Gañadores dos II Premios La Opinión no Teatro Rosalía da Coruña

Laio obtén o segundo posto dos
Premios Opinión de Música Folk

Þ Pedro Pascual, profesor do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, é membro fundador do grupo.

O segundo premio, que foi entregado por, Xurxo Souto, colaborador de LA OPINIÓN correspondeulle a Laio polo seu disco Luneda, o seu primeiro álbum. Un dos membros do grupo afirmou que é "moi bonito" recibir un premio. "É como unha palmadiña nas costas", indicaron.

A formación desexou ademais que a segunda edición dos Premios Opinión "non sexa a derradeira", xa que consideran que "este tipo de iniciativas fan moita falta para impulsar a música galega". 
Laio estase a converter nun dos grupos "estrela" do panorama actual de música folk. Os membros de Laio coñecéronse cando tocaban na banda do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e viron que os seus conceptos musicais ían nunha mesma liña, polo que decidiron embarcarse na aventura de formar unha banda que achegase algo distinto ó folk que se facía en Galicia.

Cun concepto vangardista e con certas derivacións cara a un espírito jazzístico, a música de Laio fíxose cun sitio nos Estados Unidos, país no que foron ben recibidos dende a primeira xira que realizaron por esas terras.

I. Suárez

Estracto da Noticia publicada no diario coruñés La Opinion o pasado 30 de Outubro de 2003
Ler noticia completa