CURSO AFINACIóN E MECáNICA DE ACORDEóNS

Amig@s do mundo do acordeón e a lingüeta libre:
Por fin terá lugar o esperado curso de afinación e mecánica de acordeóns co gran afinador vasco José María López. Será no CMTF de Lalín os días 8 e 9 de Abril.

O programa será de 16 horas e o prezo son 120 euros que se abonan no comezo do curso. Podedes consultar o programa aqui incluido ou solicitar máis información no teléfono 649 03 05 31.

Continue reading CURSO AFINACIóN E MECáNICA DE ACORDEóNS

CONSTRUCCIóN E CRIA DE CANS

Sábado 1 e domingo 2 pola mañá.
Obradoiro do Artesán Pablo Cid. Antas de ulla.

á noite: Cea e Jam-Session.

60¤ / 50¤ asociados ao CMTF.

Neste monográfico ensinará cómo se construen os cans (que dende logo é o máis sinxelo), explicará os puntos implicados na producción do son deste, dende a propia ponte onde se situa, o tipo de reglaxe que se debe adoitar, os ángulos descritos pola corda, os tipos de madeira a empregar e a sua incidencia no funcionamento.

Os alunnos empregaran o material incluido no prezo do curso (serra, limas, formón e material para suxeitar as pezas de madeira e tamén distintos tipos de madeira) para facer as suas propias creacións.

Tamén se tratará o tema do reglaxe da sanfona, como solucionar alguns dos problemas e visualizar todo tipo de problema práctico que teñan os instrumentistas co seu instrumento.

E como din os vellos: NON SE MANCAR.

…á noite: Cea e Jam-Session.
Matrícula e reserva aloxamento no tlfe. 662 304157

Referencia do anterior curso de construcción de cans.

CONTINUAN OS MONOGRÁFICOS, APUNTATE.

  • Introducción ó flamenco con o guitarrista Ivan López.
    11 de marzo todo o dia.
    Inscición no tlfe. 650 071828

  • Pandeireta.
    Comeza o monográfico de Pandeireta acompañamento ó canto e arranxos impartido por Ugia Pedreira.
    Sábados de 19 a 20 horas.
    50 euros (40 euros asociados-as)

  • Construcción e cria de cans no Obradoiro de Pablo Cid en Antas de Ulla. Sábado 1 e Domingo 2 de abril.
    60 euros (50 asociados-as) con material.

  • Afinación e mecánica de acordeóns con José Maria López (Euskadi).
    Aplazado até o 8 e 9 de abril de mañá e tarde. Inscrición tlfe. 649 030531
    130 euros

    [+ info. conservatoriofolque@folque.com ou 627 934368]

DANÇAS EUROPEIAS

O DIA 4 DE MARZO DE 11 A 13 H. E DE 16 A 18 H. NO CONSERVATORIO FOLQUE DE LALíN MONOGRáFICO DE DANÇAS EUROPEIAS.

A DANÇAR:
VALSA, POLKA, MAZURCA, CONTRADANÇA, GIGA, MARCHA, CHOTIÇA, BOURRéS DA FRANZA, TARANTELLAS DE ITALIA, HASSAPIKOS DE GRECIA OU O VIRA PORTUGUêS.

Diversom, atençom, relaxaçom, criatividade, cooperaçom, ritmo, dimensom do espazo e do tempo, lateralidade, corpo e ritmo som aspectos a desenvolver neste monográfico. Tudo o mundo sabe moverse, tudo o mundo sabe bailar.

Imparte este monográfico Mercedes Prieto acompanhada na concertina por Celina da Piedade.

e depois…
GRANDE BAILE ASALTO ÁS 22.30 H. NA GENTALHA DO PICHEL EM COMPOSTELA con afamados e afinados músicos galegos e apressentado polo sr. D. Carlos Santiago.
Continue reading DANÇAS EUROPEIAS

MONOGRÁFICOS QUE COMEZAN EN XANEIRO

PANDEIRETA. Un curso de pandeireta distinto, completo.

  • como acompañamento á gaita. Chuco Estevez
  • como acompañamento ao canto e arranxos. Ugia Pedreira
  • como acompañamento a distintos xéneros musicais e improvisación. Ramom Pinheiro.

Comeza o 21 de xaneiro ata o 24 de xuño de 19 a 20 horas. O prazo de matrícula remata o 2º sábado de febreiro.

BAILE GALEGO DE CREACIÓN II. 7 PASOS IGUAL A INFINITO.
Voltamos a fazer este monográfico pola boa acollida que tivo o ano pasado. Permuta 7 pasos, move-te e crea. Canto mais te moves, mais te moves.
Imparte Sergio Cobos.
Comeza o 28 de xaneiro ata o 24 de xuño de 17 a 18.30 horas.

