PRóXIMAMENTE A EXPRESIVIDADE FEMENINA GALEGA NA RG EN FOLLA DE RUTA

Em qualquer momento, em qualquer quinta (xoves) ás 12. 15 no programa Um dia por diante da Radio Galega na secçom musical de Ugia Pedreira poderedes escuitar ao vivo a disertaçom A EXPRESIVIDADE MUSICAL FEMENINA NO CONTEXTO DE SER MULHER GALEGA, da srta Olga Nogueira e U. Pedreira.

Disertaçom presentada no 2001 acima da estátua de Loriga em Lalim agora revisada polas autoras e pronto divulgada polas ondas.

Os homes só contan até tres. Antón Lopo.

Ugia Pedreira dirixe o espazo sonoro da obra “Os homes só contan até tres” de Antón Lopo que se estrenará o dia 2 de decembro 2005 no Salón Teatro de Compostela pola compañía Factoria Teatro e estará dirixida por Cristina Dominguez.

Pedro Pascual e Ugia Pedreira ademais compuxeron a canción orixinal desta obra con letra de Antón Lopo.
Continue reading Os homes só contan até tres. Antón Lopo.

‘Cantos e Bailes da Galiza’, de José Inzenga

Cantos e Bailes da Galiza
José Inzenga

Estudo e edição crítica de José Luís
d. P. Orjais

Repertório básico da música tradicional galega, Cantos
y bailes de Galicia foi o resultado de uma encomenda do Ministerio de Gobernación
espanhol a José Inzenga para recolher a música tradicional de
todo o estado — o projecto, intitulado Cantos y bailes populares de España,
deu a lume em 1888 as partes correspondentes a Múrcia, Valência
e Galiza.


Continue reading ‘Cantos e Bailes da Galiza’, de José Inzenga

BENJAMÍN OTERO. Música da última obra de MATARILE TEATRO.

PERSOAL DO CMTF de Lalín: BENJAMIN OTERO. (profesor de solfexo e jefe de estudios do Conservatorio oficial de Lalín).

“HISTORIA NATURAL (eloxio do entusiasmo)”.
Estrease do 26 ao 30 de Xaneiro 2005 no Teatro Principal de Compostela.

Un espectáculo que reúne teatro, danza e música en directo, integrado por un elenco de doce actores, bailaríns e músicos, que termina agora a segunda etapa de produción, despois dun mes de ensaios en setembro de 2004.

As descricións dunha historia natural e o entusiasmo como perseverancia do sentimento.

A mirada do que contempla o público desde o refuxio da privacidade. E ó revés: o xuízo social do acontecemento privado. ¿Onde remata o espazo público e comeza o privado?

A nostalxia continua dunha paisaxe perdida, dun espazo vital descoñecido pero sempre buscado. A eterna esperanza de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, “cando o bosque avance”.
Continue reading BENJAMÍN OTERO. Música da última obra de MATARILE TEATRO.