CURSOS MONOGRÁFICOS 2002


CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN 
   



1. MONOGRÁFICO CORDAS FOLQUE
Guitarra, Laude, Mandolina, Bouzouki. 


Profesor:
Dani Sisto (guitarrista, arraxista e compositor, foi guitarrista de Luar Na Lubre e responsábel do Projecto Ninguem).

Contidos:
- Aprendizaxe das diferentes técnicas para instrumentos de cordas na música folque a partir dos anos 60, de tradición americana, bretona, centroeuropea... 
- Harmonización, rítmica e contrapunto.
- Arranxos e orquestación instrumental e para canto.
- Práctica de interpretación sobre repertorio tradicional e folque, galego e europeo.

Duración: de Febreiro a Xuño.
Horario: todos os Venres en 2 grupos, de 18.00 h e de 19.00 h.
Comezo: primeiro venres de febreiro.
Prezo: 30.05 euros ao mes.



2. CURSO MONOGRÁFICO ESPECIALIZADO EN PANDEIRETA GALEGA 

Profesorado:
 - Davide Salvado (alumno do Conservatorio Folque, cantador e pandereteiro e prof. de pandeireta) 
 - Uxia Pedreira (directora e profesora de canto do Conservatorio Folque de Lalin) 

Contidos:
- Diferentes técnicas de pandeireta tradicional galega según os traballos de campo e as escolas galegas.
- Técnica de innovación para pandeireta galega.
- Improvisación.
- Acompañamento á gaita, ao canto.
- Cantos tradicionais e de composición actual.
- Acompañamento a outros géneros musicais.
- Dinámicas de aprendizaxe para o ensino musical do profesorado.

Inclue:
 - Serán e recollida de Campo.
 - Seminario de tonada asturiana e percusión asturiana (impartido pola musicóloga Araceli da Vila).

Duración: Febreiro a Xuño.
Horario: Sábados de 16.00 h a 17.00 h
Prezo: 15 euros ao mes 



3. CURSO MONOGRÁFICO HISTORIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA 1850 - 2000

Profesor:
Ramom Pinheiro "Chito" (músico e historiador, director do proxecto editorial "Historia grabada da Música Tradicional Galega" pendente de publicación) 

Contidos:
- Estudio do estado actual das investigacións sobre música tradicional galega.
- Presentación e crítica das fontes documentais:textos, grafismos, fotografia, rexistos audiovisuais e sonoros. 
- Interpretes e formacións: nomes propios, cuartetos de gaitas, coros, movemento folque...
- Repertorio: transmisión, compilacións, composicións, edicións.
- Modificacións organolóxicas.
- Evolución do ensino da música tradicional.

Este curso pretende ser un repaso pola evolución musical galega en relación co contexto sociopolítico con material de primeira orde co obxectivo de conseguir unha clara visión histórica da nosa música patrimonial. 

Duración: mes de Marzo.
Horario: Venres de 17h a 19 h. con descanso.
Comezo: 1 de Marzo.
Prezo: 40 euros.



4. CURSO MONOGRÁFICO DE GRAVACIÓN MUSICAL.

Profesor:
Dani Abeledo (técnico de son do grupo folque Os Cempés) 

Contidos:
- Captación acústica (microfonia ,equipos de audio) 
- Gravación audio-midi (cubase VST) 
- Edición audio-midi (cubase VST) 

Duración: Febreiro a Maio.
Horario: 2º e 4º sábado de cada mes, de 15.00 horas a 18.00 horas.
Prezo: 30.05 euros.



Pendentes para o mes de Febreiro:
MONOGRÁFICO DE PERCUSIÓN con Zé Salgueiro (percusionista dos Gaiteiros de Lisboa). Indica o teu interese no noso correo electrónico.
MONOGRÁFICO DE HARMONIZACIÓN VOCAL con os cantores dos Gaiteiros de Lisboa.Indica o teu interese no noso mail.


Inscripción:

conservatoriofolque@bandua.com
Historia da Música, Curso de Gravación:
630 455781
Cordas:
649 030531
Pandeireta:
620 135680