A TODAS AS ENTIDADES REPRESENTADAS
NA COMISIÓN PROMOTORA DA CANDIDATURA Á UNESCO

A Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE...NAS ONDAS ! promotora da Candidatura diríxese á súa entidade para manifestar:

  1. Que esta Asociación leva realizando, desde hai dous anos, actuacións para a concretización e dinamización da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués a Obra Mestra da Humanidade, dacordo co que a propia UNESCO establece como procedemento para estas candidaturas.
  2. Que desde hai dous anos, a nosa asociación vén dinamizando e promovendo unha rede de ESCOLAS PROMOTORAS galegas e portuguesas desta candidatura. Pero isto nón é suficiente, xa que é necesario que os diversos sectores da sociedade galega e portuguesa se impliquen na reivindicación deste patrimonio común e que públicamente expresen a conformidade e o desexo de que a nosa cultura común sexa presentada diante da UNESCO.
  3. A nosa Asociación vén realizando xestións ao máis alto nivel, diante da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura de España e Portugal, facéndoos sabedores da proximidade do prazo para entregar toda a documentación na UNESCO (setembro de 2004) e tamén da necesidade de apoiar (tanto cunha manifestación clara neste sentido como con recursos humanos, técnicos, financieros e loxísticos) os traballos preparatorios.
  4. Á espera da resposta activa por parte de ambas administracións, entendemos que despois deste longo proceso de xestións e consultas, á vista dos apoios recibidos e do interese xeralizado suscitado pola proposta de Candidatura alí onde foi presentada, chegou o momento de facer pública a nosa proposta á sociedade galega e portuguesa.
  5. Por este motivo convocamos unha rolda de prensa para o vindeiro 23 de abril no VERBUM - Casa das Palabras de Vigo, ás 12 hs. hora local, para divulgar esta iniciativa a toda a sociedade e demandar públicamente tanto da administración galega como da portuguesa a asunción e presentación desta candidatura diante da UNESCO para a proclamación do 2005.
  6. Para que se visualice este amplo apoio que a Candidatura suscita, sería para nós unha honra que a máis alta representación da súa entidade nos acompañe nesta rolda de prensa á que están convocados os principais medios de comunicación de Galicia e de Portugal.
  7. Por todo o anterior, é para nós un pracer convidalos a esta presentación conxunta da Candidatura Galego-Portuguesa a Patrimonio Inmaterial da UNESCO.

Para este fin, pregamos que confirmen o nome, e a representación da persoa que asistirá a esta rolda prensa. O Concello de Vigo enviará convite para este acto. Confirmar: pontenasondas@pontenasondas.org

 

+ información:
pontenasondas@pontenasondas.org
Tfs: 615 02 98 40 - 635 49 99 01

 

[+ info] Ponte nas Ondas