Actividade. Sábado 17 de ABRIL: Excursión D'ORFEU.


O CMTF de Lalín recebe este sábado unha excursión de 30 xovens  de Águeda estudiantes de música tradicional da Asociación Cultural D´Orfeu, unha asociación que traballa no eido da música tradicional e folque na sua comarca organizando cursos, festivais de músicas do mundo,intercambios europeos... cunha visión aberta e dinámica na formación musical dos seus xovens.

Esta viaxe forma parte dun intercambio musical que realiza o Conservatorio Folque con este
centro para que o alumnado coñeza a música galega e a portuguesa no seu contexto sociocultural.

Programa da excursión:

- Visita ao Museo do Povo Galego. Especial interese pola Sala de Música.
- Visita ao Conservatorio Folque de Lalín. Workshop de cancións galegas.
- Visita ao  Patrimonio Natural da Comarca do Deza.
- Visita ao Museo de Títeres de Lalín.
 

Á noite do sábado 17: Jam sesion de Música Galego-Portuguesa no Barriga Verde!!!
[+ info] dorfeu.com