O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín nace coa intención de cubrir un vacío educacional no mundo da música galega. Debido á grande repercusión que está a ter, é preciso e de vital importancia adquirir unha formación especializada para a nosa música e crear así un centro onde se imparta unha docencia razonada, efectiva, coñecedora da tradición e cunha liña metodolóxica. O Conservatorio Folque está ubicado na comarca do Deza e pensado para ela e todos os núcleos de poboación achegados, é un conservatorio adaptado ás necesidades específicas do seu entorno e do campo musical galego con carácter aberto e innovador, e sempre baixo unha aposta europeizante.

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín traballa no ensino da música galega a través dun plan de estudios único e creado desde o centro coa intención de normalizar o ensino desta música.
 


 

O programa de estudios que se imparte segue un curriculo planificado fomentando no alumnado non só unha superación como instrumentista senón a aprensión duns valores e coñecementos básicos para respeitar e comprender a música de raiz por iso precisase unha formación integral máis alá da propria instrumentación.

Ademais de desenvolver unha técnica herdada enfatizase no desenvolvimento da creatividade e das múltiples posibilidades de manifestación dentro do folque: coñecemento de novas técnicas musicais, artesanais, constante reelaboración da música de raiz, afianzamento e interiorización do folclore galego, novidades discográficas, estudio das teorias contemporaneas do folclore, expresión escénica, visión crítica... son conceptos e camiños vixentes no proceso educativo do Conservatorio.

Ademais, segundo a nosa experiencia e a demanda musical, consideramos importante crear espacios onde @s músicos teñan opción a cursos monográficos, foros de debate e actividades durante todo o ano para acrecentar a súa formación e, sobre todo, intercambiar coñecemento.

O Conservatoiro Folque de Lalín pretende dar unha oferta completa a todas aquelas personas que acuden na procura dunha formación máis sólida e diversificada da música tradicional tanto na instrumentación como nas materias teóricas. É unha oferta para a infancia e a xuventude que ten a oportunidade dunha educación e sensibilización cara a música galega necesaria ante o mercado e profesionalización do sector.