Prezos: 50¤ mes (40¤ asociados-as á ACMTF). Matrícula curso completo: 245 ¤ (190 ¤ asociados-as á ACMTF)
Inscrición: conservatoriofolque@bandua.com
O pagamento debe realizarse na secretaria do centro o dia inicial do monográfico elexido. As cuotas mensuais deben pagarse no 1º sábado de cada mes.

1º monográfico 2006

Dinámicas de música galega na escola

Dirixido a: mestres de primaria e secundaria, mestres de música galega en As. folclóricas e escolas de músicas,…

Data: O sábado 28 de xaneiro de 10.00 a 14.00 H

Quen son?
Breve currículum:


Paulo Nogueira: mestre de educación musical no CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Membro do grupo “Gaiteiros Treixadura”. É autor, xunto con Héctor Silverio e Carlos Rey, do libro-dvd recentemente publicado sobre “Os Campaneiros de Vilagarcía”. Xunto con Magoia Bodega elabora materiais didácticos para traballar a música galega na escola.


Magoia Bodega: mestra de educación musical no CEP Chancelas (Poio). Foi compoñente durante 10 anos do grupo “Muxicas”. Ten feito diversas colaboracións con músicos coma Rodrigo Romaní ou Susana Seivane. Participou como solista e compositora no libro “De pano sedán”.

Resumo do monográfico:
Mediante este monográfico preténdense mostrar distintas formas de plantexar e tratar a música galega na escola, propoñendo actividades para os distintos bloques desta área por medio de cantigas, audicións, movemento, linguaxe musical, instrumentacións, etc.

Poderíamos resumir os contidos do monográfico nos seguintes apartados:

    1.- Audición musical activa: diferentes propostas de audición de música galega utilizando como recurso o movemento, a prosodia rítmica, musicogramas, linguaxe musical, cantigas, contos, instrumentacións, etc.

    2.- Cantigas: repertorio de cantigas galegas infantís, de oficios, acumulativas, do ciclo anual. Recursos didácticos para a aprendizaxe das mesmas.

    3.- Instrumentacións: diferentes propostas de utilización dos instrumentos escolares coa nosa música. Xogos e cantigas con instrumentos.

    4.- Instrumentos populares galegos: diferentes propostas para que o alumnado coñeza e recoñeza visual e auditivamente os instrumentos galegos.

    5.- Ritmo e movemento: xogos de movemento baseados nos ritmos populares galegos.

Proximos monográficos para o 2006

  • PANDEIRETA. Ramom Pinheiro, Chuco Estevez, Ugia Pedreira
  • BAILE GALEGO DE CREACIÓN. II monográfico de “Sete Pasos igual a infinito”. Sergio Cobos
  • DANZAS EUROPEIAS. Mercedes Prieto
  • CONSTRUCCIÓN DE “CANS” PARA SANFONAS. Pablo Cid
  • PEDAGOXÍA DA MÚSICA TRADICIONAL. Pablo Nogueira e Magoia Bodega
  • AFINIDADES DO REPERTORIO GALEGO-PORTUGUES. J.Luis do Pico
  • e mais… Construcción de palletas, acordeón diatónico, afinación de acordeons…

Esta-te atento-a, comezam os monográficos no CMTF de Lalim. Proximamente mais info nesta comunidade.

Se jà te interesa algum dos monográficos pom-te em contato com o CMTF no mail conservatoriofolque@bandua.com e guarda praza.

MONOGRÁFICO: Formación vocal e repertorio de cantos do mundo para profesorado

Un monográfico práctico e de descubrimento, onde os cantos do mundo se convirten na principal ferramenta pedagoxica.

Este seminario vai dirixido ó profesorado de infantil e primaria, pero tamén a aqueles e aquelas que traballen ou proxecten traballar con nenos e nenas e desexen ampliar o seu repertorio de actividades ou recursos á hora de dinamizar e traballar cos seus grupos.
Continue reading MONOGRÁFICO: Formación vocal e repertorio de cantos do mundo para profesorado

MONOGRÁFICO DE BAILE GALEGO. Sergio Cobos

Sergio Cobos é un dos bailaríns de danza galega mais coñecido do pais, ten impartido obradoiros de baile en Francia, Pais Vasco e por toda a Península. Ten colaborado con Berrogüetto e con Xosé Manuel Budiño como bailador. Agora é membro de Trebón, un grupo de percusión bailada nado en Santiago.

