Reunion o martes coa Delegada Provincial da consellería de Cultura

Pola presente informámosvos de que maña martes 21 as 5 da tarde na casa da xuventude de Lalín, as asociacións, colectivos e particulares que traballan no ámbito da cultura no Deza temos/tes unha reunión ABERTA con Marta Patricia Souto González Delegada Provincial da consellería de Cultura.

O fin da reunión é a de tomar contacto co asociacionismo do Deza para escoitar as nosas opinións sobre diversos temas e informarnos dos plans da consellería de cultura.

Esta reunión é importante, xa que é a primeira vez que un cargo da consellería de cultura ven a escoitar o que dende o asociacionismo temos que dicir.

Se podes, ven a reunión e expón o que pensas…

p.d. se non podes asistir a reunión por motivos de traballo, podes pasar a eso das 10 polo barriga verde onde un grupo de xente estaremos cambiando impresións sobre a reunión, e de paso aproveitar para botar unha man na elaboración das coplas do Antroido.

from: Alberto Granja [K.G.]

MARFUL estrea dominio

O grupo MARFUL está de estrea, marful.info será o dominio no que o grupo de a conhezer próximamente a súa actualidade máis inmediata. Polo momento a web segue sendo a mesma de sempre…

…preparando-se surpressas.

Conferencia Venres 20 de xaneiro

Dende a Asociación Socio-Cultural “Manuel Ferreiro” e seguindo co noso programa actividades, temos prevista unha Conferencia para o vindeiro venres día 20 de xaneiro, titulada “SERVIZOS SOCIAIS. O SISTEMA PÚBLICO DE XUSTIZA SOCIAL”, que será a primeira deste novo ano que acaba de comenzar.

Na conferencia abordarase o sistema público de Servizos Sociais: A atención ás familias, ós mozos e mozas, ós maiores, ás persoas con discapacidade e a loita contra calquer tipo de marxinación social.

E tamén se falará da nova Lei de Dependencia.
* Esta Conferencia esta aberta ó público en xeral.
Continue reading Conferencia Venres 20 de xaneiro

Falta pouco… Cesta Musical de Natal

Concurso da comunidade folque para promover as novas musicais na comunidade folque.

II CESTA MUSICAL
Aquel usuario-a que envie mais notícias e sexa mais activo-a en www.folque.com
desde o dia 29 de novembro até o último dia do mes de xaneiro gañará:

A matricula gratuita dun curso monográfico completo. O curso monográfico que mais lle interese. Os cursos monográficos de Lalín publicitanse despois do Natal.

2 entradas para un dos concertos que Asociación do CMTF organice entre xaneiro e xuño do 06: II Ciclo Trad de Pontevedra, II Encontro de Sanfona Contemporanea, etc…

A voz de Palestina en Lalín

Asociación Manuel Ferreiro informa:

Ola a tod@s!!
Sabedes que colaboramos con Solidariedade Internacional Galicia, que é una ONG que ten proxectos en todo el mundo. Un deles é de axuda humanitaria na franxa de Gaza.

Dende que comenzou a 2ª Intifada, Gaza experimentou a máis grande recesión económica, o PIB descendeu 40% e a pobreza pasou de afectar a 20% ao 64% da poboación.

Este mércores día 9 de novembro 2005 ás 21 h., dous médicos que traballan en Gaza veñen a Asociación MANUEL FERREIRO (Lalín, rúa F, nº 27) e contarannos toda a súa realidade.

É unha oportunidade única para coñecer de primeira man o conflicto palestino – israelí e a situación na que vive a poboación palestina.

Esperámosvos a tod@s.
Soledad.

II Cesta MUSICAL

Despois do suceso acadado pola I Cesta MUSICAL, 1º concurso da comunidade folque para promover a web e as novas musicais folque, gañado polo músico Xan Pampín de Xochilmica continuamos coa iniciativa.

II CESTA MUSICAL

Aquel usuario-a que envie mais notícias e sexa mais activo-a en www.folque.com
desde o dia 29 de novembro até o último dia do mes de xaneiro gañará:

  • A matricula gratuita dun curso monográfico completo. O curso monográfico que mais lle interese. Os cursos monográficos de Lalín publicitanse despois do Natal.
  • 2 entradas para un dos concertos que Asociación do CMTF organize entre xaneiro e xuño do 06.

1, 2, 3, 4, 5 , 6, 7…. comezamos a contar.

Zanfona en venda

Douvos un recado de parte dun zanfonista de Lyon.

Ten en venda unha zanfona. É un instrumento electroacústico construido en 2003 por Denis Siorat. Ten catro cordas cantoras, catro bordóns con cexillas regulables, tres tropetas, e doce cordas simpáticas. Clavilleiro mecánico. O sistema electroacústico inclúe potenciómetros para todas as cordas, ganancia e tono. Preamplificador incorporado. Saída única en jack estándar ou tres saídas ndependentes XLR.

