O Concello de Pontevedra presenta o día 17
o álbum conmemorativo do centenario do disco galego.

09 de Febreiro
O Teatro Principal é o espazo escollido polo Concello de Pontevedra para presentar, de xeito inédito, as primeiras gravacións comerciais das que se teñen noticia en Galicia. Un total de dezaoito pezas da música tradicional galega que compoñen este álbum conmemorativo do centenario do disco galego; unha reedición do primeiro e único traballo do coro Aires d'a Terra, impresionado orixinalmente en 1904 e 1911 en discos de gramófono. Acompaña o disco unha biografía da formación musical, fotos e un libreto explicativo, en catro idiomas, de J. L. Calle sobre as primeiras gravacións galegas.
O acto, que terá lugar o vindeiro 17 de febreiro ás 20:30 h., será presentado pola cantante Ugia Pedreira, e contará coa participación do gaiteiro Óscar Ibáñez e o grupo Treixadura Gaiteiros.

[+ info] ouvirmos.com
[+ info] 2004 Ano da Música