Pedro Pascual

Profesor de acordeón diatónico

Dende moi novo comeza o seu contacto coa musica galega descubrindo posteriormente outras músicas como o jazz, as musicas do mundo, o tango, etc.

Dende os seus comezos achégase os instrumentos de vento e percusión para finalmente profundizar nos de corda (bouzouki, mandola, guitarra,...) e o acordeón diatónico.

Traballou xunto a artistas como:

Jacky Molard (Bretaña), Soíg Siberil (Bretaña), Donal Shaw (Capercaillie), Wafir y Sabastian Rubio (Radio Tarifa), Alasdair Fraser (Escocia), Värtina (Finlandia), Tony McManus (Escocia), Mercedes Peón (Galicia), Pierre Invert (Francia), Mairin Fahy (Irlanda), Ove Larsson(Suecia), Leilía (Galicia), Kathryn Tickell (Reino Unido), Daniel lapp (Canada), Javier Bergia, Kepa Junkera (Euskadi), Germán Díaz (Valladolid), Jaime Muñoz (La Musgaña), Harry Manx  (Canadá), Kin García, María Salgado (Castela), Uxía Senlle (Galicia).

Asiste a diferentes cursos de acordeón diatónico con Kepa Junkera (Euskadi), Loïg Troel (Bretaña), Joseba Tapia (Euskadi), Cati Plana (Catalunya).

Colabora no espectáculo de teatro “Lenda” coa compañía Ale Hop de Madrid.

Formou parte do grupo do gaiteiro Xose Manuel Budiño dende 1996-2000, gravando os seus dous discos PARALAIA (Resistencia 1998) e ARREDOR (Virgin 2000).

É mestre de acordeón diatónico no Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalín.

É membro fundador do grupo LAIO, gravando xunto a artistas coma Jacky Molard, Mairin Fahy, Ove Larsson,.... o disco titulado “Luneda” (Muxxic 2002).

É membro da Compañía Marful xunto a Ugía Pedreira, Pablo Pascual e Marcos Teira. [+ info]

Forma parte de formacións en trío xunto a Kin García e Quim Farinha,"Talabarte Trío", e xunto a Germán Díaz e Pablo Pascual en “Nuke Trío”.

Formou parte da banda en directo do magazine da TVG  “A Tarde é Nosa”, con  Kin García, Carlos Arévalo, Pablo Pascual e Alfredo Susavila.

En Decembro do 2001 participou no festival “As Músicas Faladas” en Vigo, xunto a Jacky Molard, Jacques Pellen, Jean Michel Veillon, Kalinka Bulcheva, Eric Marchand, ...

Na actualidade leva a cabo un proxecto de investigación xunto a Ramón Pinheiro sobre o acordeón diatónico en Galicia para unha próxima publicación.

Colabora nos discos “Al sol de la hierba” (GalileoMC 2001) do grupo Barahunda e o monográfico “La Zanfona”(Saga 2003) xunto a Oscar Fernández Sanjurjo.

2003. É convidado, xunto a alunos do Conservatorio de Lalín, a participar no prestixioso festival 29 Trobada amb els acordeonistes del Pirineu organizado por Arthur Blasco, con acordeonistas de Bulgaria, Uruguai, Rusia, Italia, Francia, Euskadi, Cataluña, Suiza, Colombia, etc.

2003. É convidado a participar nun concerto dentro do Festival do Certamen  Nacional de Acordeón celebrado en Celanova, organizado por Daniel Meiriño.

2003 Laio recibe o segundo Premio Opinión de música folk polo CD Luneda, galardón decidido por un xurado de críticos dos medios de comunicación en Galicia. [+ info]

2004 Realiza a Banda Sonora Original para a presentación do "Ano da Música en Pontevedra".

Ten participado en eventos e festivais coma:

Do Mundo Celta de Ortigueira, Irmandiño (Moeche), Celtic Connections (Glasgow), Kemper (Bretaña), Les Tombees de la Nuit (Bretaña), Interceltico do Porto, Interceltico de A Coruña, Intercéltico do Morrazo, Interceltico de Ferrol, Roots Fest (Victoria-Canada), Vancouver Folk Festival (Canada), Mission Folk Festival (Canadá), Hot Pipes (Glasgow), El dia del Milenio (Santiagode Compostela), South Country Fair (Fort Mac Leod - Canada), Calgary Folk Music Festival (Canada), A Foliada (Lalín), Tradicionarius (Cataluña).