Ten pouco uso e está prácticamente nova.
O prezo inicial, no sei se negociábel, é de 5.500 euros.

Interesados, contactar con Stephane en iazon@free.fr

Xurxo Romani

PABLO CID: Novo Constructor de Zanfonas

Acabáse de colgar a Páxina web do novo ortesán de Zanfonas Pablo Cid Peiteado.
es.geocities.com/pablozanfona

Esta páxina é de caracter temporal e está en probas para asi poder mellorala. Agradecemos que enviedes emails con calquera suxerencia ou defecto que lle poidades atopar a esta páxina. A dirección de correo será pablozanfona@yahoo.es

Moitas gracias pola atención prestada.

Aviso da convocatoria de subvencións do Concello de Pontevedra para o ano 2005

Comunicámoslles que o pasado venres 29 de xullo de 2005 publicouse no BOP núm. 145 o anuncio coas bases e a convocatoria do Concello de Pontevedra para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido da cultura no ano 2005.

No mesmo boletín tamén se publican as bases de subvencións para actividades dirixidas á mocidade e para servizos sociais.
Continue reading Aviso da convocatoria de subvencións do Concello de Pontevedra para o ano 2005

Reforma da Propiedade Intelectual e Cultura Libre

COPYFIGHT reúne en Barcelona aos maiores peritos en Cultura Libre e Reforma da Propiedade Intelectual.

Lawrence Lessig, Wikipedia e John Perry Barlow encabezan mais dunha vintena de conferéncias, talleres e apresentacións no CCCB.

Os efeitos do copyright e o alcance das leis da propriedade intelectual sobre o desenvolvimento cultural converteronse nun dos debates mais acalorados dos últimos anos.

fonte: www.arredemo.info
Continue reading Reforma da Propiedade Intelectual e Cultura Libre

Cancioneiro Popular Galego de 1886

Olá,

avisovos de que esta semana está à venda em Ebay um cancioneiro popular galego de 1886 (o seu autor é José Pérez Ballesteros). Imagino que vos pode interessar já que Chito -a quem conhezo- anda sempre recompilando cousas deste tipo.

Está em esta ligaçom.

saúdos
Noel Feáns García

Impreso para a recollida de sinaturas

O convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra é un cúmulo de defectos de forma e o seu fondo condena á música tradicional galega. A Asociación beneficiaria non ten adaptados os seus estatutos á normativa actual polo que non pode percibir subvención oficial algunha. Por outra banda, o seu orzamento máximo anual está limitado, por eses mesmos estatutos do ano 1996, a tres millóns de pesetas así que os 90.000 euros excédeno con moito.

Aqui tedes a Ligazón de onde podedes descargar o impreso para firmar en contra desta tolemía da Deputación de Pontevedra…

http://www.gaiteirosgalegos.com/sinaturasDP.pdf

Un saudo
Xan Pampín

convocatoria

From: “juan queipo rodriguez”

Hoxe, xoves 21, às 20:30h no segundo andar do Centro de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galiza en Ponte Vedra (estádio da xuventude) reunión constituinte da Asemblea de Ponte Vedra polo tema das bandas de gaitas marciais apoiadas pola Deputación provincial.

Seria interesante que compareceran, cando menos, representantes de todas as asociacións e/ou coletivos que desenvolvan actividades no eido cultural en Ponte Vedra e comarca.

A devandita reunión será prévia à reunión informativa xeral (seguida de rolda de prensa) que terá lugar o sábado 23 às 11:00h no Teatro Principal de Ponte Vedra.

ACUDE. É IMPORTANTE.

A partires de agora as propostas individuais que cheguen ao e-mail: pontevedraenmovemento@hotmail.com serán remitidas à lista de correio-e para ser consensuadas entre tod@s.

marcianos na provincia de pontevedra

De: “Alberto Granja \(K.G.\)”
Fecha: jue abr 7, 2005 1:14 pm
Asunto: marcianos na provincia de pontevedra

enviovos unha nota de prensa que saiu hoxe os medios…

A Deputación destina 90.000 euros á creación dunha rede de escolas de gaitas e percusión no Morrazo, no Salnés, en Vigo e no Deza.

Rafael Louzán asinou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.

¿QUEREDES ISTO EN TODA A GALIZA?
POIS ESTASE ESPALLANDO…

De: JOSE/PICUIÑA Fecha: mié abr 13, 2005 10:51 pm
Asunto: este venres reunión dos gaiteiros do Morrazo sobre o tema da banda de pontevedra

Este venres terá lugar as 20:30 no colexio Castrillón de cangas (sede dunha das escolas da banda de pontevedra) unha reunión para todos os gaiteiros do Morrazo onde se abordarán as medidas a tomar.
Un saudo.

GHERRRRRRAAAAAAA¡¡¡¡¡

Continue reading marcianos na provincia de pontevedra