SETE PASOS IGUAL A INFINITO. BAILE DE CREACIÓN.
O bailar é o acto sexual realizado publicamente.
Con sete pasos chegamos ao infinito.

Sergio Cobos ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.
Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

creación en movemento
Apoiará o curso con material de recollidas de campo (videos, dvd) e así estabelecer comparacións entre distintos lugares de Galiza.

Duración: Todos os sábados do 9 de abril ao 25 de xuño no CMTF de Lalín.
Horario: 17 a 19 horas.
Prezo matrícula por mes: 40 euros non socios-as / 30 euros socios-as.
Inscrición: conservatoriofolque@bandua.com / tlfe. 927 934368

MONOGRÁFICO DE VIOLINO con ALFONSO FRANCO

Alfonso Franco naceu en Compostela. Iniciouse no violino con Laura Quintillán.
Bolseiro da Xoven Orquestra de Galicia.
Violinista en directo de J. Älvarez, Milladoiro, Emilio Cao, Galerna, etc..
Participou en gravacións discográficas dos estilos mas dispares: Heredeiros, Siniestro, Xabarín Clube, Emílio Cao, Romaní, Reyes del Kao, etc…
É titulado do I Postgrao de Música Tradicional da USC.
Desenvolve a súa actividade musical en diversas agrupacións tanto clásicas como de folc, sendo a pricipal delas a do Dúo formado coa Arpista Paula Oanes.
Dende o ano 99 é o mestre de Violino Folc no Conservatorio de M. Trad. de Vigo e na Orquestra Folc “Sondeseu”.

O EMPREGO DO VIOLÍNO NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA:
Orixe e evolución do Violino nas distintas partes do mundo.
Principáis estilos de Fiddle: Europa & América.
Cantos de Cego. Estilo Tradicional.
A curta historia do violín folque na Galiza.
Violino Clásico / Fiddle.
Incorporación de estilos alleos nos violínistas galegos.
Tocar música galega co violino.

  • A procura dun són propio.
  • Golpes de arco / Percusión.
  • Ornamentacións.
  • Acompanamento do canto.

A exposición farase con axuda de audicións e proxección de imaxes e vídeos.

Inscrición: conservatoriofolque@bandua.com / tlfe 627 934368
Sábado 9 de 11 a 14 horas.
Sábado 16 de maio todo o dia. 11-14h // 16-19h.
Prezo matrícula: 40 euros non socios-as, 30 euros socios-as.

MONOGRÁFICO: AS LETRAS DAS CANCIÓNS. Carlos Santiago

Sábado 2 de abril. De 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.

AS LETRAS DAS CANCIÓNS. Carlos Santiago.
Carlos Santiago (Compostela, 1966) desenvolve a súa actividade principalmente no campo das artes escénicas, como dramaturgo, letrista, intérprete, músico, técnico e director escénico. Dende 1997 reparte o seu traballo entre Galiza e Portugal, colaborando regularmente con compañías teatrais, grupos de música e outros proxectos artísticos do país “transminhoto”. Como escritor e activista cultural colabora en distintos médios, forma parte da redacción da Revista Animal e do colectivo Burla Negra, e é cantante e letrista da Psicofónica, a banda de rock mais taoísta da Galiza. Autor dun bo feixe de espectáculos teatrais, é tamén un vicioso do stand up e o monólogo sarcástico forxado no forno irreverente das Ultranoites da Nasa (Compostela).

As letras das cancións
Tomando como referencia a canción como unidade expresiva da música popular, o monográfico pretende explorar distintos xogos de composición poético-musical dende unha óptica contemporânea, especialmente aplicados ao âmbito da língua galega. Trátase de investigar a “musicalidade” das palabras a partir de xéneros ou estilos musicais tan diversos como o pop, o rock, o hip hop, a música tradicional ou a poesia fonética.

Inscrición: conservatoriofolque@bandua.com / tlfe.: 627 934368
Prezo: 30 euros asociados-as / 40 euros non asociaciados-as / aula de canto cmtf prezo reduzido.

Monográfico de CLARINETE. Sábado 12. CMTF

Imparte FERNANDO ABREU. (clarinetista de clásico, folque e contemporaneo)
Monográfico específico sobre o clarinete galego. Puntos a tratar:

  • Aproximación ao clarinete nas distintas músicas populares do mundo.
  • Breve historia do clarinete en Galicia.
  • Cuestións de estilo.
  • Prácticas de repertorio.

Monográfico ilustrado con imaxes e audicións comentadas.

