Eira.
15) Tempo de Alborada.
16) Carballesas. (Trad.)


...........PROGRAMA de GAITA para o 2º CURSO.....................

1.- Historia do instrumento. Situación no tempo e no espacio.
2.- Diferentes ritmos na música para gaita. Esquemas rítmicos.
3.- Afinación II.

- O tempero (cortes de ar na gaita). Afinación do soporte harmónico, lingüetas sonoras.

4.- Técnica de gaita.

- Dixitación e interpretación. O modo menor.

4.1.- Escalas. Intervalos.Arpexios. Progresións.
4.2.- Exercicios e melodias sinxelas en modo menor.
4.3.- Exercicios e melodias en modo maior adaptadas ó segundo curso.
4.4.- Ornamentación:

- mordentes de duas notas (semitrinos).
- combinación de acentos e semitrinos.
- representación na partitura.

4.5.- Grupos irregulares: o tresillo

5.- Aprendizaxe de melodias mediante audicións.
6.- Melodias a duas voces.
Execución en grupo e compaxinación das voces.


PEZAS OBRIGATORIAS do PROGRAMA para o 2º CURSO de GAITA

01) Muiñeira de Duas. (Trad.)
02) Mazurca Vella.(Trad.)
03) Pasodoble de Mallou. (Xoan Bello Mallou)
04) Ribeirana de Pontevedra. (Trad.)
05) Alborada de Marín. (Trad.)
06) Foliada de Tenorio. (Tad.)
07) Marcha Procesional de San Pedro de Vilas. (Pepe Romero)
08) Muiñeira Nova. (Trad.)
09) Vals Para Xaquin. (Guadi Galego)
10) Jota dos Alegres de Pontevedra. (Trad.)
11) Polca do Ulla (Os Rosales)
12) A Camposa (Pepe Romero)
13) Jota de Sabela (Bieito Romero)
14) Muiñeira de Cabana (M. Figueroa Moreira)


...........PROGRAMA de GAITA para o 3º CURSO.....................

1.- Iniciación á lectura e escritura de partituras no sistema de DO.

1.1.- Introducción ó transporte.
1.2.- Tonalidades nas melodías de Gaita: correspondencia Sistemas RE/DO.

2.- Afinación III.

- O tempero: a 2ª octava (requinteo); cortes na gaita II.
- Introducción á afinación do punteiro: manipulación da palleta.

3.- Técnica de Gaita.

- Dixitación e Interpretación, Introducción ó Pechado, Ornamentación e Expresión.

3.1.- Exercicios.Arpexios. Progresións.
3.2.- Melodías adaptadas ó curso, e melodías de cursos anteriores adaptadas ós novos contidos.
3.3.- Ornamentación e Expresión:

- Trinos.
- Mordentes dobres e batemento.
- Portamentos ("arrastres").
- A vibración.

3.4.- Grupos irregulares: Tresillo, Cuatrillo.

4.- Ornamentación persoal de melodías.
5.- Aprendizaxe e transcripción de melodías mediante audicións.
6.- Melodías a dúas voces.

- Execución en grupo e compaxinación das voces.