A Fábrica de Perillo. 1905 2005

O vindeiro venres 24 de marzo e ás 20:30 no Auditorio da Nova Fábrica de Oleiros terá lugar a presentación oficial do libro de Sabela Figueira Tenreiro. “A Fábrica de Perillo. 1905 2005”.

Tratase dun dos “Cadernos de estudos oleirenses” no que a autora fai un percorrido pola historia deste singular caso no que a arquitectura ou patrimonio industrial foi rehabilitado para usos sociais e culturais.

Na presentación do libro, con prólogo de Felipe Senén intervirán ademais do mesmo a propia autora; Sabela Figueira Tenreiro, o alcade de Oleiros, Ángel García Seoane e o concelleiro de Normalización Lingüística Antón Tenreiro.

O acto contará ademais coa proxeción dun documental sobre a Fábrica elaborado por MR Misto e a actuación en directo de Nelson Quinteiro, que interpretará un tema que está recollido no libro e que ilustra as condicións de vida das mulleres que traballaban nas conserveiras a principios de século.

CADERNO DE ESTUDO DE ACORDEÓN DIATÓNICO. 1º curso.

Xá podedes mercar o 1º Caderno de estudo do CMTF: Caderno de estudo de Acordeón Diatónico. 1º Curso.
Autor: Pedro Pascual.
Coordinación: José Luis do Pico, Ramom Pinheiro.

O volume foi aprobado polo claustro de profesores do CMTF como método oficial de Diatónico para este centro.

Indice:

  • 1. Orixe e difusión do acordeón diatónico.
  • 2. Morfoloxía do acordeón.
  • 3. Notación específica.
  • 4. Textos.
  • 5. Partituras
  • 6. Bibliografia

Este caderno só está á venda no CMTF. Alumnado e soci@s 10 ¤ / non soci@s 15 ¤

conservatoriofolque@bandua.com
Auditorio Municipal s/n
Lalín. 36500 Pontevedra

EN PREPARACIÓN. Cadernos de Aula do CMTF de Lalín.

O profesorado do CMTF de Lalín está preparando os seus primeiros cadernos de aula para seren distribuidos entre o alumnado.
Consiste en uns cadernos con teoria e práctica (partituras) sobre cada materia.

Proximamente os cadernos estarán á venda no mesmo Conservatorio.
O músico/a interesado poderá dispoñer de:

  • Caderno de Teoria e Método da música Patrimonial. José Luis do Pico.
  • Caderno de Acordeón Diatónico. Pedro Pascual.
  • Caderno de Canto. Guadi Galego + Ugia Pedreira.
  • Caderno de Sanfona. Oscar Fdez.
  • Caderno de Gaita. Edelmiro Fdez.
  • Caderno de Requinta. Roberto Sala.
  • Caderno de Percusión. Chuco Estevez.