Sábado 12 de Marzo 2005
Horario de mañá: 12 a 14 horas e de tarde de 16:00 a 18:00 horas.
30 euros socios/as, 30 euros non socios/as
Matrícula. Tlfe. 627 934368

Monográfico: O JOGO ABERTO

Jogo, estratégia musical e comunicação

O sábado dia 12 comeza o monográfico O JOGO ABERTO impartido por O Bitocas da Asociaçom Dorfeu de Águeda (Pt).

De 12 a 14 horas.
De 16 a 19 horas no CMTF.

Inscripçom:
conservatorifolque[a]bandua.com / tlfe. 627 934368

———————————————————————————–

O JOGO ABERTO
Jogo, estratégia musical e comunicação

Oficina de improvisação musical que utiliza o jogo como provocador lúdico de interacções comunicantes. Destinado a músicos, comunicadores, professores, educadores, animadores e curiosos, amadores ou profissionais.

O JOGO ABERTO basea-se numa experimentação curiosa que tem como ponto de partida a relação entre o jogo e a improvisação musical idealizei esta oficina que, como o jogo, tem utopias próprias; como a improvisação não se sabe onde vai ter; e como a música, harmoniza-nos com a vida.

Prezo: 30 ¤ (20 ¤ socios/as da As. CMTF)
Continue reading Monográfico: O JOGO ABERTO

Curso de fabricación de cans: éxito

Pois si, o curso de fabricación de cans foi un éxito total, criámo-los cans, deunos traballo, os bisturis trabaron mais que os propios cans, mais ao final fumos capaces de amansa-los, (aos bisturis)…

Tivémo-la ocasión tamén de coñecernos entre nós e tamén a Jesús Reolid realmente un tipo entrañable, Luthier atípico, dos que non están obsesionados con ocultar os segredos da creación, porque saben que o camiño é longo e nun día e medio non se aprende todo ainda que sí moito, e todo é mais que moito… explícome?
Continue reading Curso de fabricación de cans: éxito

COMEZAN OS MONOGRÁFICOS. 1º Construcción e mantenemento de sanfonas.

Curso de mantemento e reparacións na sanfona.
Impartido por Jesus Reolid. Luthier. Sábado dia 22 de xaneiro. Aula 1 do CMTF de Lalín.

O curso ten como obxetivo o aprendizaxe de técnicas de reparación e regraxe na sanfona, reparación de pezas e especificamente fabricación e axuste de cans, a pequena peza que produce o son do bordón rítmico.

Na noite do Sábado os participantes do curso, teñen a oportunidade de compartillar experiencias nunha CEA JAM-SESION a celebrar en Lalín. (cea- jam aberta para músicos e amigos comunicandollo aos organizadores o mesmo sábado no CMTF).

O número máximo de asistentes será de 15 e haberá prioridade pola seguinte orde: alumnado do CMTF, luthiers, e sanfoneiros que posúan a sua propia sanfona.

O profesor proporcionará o material necesario para o cursiño que será financiado pola matrícula.

Matrícula: 70 Euros / 60 Euros Socios do CMTF
Contacto: Oscar Fernández nº de Tfno 630 455781

ATENCIÓN COMEZAN OS MONOGRÁFICOS. FAI A TUA INSCRIPCIÓN NO E-MAIL:
conservatoriofolque@bandua.com DEIXANDO OS TEUS DATOS PERSOAIS.

Continue reading COMEZAN OS MONOGRÁFICOS. 1º Construcción e mantenemento de sanfonas.

CURSOS MONOGRÁFICOS. 2005. CMTF de Lalín.

Adianto dos cursos monográficos do CMTF de Lalín. Desde o mes de xaneiro a xuño podes disfrutar dunha serie de cursos de formación permanente, específicos, temáticos e de duración variavel.
Dirixido a músicos afeizoados e profesionais, licenciados/as en maxisterio musical, profesorado de música, interesados/as en xeral.

  • Monográficos de construcción.
  • Monográficos de composición.
  • Monográficos de historia.
  • Monográficos de baile galego.
  • Monográficos con Portugal.
  • Monográficos de instrumentos.
    Continue reading CURSOS MONOGRÁFICOS. 2005. CMTF de Lalín.
  • DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con NACHO MUÑOZ

    1º MONOGRÁFICO CURSO 04/05.
    Duración Trimestral.

    DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con Nacho Muñoz

    Creación individual e colectiva dunha obra musical partindo da improvisación. Execución ao vivo e grabación en formato dixital.
    Escuita, improvisa, experimenta, compón, executa e graba.

    Sábados á tarde no Auditorio de Lalín a partir do sábado 23 de outubro.

    Continue reading DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con NACHO MUÑOZ