01/02
Relatorio de actividades do Conservatorio Folque no curso 2001/2002


Curso 2001 / 2002
- 15 de Xuño. 2002

1 HORA DE NOVO FOLQUE GALEGO

Espectáculo Folque con repertorio tradicional e de composición. Acordeón diatónico, sanfona, gaita, percusión, vozes, flautas traveseiras, piano, oboe.

- 22 e 23 de Marzo. 2002.

CURSO DE ACORDEÓN DIATÓNICO E TXALAPARTA

Impartido por Loïg Troel (Acordeón), membro do grupo Skolvan, e Pedro e Xavier Etxnait (Txalaparta). No Conservatorio Folque.

- 8 de Marzo de 2002

I ENCONTRO GALEGO DE ACORDEÓN DIATÓNICO

Organizado polos alunos, o conservatorio e Pedro Pascual. Encontro dos intérpretes galegos deste instrumento e de numerosos artistas. Na Taberna Celta de Bertamiráns.

- Febreiro 2002

CURSOS MONOGRÁFICOS

Aulas para a abodagem directa da pandaireta, cordas (guitarra, laude, mandolina, bouzoki), historia da música galega, gravación musical, percusión...

- 12 de xaneiro de 2002

CURSO DE DESINIBICIÓN VOCAL

Repaso polas distintas dinámicas de expresión corporal e vocal para un mellor desenvolvimento da voz. Iniciación á técnica e educación vocal. Organizado polo alumnado de 2º curso de Canto.

- 15 de decembro

BRETAÑA / O MISTERIO DAS VOCES BÚLGARAS

Master Class cos grandes mestres do folque europeo da Bretaña e de Bulgaria: os irmans Molard, Erik Marchand, Jacques Pellen, Jean Michel Veillon e Kalinka Vulcheva. Coa colaboración da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense.

- 10 e 11 de novembro. 

EXCURSIÓN INICIO DE CURSO 2001/2002

Visitas culturais ao obradoiro de instrumentos da deputación de Lugo e ao Museo da Gaita de Xixón, con aloxamento e festa no albergue do Conceyu de Morcin, en Asturies.