Ecléctica Ensemble no estudio de grabación

Nestes dias do mes de novembro estase ultimando a grabación do que será o disco de ECLECTICA ENSEMBLE, grupo conformado por Davide Salvado, Ramón Pinheiro, Richard Rivera e Ugia Pedreira.

ECLECTICA conta para este disco con colaboradores e amigos como Nathan Carter, Oscar Fdez, Philippe Copin, Pedro Pascual, Fernando Abreu… entre outras sorpresas.
Destaca o labor de producción de NACHO MUÑOZ e do MDS, MASTER DO SON – Xurxo Pinheiro- como ingenieiro de son.

[+ info sobre ECLECTICA ENSEMBLE]

Ouvirmos inicia a súa penetración internacional

A Empresa de Vila Maior – Sarria, Ouvirmos S.L. inicia a vía de distribución internacional dos seus productos por Internet. A súa web distribue xa en español e inglés as grabacións sonoras da colección “A Tiracolo” a recompilación editada máis importante das GRANDES OBRAS da MÚSICA GALEGA.

Visita a súa web: ouvirmos.com
Alí poderás atopar información detallada dos seus productos e escoitar unha mostra do seu importante traballo de recuperación sonora.

ESCOITAR :: LISTEN
Aires da Terra :: Foliada da Montaña
Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra :: Canto du Ourense
Os Dezas de Moneixas :: Pasodoble de Lalín
Coro Toxos e Froles :: A volta da festa
Manuel Quiroga :: Danza espagnola para violín

Linho do Cuco …concerto en Barcelos

O pasado 11 de febreiro (sexta feira) Linho do Cuco, convidados polo CMTF de Lalín, actuamos no concerto de clausura das “Xornadas de Metodoloxía Kodaly” que organizou o Conservatorio de Barcelos realizadas no Auditorio da Biblioteca Municipal da cidade.

O Conservatorio de música de Barcelos estaba interesado en amosar aos asistentes, o traballo que en Lalín está a desenrolar o CMTF, como exemplo de que a música tradicional, aparte de server como recurso educativo, ten un valor en si mesma, e pode ser tratada coas mesmas consideracións que calquer outro xénero.


Continue reading Linho do Cuco …concerto en Barcelos

Diario Cultural da RADIO GALEGA. Sección: Comentario de Cd e concertos.

O programa Diario Cultural da Radio Galega que dirixe Ana Romaní ten todos os luns ás 15.30 unha colaboración de Uxía: Comentario Crítico de Discos e Concertos.
Hoxe luns dia 17 o Comentario Crítico vai adicado a un dos mais grandes músicos galegos de todos os tempos, D. Manuel Quiroga -violinista- por mor do disco recentemente publicado pola Ed. Ouvirmos e promovido polo Concello de Pontevedra.

Manuel Quiroga
Ningún outro músico deixou a pegada de Galiza tan fondamente marcada no mundo coma o violinista Manuel Quiroga (1892-1961). A súa música foi escoitada nos máis importantes auditorios de toda Europa, América e Estados Unidos. Os mellores intérpretes do momento admirábano e as críticas eran excelentes sen excepción. Estas gravacións son testemuña diso.
Continue reading Diario Cultural da RADIO GALEGA. Sección: Comentario de Cd e concertos.

Novas referencias de OUVIRMOS

Ouvirmos, a primeira editora especializada en documentación musical galega,
pon á venda novas referencias do seu catálogo e inicia umha nova liña
de productos editoriais coa Revista Murgía.

Podes atopar estas novas referencias na súa web: www.ouvirmos.com
así como escoitar os avances dos seus productos.

ESCOITAR :: LISTEN
Aires
da Terra :: Foliada da Montaña

Sociedad
Coral Polifónica de Pontevedra :: Canto du Ourense

Os
Dezas de Moneixas :: Pasodoble de Lalín

Coro
Toxos e Froles :: A volta da festa

Manuel
Quiroga :: Danza espagnola para violín

Continue reading Novas referencias de OUVIRMOS

NOVO DISCO COLECCIÓN A TIRACOLO: MANUEL QUIROGA E MARTA LEMAN. Pontevedra – Paris

Manuel Quiroga
Ningún outro músico deixou a pegada de Galiza tan fondamente marcada no mundo coma o violinista Manuel Quiroga (1892-1961). A súa música foi escoitada nos máis importantes auditorios de toda Europa, América e Estados Unidos. Os mellores intérpretes do momento admirábano e as críticas eran excelentes sen excepción. Estas gravacións son testemuña diso.
Manuel Quiroga
Pontevedra París. 1912

Selo: Ouvirmos
Formato: CD – Libro
Número de Discos: 1
Duración: 35′ 03″
Mastering: AAD
Disponibel: 11/2004

Artista: Manuel Quiroga & Marta Leman
Compositores: Pablo Sarasate
Manuel Quiroga Losada
Henri Wieniawski
Franz Drdla
Antonio Bazzini
Jenö Hubay

+INFO: www.ouvirmos.com

Presentação da revista Murguía, especial música patrimonial.

A próxima 6ª, dia 26 de Novembro, apresenta-se em Lalim a revista Murguía, especial sobre a música patrimonial galega, elaborada pelo C.M.T.F.L. Na mesma estariam presentes os representantes do Conservatório, da revista Murguía, da empresa Ouvirmos e Félix e Castor Castro que interpretaram peças tradicionais para frauta travesseira e acordeão diatónico. Lugar: Casino de Lalim. Hora: 8:30.
Em breve publicaremos em www.folque.com o índice dos contidos da revista.
C.M.T.F.L.

Revista Murguia

Saí a Revista Murguía.
Em breve vai sair publicado o volume nº 4 da revista Murguia, especial sobre música galega coordenado pelo C.M.T.F.L. Monografias sobre o acordeão, flauta, partituras, investigação sobre a gaita, grande número de documentos inéditos, entrevistas, etc.

Seguimos a informar. Orjais