Monográficos 2004


MARFUL. Marcos Teira e Pedro Pascual. Foto Miguel Calvo Ulloa.

CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN
A partir do 10 de Xaneiro


___Xaneiro 2004_______________________________

___Curso monográfico de Guitarra________

Imparte: Ramón Feáns Ramos
Comezo: 10 de Xaneiro. Duración trimestral.

Þ Duración 3 meses.
Þ Prezo 100,00 € matriculados no Conservatorio - 140,00 € non matriculados.
Þ Horarios: sábado de 18:00 a 20:00 horas -distintos grupos-

___________________________Ver programa e biografía do profesor__________


___Curso Monográfico de Pandeireta___________

Imparte: Davide Salvado
Comezo: 10 de Xaneiro. Duración trimestral.

Contidos:
Þ Estudo das diferentes técnicas para pandeireta (traballo de campo, escolas).
Þ Pandeireta como acompañamento vocal: Aprendizaxe de cantos tradicionais e de composición.
Þ Repertorio: galego, asturiano, cántabro e de Castela.
Þ Material empregado: recollidas de campo en Cd e video.

Davide Salvado é membro do grupo vocal Ecléctica Ensemble que está actuando por todo o pais galego co espectáculo Dillei (Producido por Nordesia e dirixido por Carlos Blanco).
É músico da actual banda do gaitero de Moaña, José Manuel Budiño, e tamén é alumno do CMTF de Lalín.

Þ
Duración: 3 meses.
Þ Prezos: 100,00 € matriculados no conservatorio - 140,00 € nom matriculados.
Þ Horarios: Por concretar
.

___Curso Monográfico de Formación Escénica para Músicos_________

Obradoiro de interpretación, dramaturxia e dirección.

Imparte: Xurxo Troncoso
Días: 24 e 31 de xaneiro. 2 horas cada dia.

Obxectivos:
Þ Enxergar as linguaxe artísticas que orbitan ao redor da música. 
Þ Coñecer e desenvolver distintas técnicas de linguaxe actoral 
Aplicar estes coñecementos na dinámica dum/a intérprete para ampliar as posibilidades de expresión.

Contidos:
Þ Interpretación actoral. Linguaxe nom verbal (cinética, kinesis, proxemia). Exercicios espaciais (xogos, descubrimentos, entradas - saidas, situacións reais e simbólicas).
Þ Dramaturxia.
Þ A luz como linguaxe.
Þ A escenografica como linguaxe.
Þ Dirección.


___Marzo 2004___________________________________


___Curso Monográfico de Violino_____________________________

Dirixido a todos os violinistas galegos que desexen unha formación mais específica sobre o tratamento da música galega para violín.

Imparte: Kim Farinha. (Violinista de Berrogüetto e Talabarde).
Día: 6 de marzo.

Contidos:
Þ Tratamento do repertorio folque galego, repertorio europeo e arranxos.
Þ Horarios: 16:00 - 18:00 horas. Duración: 3 meses.
Þ Prezo: 100,00 € matriculados/as no CMTF - 140,00 € non matriculados/as.
Þ Inscripción: tlf. 669 535527.
Þ e-mail: conservatoriofolque@bandua.com


___Curso Monográfico de Formación Técnica para Músicos_______________

Dirixido a todos os músicos que traballan no escenario con amplificación, para millorar as suas probas de son e desenvolvimento técnico.

Imparte: Jurjo Pinheiro. (Técnico de Son da Sala Nasa).
Día: 6 de marzo.

Contidos:
Þ Microfonia, Probas de Son, Monitoraxe, etc.
Þ
Horarios: 11:00 - 14:00 horas / 16:00 - 17:00 horas
Þ Temario do Curso
Þ
Prezo único: 30,00 €
Þ Inscripción: tlf. 669 535527.
Þ e-mail: conservatoriofolque@bandua.com


___Curso Monográfico de Acordeón Diatónico_______________

Imparte: Cati Plana. Profesora de acordeón diatonico do ESMUC (Barcelona).
Día: 20 de Marzo

Horario: 11:00 - 14:00 h a 16:00 - 19:00 h
Prezo único: 40,00 €
Duración: 1 dia

_________________Consulta a biografía da profesora en catalán.___


___Curso Monográfico de Baile Galego vs. Danza Contemporánea____

Imparte: Jaime Diaz e Vicente Colomer (Nova Galega de Danza. A Coruña)
Día: 27 de Marzo. Todo o dia.

Contidos:
Þ Introducción ás distintas técnicas da danza clásica e contemporánea, a nivel básico.
Þ Fusionar a danza contemporanea coa tradicional.
Þ Prezo: 40,00 € Persoa.