Actividades para rapaces e rapazas.
sábado 24 e domingo 25 de abril.


Obradoiros infantís e xuvenís
Ciclo de Músicas Tradicionais

Sábado, 24 de Abril

Unha fin de semana para achegar tantos aos nenos e ás nenas como aos rapaces e ás rapazas, de xeito divertido e participativo, ás músicas tradicionais do mundo. Unha fin de semana para ver, construír, tocar, cantar e danzar desde a música galega. En total, desenvolveranse os seguintes obradoiros:

Construción de instrumentos populares

Monitor: Xurxo Troncoso
Construción de instrumentos de corda, vento e percutivos para coñecer e desenvolver distintas formas sonoras.

Exposición interactiva de instrumentos populares do mundo

Monitor: Roberto Sala
Breve explicación organolóxica. Coñecemento das sonoridades. Manexo dos instrumentos.

Baile galego

Monitora: Pilar González
Diversión a través do baile galego: muiñeiras, jotas, pasodobres, valses. Primeiros pasos para participar na festa.

Percusión e voz

Monitores: Xurxo Troncoso e Davide Salvado
Laboratorio de fusión entre música galega e afrobrasileira.

Cantos do mundo

Monitora: Pilar Araujo
Aprendizaxe en grupo de cantos africanos, asiáticos, sudamericanos, lusófonos...

Sábado 24 de abril
Horario Aula A Aula B Aula C
17:00–18:00 h
Construción de instrumentos
Exposición de instrumentos
Cantos do mundo
18:30–19:30 h
Exposición de instrumentos
Cantos do mundo

 

Domingo 25 de abril
Horario Aula A Aula B Aula C
11:00–12:00 h
Baile galego
Exposición de instrumentos
Percusión e voz
12:30–13:30 h
Baile galego
Exposición de instrumentos
Percusión e voz

A duración de cada obradoiro é de unha hora, agás o de Construción de instrumentos, que ten unha duración de dúas horas.

Os participantes, un máximo de 15 por cada obradoiro, poden apuntarse en cantos obradoiros desexen.

Días: sábado 24 e domingo 25 de abril
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda s/n)
Idades: 5-12 anos
Inscrición: Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Tel. 986 804336
Promoven: Concello de Pontevedra, Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín
Colabora: Ouvirmos

 

[+ info] 2004 Ano da Música
[+ info] 2004 Ano da Música :: ciclo músicas tradicionais