Ramom
Pinheiro Almuinha

Profesor de Historia da Música Galega

Nace en Vigo no mes de Xuño de 1975. Entre o 1993-2000 realiza a súa Licenciatura en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela especializandose en Prehistoria.

A súa formación musical, de carácter ecléctico, está fundamentada na música patrimonial.

A partir do 1983 comeza estudando as técnicas de dixitación aberta e semifechada de gaita-de-fol co Mestre Nazario González Iglesias “Moxenas” no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Vigo) ata 1990.

Ata 1992 permanece en Vigo continuando de forma regular a súa formación con destacados docentes da música tradicional:

Þ Curso de percusións tradicionais co Mestre José Rey. C.V.C.V. Vigo.
Þ Curso de percusións tradicionais co Mestre Pablo Gonzalez. C.V.C.V. Vigo.
Þ Curso de técnica de dixitación fechada co Mestre Juanjo Fernández Rubio. A.C. Casco Vello. Vigo.
Þ Curso de percusións tradicionais co Mestre Francisco Estevez. A.C. Fonte do Mouro. Redondela.

No periodo 1993-2000 continua a formación en Santiago de Compostela:

Þ Curso de frauta traveseira co profesor Vitor Dieguez. Conservatório Superior de Musica. Compostela.
Þ Curso de Técnica IRCAM (Aplicacións informaticas á escritura musical)
   Impartido por técnicos do Centro Pompidou de Paris. Centro Galego de Arte Contemporánea. Compostela.   

Þ Curso de Música Patrimonial co profesor Jose L. Dopico Orjais.
   Cursos de verán da Aula Gomes Mouro de Ourense no Mosteiro de Sto. Estevo de Ribas de Sil.
Þ Curso de Acodeón diatónico co profesor Xoán Nel Expósito.
   Cursos de verán da Aula Gomes Mouro de Ourense no Mosteiro de Sto. Estevo de Ribas de Sil.
Þ Curso de História da Música Galega coa profesora Pilar Garcia Alén. U.S.C.

No periodo 2000-2003 estreitamente vinculado ao Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín prosegue a sua actividade formativa:

Þ Teoria e método da música patrimonial I e II. co prof. Jose L. Dopico Orjais. C.M.T.F. Lalín.
Þ Frauta I e II. cos profesores Luis Areán e Roberto Sala. C.M.T.F. Lalín.
Þ Solfexo I, II e III. co profesor Benjamín Otero. C.M.T.F. Lalín.
Þ Acordeom diatónico I e II. Co profesor Pedro Pascual. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de percusións do norte peninsular co profesor Eliseo Parra. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de disinibición corporal coa profesora Mercé Pérez. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de fabricación de palletas (Lengueta dupla para aerófono) co Lutier Antón Corral. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de expresión e técnica vocal coa directora teatral Cristina Dominguez C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de txalaparta cos profesores Pedro Etnaiz e Xavier Etnaiz. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de gravación musical. Cubase 5 co profesor Xosé Trincado. C.M.T.F. Lalín.
Þ Curso de Acordeón diatónico co profesor Arthur Blasco. C.M.T.F. Lalín.

Para a súa formación investigadora participou en distintos congresos e simposios. 

Þ 1994. III Congreso de Xoves Historiadores de Galicia. Asociación Galega de Historiadores. U.S.C.
Þ 1995. IV Congreso de Xoves Historiadores de Galicia. Asociación Galega de Historiadores. U.S.C.
Þ 1995. Congresso Internacional “Identidade Cultural e cooperación transfronteiriça.
   O exemplo de Galiza-Portugal Norte”.
   Associación Galega da Língua e Internationales Institut Für nationalitatenrecht und regionalismus (INTEREG).
Þ 1996. III Congreso Histora da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. Xunta de Galicia.
   Museu de Ponte Vedra. CSIC.
Þ 1996. II Congreso de Arqueologia Peninsular. Fundación Rei Afonso Henriques. Zamora.
Þ 1997. V Congreso Internacional de Estudantes de Antropoloxía. U.S.C.
Þ 2000. Simposio. As fontes da memoria. Arquivo Aonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Þ 2001. Congreso de Antropoloxía Musical. C.M.T.F. Lalín.

