Xa está editado o 1º disco do grupo lalinense GRODAN DE FLO


.............. Grodan de Flo

O Chino á bateria e percusións, Petiso no baixo eléctrico, Benjamín Otero no Oboe e corno inglés, Carlos Quintá co acordeón diatónico e violino, Iván Garcia nas guitarras, Toniño na frauta e a voz de Begoña Rodriguez.

Un disco de folque experimental onde a voz de Begoña brilla na 1ª canción botanto mao da sua formación folque e do seu gosto polo soul e o gospel. Un disco donde tamén podemos escoitar o son do diatónico de Quintá conquistando espacios na música galega, e a elegante aportación de Benjamín Otero no oboe que tamén colaborou na música composta polo Mestre Pedro Pascual para o dvd promocional do Ano da Música en Pontevedra.

A sua primeira gravación. Unha gravación atrevida, con calidade musical viaxando desde o patrimonio musical galego, a Bulgaria, e hacia o interior dun mesmo con composicións propias de Iván Garcia e Carlos Quintá.

Este é o inicio da sua traxectoria musical, a súa primeira aportación á música galega gracias ao 1º premio que gañaron no Teatro Principal de Santiago no Concurso de Folque de Radio Obradoiro o inverno pasado.

Producción: Grodan de Flo
Deseño e maquetación. Miguel Calvo

telefone de contacto: 986 780579 - 650 071828

Carlos Quintá, O Chino, Begoña e Benjamín son músicos de Lalín, Monterroso e Rodeiro vinculados ao Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín.