Programa de Percusión
Profesor: Francisco Estévez



O ensino da percusión a través dos distintos cursos terá como obxectivo contribuír ó desenvolvemento nas aulas, das seguintes capacidades:

· Dominar tecnicamente tódolos instrumentos da familia da percusión galega: tamboril, culleres, bombo, cunchas, pandeireta, tarrañolas, pandeiro, charrasco, castañolas, canabeira, carraca, morteiro, botella anís, piñas, ... así como a coordinación rítmica e motriz que esixe o conxunto de todos eles.

· Coñecemento e execución dos distintos ritmos tradicionais galegos: muiñeira, jota, ribeirana, foliada, alborada, pasodoble, rumba, pasacorredoira e breve introducción a ritmos amalgamados.

· Tocar en grupo, sen director, con precisión e coñecemento da obra.

· Utilización con autonomía progresiva, dos coñecementos musicais para solucionar cuestións relacionadas coa interpretación: articulación, coordinación entre as dúas mans, dinámica, ...

· Interpretación dun repertorio de distintas pezas e estilos adecuados a cada nivel.

· Actuacións en público en combos formados polas distintas aulas.

...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 1º CURSO.....................

- Introducción ó solfexo e escrita para percusión.
- Estimulación da sensibilidade auditiva. Coñecemento dos distintos instrumentos e posibilidades sonoras.
- Coñecemento da forma de obter sonido cos distintos instrumentos de percusión.
- Construcción de instrumentos sinxelos (noz, canabeira, tarrañolas, ...).
- Traballo con pezas sinxelas do repertorio xeral dos combos.
- Repertorio adecuado, segundo a dificultade, do escollido para os combos.

...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 2º CURSO.....................

- 2º Nivel. Solfexo e escrita para percusión.
- Técnicas de agarre.
- Compenetración nas obras de grupo.
- Audicións dos distintos estilos e xeitos.
- Introducción ó redoble, mordente, acentos, riscado.
- Aplicación, nos combos, do apartado anterior.
- Repertorio adecuado segundo a dificultade, do escollido para os combos.

...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 3º CURSO.....................

- Afianzamento das técnicas de agarre.
- Redoble, mordentes, acentos. Perfeccionamento riscado.
- Afianzamento da compenetración das obras de grupo.
- A percusión a través dos cancioneiros editados.
- Repertorio co grao de dificultade adecuado a este curso.

...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 4º CURSO.....................

- Introducción a percusións foráneas con aplicacións á música galega.
- Audicións de gravacións da música galega actual.
- Introducción á percusión de mans (darbouka, pandeira, pandeiro de peñaparda, sartén,....).
- Execución con calidade sonora a través da técnica.
- Improvisación.
- Repetorio adecuado segundo os combos.
- Aportacións particulares.

...........CRITERIOS de AVALIACIÓN.....................

· Traballo continuado segundo a programación a través do curso.
· Demostración do dominio das distintas técnicas requeridas segundo o curso.
· Participación nos combos, grao de soltura, control técnico, ...
· Calidade dos redobles, mordentes, acentos, ...