A súa experiencia profesional está centrada na investigación documental, na interpretación musical, na docencia e na producción no campo da música patrimonial-tradicional galega.  

Þ 1985-1990. Membro do grupo de música tradicional ATURUXO.
   Baixo a dirección de Nazario Gonzalez Iglesias “Moxenas”. Valadares. Vigo.
Þ 1990-1992. Gaiteiro solista do grupo de Pandereteiras CANTARELA. Vigo.
Þ 1990-1997. Director musical  da RONDALLA DE BEIRÁN. Vigo.
Þ 1991-1993. Colaborador do programa radiofonico especializado en Músicas de Raiz "Arden os cangos".
   Rádio ECCA. Vigo.
Þ 1993-1994. Colaborador do programa radiofonico especializado en Músicas de Raiz "Música nas pedras".
   Rádio Calimero. R.U. Burgo das Nacións. U.S.C.
Þ 1993-1994. Curso “Técnicas interpretativas de gaita-de-fol e percusións tradicionais”.
   R.U. Burgo das Nacións” U.S.C.
Þ 1993-1997. Membro do grupo folque CHOUTEIRA. (interprete arranxista e compositor).
Þ 1994. Bolsa de investigación da Xunta da Galicia polo traballo “ICONOGRAFIA MUSICAL DA GALIZA”.
Þ 1994-2003. Membro fundador do Colectivo ARMA-DANÇAS.
   Colectivo adicado á investigación e interpretación da música patrimonial-tradicional galega e portuguesa.
Þ 1994-1998. Membro do grupo didáctico musical do Seminario de estudos etnográficos ARCO DE MAZARELOS.
   Compostela.
Þ 1996. Curso “Técnicas interpretativas de gaita-de-fol”. A.F. Arco da Vella. S. Miguel de Reinante (Lugo).
Þ 1997-2003. Membro da A.C.BIBLIOTECA DO FOLCLORE GALEGO. Compostela.
Þ 1997. Conferência-concerto didáctico “A música tradicional galega no curriculum escolar”.
   Aula de Música de Maxistério Musical. U.S.C.
Þ 1997. Corcerto didático sobre o reportório gaiteiril.
   Coordenadora cultural da Faculdade de Matemáticas. U.S.C.
Þ 1997. Corcerto didático sobre o reportório gaiteiril.
   Auditório do Concello de Burela. Concello de Burela.
Þ 1998. Conferencia: “Passado, presente e futuro da Gaita na Galiza”.
   Coordenadora Cultural da Faculdade de Matemáticas da U.S.C.
Þ 1999. Invitado como músico e investigador galego no FESTIVAL DE PRINTEMPS.
   "Hestejada de las arts" en UZESTE (Francia) organizado pola Cie. LUBAT de Gasconha.
Þ 1999-2001. Departamento de Producción da casa discográfica Boa-Music Entertainment.
   (Paisaxes, VV.AA. Segredo a Voces, Anubia. Albeida, Rodrigo Romaní. Circo Monte Curuto, Os Cempes. As vozes roubadas, Nen@s da revolta.
   História gravada da musica tradicional galega VVAA, Música Clássica Galega. VVAA).
Þ 1999-2002. Membro do patronato e responsable do Arquivo Sonoro da FUNDACIÓN MEENDINHO.
Þ 1999-2003. Director e redactor da Colección "Historia gravada da Música tradicional galega".
   Co-producción da Productora Boa Music, do Editorial Xerais, do Arquivo Sonoro de Galicia (C.C.G) e da Radio Galega.
Þ 2001. Productor musical do disco de HENRIQUE OTERO "O gaiteiro do Fragoso".
   Colección Dofol. Boa Music.
Þ 2001. Responsable da producción executiva do Congreso de Antropoloxía Musical.
   Conservatório de Musica tradicional e folque de Lalín.
Þ 2001. Produción das Master Class de Musica de Raiz Europea.
   Artistas: Kalinka Vulcheva, Jacky Molard, Dominig Molard, Jean Michel Veillon, Jacques Pellen.
   Conservatório de Musica tradicional e folque de Lalín.
Þ 2001-2002. Curso de História da música tradicional galega. 20 horas. C.M.T.F. Lalín.
Þ 2002-2003. Co-director de "AREÁN. Anuario do Conservatório de Musica tradicional e folque de Lalín".
Þ 2002. Membro fundador do grupo  ECLECTICA ENSEMBLE.
Þ 2002. Fundador OUVIRMOS S.L..
   Productora musical adedicada á documentación musical en músicas tradicionais galegas. Departamento de producción.
Þ 2002. Curso “História e desenvolmento da cornamusa na Galiza”.
   Curso organizado polo Lectorado de galego da Universidade da Sorbonne (Paris III) e a
   Agrupación  de música tradicional “Os Paiños”. Paris.
Þ 2002-2003. Curso de Historia da música tradicional galega. 20 horas. C.M.T.F. Lalín.
Þ 2003. Membro da Comisión Técnica do Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Þ 2003. Co-director do I Curso de Posgrao en Música tradicional galega. U.S.C.
Þ 2003. Músico no Producción tetral-musical “DILLEI” de Nordesia Produccións, dirixida por Carlos Blanco.
Þ 2003. Conferencia "A música de raíz a través das gravacións sonoras: 1904-1980".
   Ciclo "Música aquí e agora" Fonoteca U.S.C.
Þ 2003. Conferencia "A música tradicional ante o sector discográfico galego".
   Galeria Sargadelos. Barcelona.
Þ 2003. Conferencia "Manuel Dopazo (1883-1952) gaiteiro de San Tirso de Manduas".
   IV encontros de música tradicional. Mosteiro de Carboeiro.    Silleda.

