Primeiros Monográficos

CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN

Novembro '03 



1.- CURSO PRACTICO de XESTIÓN para MÚSICOS INTÉRPRETES E AUTORES MUSICAIS
Contratos laborais e discográficos, rexistros da propiedade intelectual e protección social do artista, músicos como trabalhadores autónomos, tipos de sociedades, etc).

2.- I CURSO MONOGRÁFICO "CANTOS DO MUNDO"
Obradoiro de canto em grupo rítmico e harmónico con repertorio do Leste de Europa, cantos africanos, hindús...) 

Máis información: tlf. 669 535527 
Preinscripción: conservatoriofolque@bandua.com


CURSO PRÁCTICO de XESTIÓN para MÚSICOS INTÉRPRETES E AUTORES MUSICAIS

Þ Imparten os advogados: Rosaura Rodriguez e Xavier Alonso
Þ Resumo do programa:

- Relacion laboral do artista de espectáculos publicos. 
- Concepto xurídico do artista.
- O organizador de espectáculos públicos. 
- Rexime de Protección social. 
- Tipos de contrato laboral: contido, extinción... 
- Contrato discográfico e a sua negociación 
- Contrato de grupo e analise. 
- Autoxestión profesional do músico. 
- Formas xurídicas de empresa. 
- Organización empresarial do grupo musical. 
- Rexistro da obra musical. Propiedade intelectual.
- Musica e internet. 
- Afilicación á SGAE.
- Miscelanea. 
- Debate e analise dos problemas con referencia ao caso galego.

Þ COMEZO O DIA 14 ÁS 18 H. LIMITE DE PRAZAS.
Þ Duración: 2 sesións de venres de 3 horas. 
Þ
PAGAMENTO:

Alumnos do conservatorio: 30,00 €
Alumnos de fora: 40,00 €


CURSO MONOGRÁFICO "CANTOS DO MUNDO" 

Þ Imparte: Pilar Araujo.

Este monográfico é un obradoiro de canto donde se aprenderán cantigas doutras culturas que empregan ritmos e/ou harmonías ós que non estamos tan acostumada/os na nosa tradición musical.É un monográfico para fomentar tamén o respeito e mabeabilidade necesarios á hora de cantar en grupo.
Þ Programa:

Traballaremos no desenrolo das seguintes capacidades:

1. Proxectar unha emisión natural da voz , evitando calquera tipo de tensión (corporal ou psíquica).
2. Actuar coa capacidade auditiva e coa concentración necesaria para escoitar outras voces e cantar, ó mesmo tempo, a parte correspondente. 
3. Demostrar unha sensibilidade auditiva capaz de percibir e de executa-lo canto cunha afinación correcta. 
4. Ser consciente da importancia que teñen as normas e regras que rexen a actividade musical de conxunto e acepta-la responsabilidade que, como membro dun grupo, se contrae coa música e cos compañeiros. 
5. Coñecer a través do traballo en grupo os elementos básicos da interpretación artística. 
6. Coñece-los xestos básicos da direccion e acada-la capacidade de interpretar música consonante a eles. 
7. Domina-las técnicas necesarias de atención, respiración, audición, emisión, entonación e afinación, propias desta modalidade interpretativa da música. 
8. Repertorio: Cancións de Europa do Leste, Australia, Africanas, America do Sul, Hindús...

Þ COMEZO 14 DE NOVEMBRO ÁS 19 HORAS. AULA DE CANTO DO CONSERVATORIO FOLQUE.
Þ DURACIÓN: 3 MESES.
Þ PAGAMENTO POR ADIANTADO OS TRES MESES.

Alumnos do conservatorio folque: 100,00 €.
Alumnos de fora: 140,00 €.