CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

Volve o Ciclo Trad a Pontevedra por segundo ano consecutivo, desta volta adicado xenéricamente aos acordes de acordeón. Organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e co patrocinio do Concello de Pontevedra e a Conselleria de Cultura, o programa inlúe este ano as actuacións de varias formacións que teñen no acordeón un dos seus sustentos instrumentais: Marful, Ruso Negro, Tangata, Fernández & Quintá e os portugueses Danças Ocultas, ofrecerán o amplo abano deste instrumento que no seu día, alá polos anos 20 e 30, supuxo unha auténtica revolución na música popular.

Continue reading CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

“tal qual somos” primeiro concerto aberto do CMTF

1º CONCERTO ABERTO. Ciclo do Natal. “tal qual somos
O sábado 17 ás 20.30 h. realizamos o 1º concerto do ciclo Concertos Abertos do CMTF.

Alumnado e profesorado do centro mostram-se “tal qual som” “tal qual somos”.
Um feixe de cancions aprendidas ensaiadas arranjadas nas aulas em distintas formaçons.

Por um lado o COMBO FOLQUE por outros lados pequenas formaçons creadas entre os corredores do centro polos proprios alumnos-as, ou formaçons creadas entre alumnado e profesorado. Uma autêntica interaçom musical.

Este sábado 17 conhece o alumnado do CMTF no Auditorio novo de Lalin. Tocaram-se distintas cançons sem micros, sem monitores, sem amplificar… tal qual é o som.

Repertorio:

1º Concerto Aberto. Natal 17 de Decembro

O CMTF está a organizar o 1º Concerto Aberto de alumnos e profesores para o dia 17 de decembro con motivo do Ciclo de Natal as 20.30 h. no novo Auditorio de Lalín.

Durante este curso organizaranse unha serie de 3 concertos abertos, donde o público poderá coñecer en formato acústico (tal como somos, sonamos e soñamos) as cancións que se traballan nas aulas e no Combo Folque.

Repertorio variado: galego, bretón, de nova composición, standards galegos, cancións tradicionais de referencia…

DUOS CÓXEGAS: Oscar Fdez e Carlos Quintá

DUOS CÓXEGAS
O duo formado por Oscar Fdez (prof. sanfona no CMTF e músico de Os Cempés) e Carlos Quintá co seu acordeón diatónico realizarán o venres dia 8 de mañá na Universidade Autónoma de Barcelona un concerto sobre os ritmos bailabeis da música galega en representación do CMTF de Lalín.

Este duo tamén participa na sección musical do Serán Alternativo “Hei bailar” producido por Maré Produccións.

CICLO TRAD. Mes de abril no Teatro Principal de Pontevedra.

No CICLO TRAD a música tradicional de composición toma unha dimensión actual tanto nas palabras como nas notas e ensinanos a esencialidade da expresión.

O CICLO TRAD é unha viaxe polo amplo abano da música de tradición europea e americana. A historia musical de cada cidade ,de cada vila galega construiuse con influencias varias vindas de proximos e lonxanos lugares.

O CICLO TRAD son catro propostas diferenciadas, catro vértices e catro lados que confluen nun mesmo ciclo para rematar cun espectáculo múltiple onde se integran distintas linguaxes artísticas: Re elabora sons � a música, a imaxe, a palabra.

Músicos e vozes de hoxe que reinterpretan os aires galegos e as músicas de raiz do mundo.
Organiza: Asociación do CMTF // Promove: Concello de Pontevedra.


Continue reading CICLO TRAD. Mes de abril no Teatro Principal de Pontevedra.

RE ELABORA SONS. Espectáculo folque do CMTF de Lalín

Desde o ano 2000 que nace o CMTF o alumnado dirixido por Roberto Sala ensaia cada sábado ás 13 horas no combo, un espacio aberto a todo aquel/la que queira tocar en grupo.

No 2001 o centro forma unha Orquestra Folque e publicita-o na matrícula dese curso. A Orquestra actua em Ourense principalmente.

No 2004 diseñase o primeiro Espectáculo Folque debido á grande creatividade e potencial do alumnado e profesorado de Lalim. Este espectáculo aberto e dinámico reflexa a filosofia e o ambiente do centro. O centro recebe a visita de muitos profesionais de vangarda da música folque europea, en parte debido á organización dos monográficos, este intercambio de coñecimentos fai medrar a REELABORASONS. Agora RES está deseñado para ser visto e ouvido aló donde queira chegar.

30 DE ABRIL EN PONTEVEDRA no Teatro Principal ás 21.00 hs dentro do Ciclo TRAD.
Continue reading RE ELABORA SONS. Espectáculo folque do CMTF de Lalín