Discografía:     

Þ CHOUTEIRA. "Choteira" Col.Do Fol. Boa Music. 1995.
Þ CHOUTEIRA. "Ghuaue!" Col.Do Fol. Boa Music. 1997.

Colaboracións:

Þ XENREIRA."Érguete". Ed.do Cumio. 1996.
Þ SKARNIO."Filosofia..."Ed. Sons de Luita. 1999.
Þ A MATRACA PERVERSA “Mass circus media” Ed. Projecto Global. 2003.
Þ LAIO & ECLECTICA ENSEMBLE. (PENDENTE DE PUBLICACIÓN). 2003.

Recopilacións:

Þ XABARIN CLUB. VOL.3 .Chouteira ”O ghai,ghai” TVG-Boa Music 1997.
Þ NACIONES CELTAS. Chouteira ”Bassilissa”. Fonomusic 1997.
Þ UNIVERSO SONORO 1-2 Chouteira “Bolero” Boa Music. 1997.
Þ BAMBAM Vol 3. Chouteira ”Chalaneiro”. Rev Bam-Bam. 1998.
Þ PARA TODOS TODO PARA NOSOTROS NADA. Grindalo Forte. Génova 1997.
Þ UNIVERSO SONORO 3-4 Chouteira “Valpasso” Boa Music. 1998.
Þ GALIZIA. Chouteira “Chalaneiro”  Elkar-Boa Music. 1999.

Bibliografía:

Þ História gravada da musica tradicional galega.
   Ed. Xerais / Boa Music. Pendente de publicación Natal 2003.
Þ "Música e indústrias culturais na Galiza. Breve analise no início do milenio".
   in Rev. Enclave. Nº9. A música e Nós. Ed. E.N. Compostela. Inverno 2002.
Þ "As viagens dos grupos de musica tradicional a América antes de 1936".
   in Rev. Areán. Anuario do Conservatório de Musica Tradicional e Folque de Lalín. Pendente de publicación Inverno 2003.