Os pontevedreses AVELAÍÑA presentan o seu novo disco

AVELAÍÑA presenta o seu segundo traballo discográfico “Xan e Sabela” (falcatruada, 06), 14 temas que nos levan por un mesmo fío conductor: a historia de Xan e Sabela, unha parella galega durante os derradeiros anos do século XIX, narrada nas letras de 8 cancións intercaladas por pezas instrumentais que funcionan como ambientes de transición.

Os pontevedreses Avelaíña, cunha formación eminentemente feminina moi pouco habitual nas bandas de folk, apostan por métricas pouco comúns que “desperten” o oído de quen escoita. A instrumentación neste traballo é moi equilibrada, mesturándose sons electrónicos, guitarras eléctricas e instrumentos acústicos propios da música folk.

>> MP3 [ escoita “Catro ou Cinco” ] <<

[ www.avelaina.com ]

Entramos nos salóns de baile

A aventura começa num salom de baile. Nom podia ser menos tratando-se de Marful, da sua música cheia de reminiscências dessa época em que os salons eram parte fundamental na vida social das vilas.

Mas nesta aventura, muitas mais cousas pressagiavam um autêntico relacionamento entre o espaço e as pessoas que iam recriá-lo para o disco. Pintada na parede da entrada estava esta frase “Baile de rua” en Sargadelos.

La Rua, assim é como se conhece a rua onde morou o Fernando Fuentes (desenhador do disco de Marful e socio de Germán Diaz no selo Producciones Efímeras) na sua vila, embora o nome oficial fosse outro. Apenas acaso?


Continue reading Entramos nos salóns de baile

Nelson Quinteiro na Parroquia

Despois de ter actuado en Cangas dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo Nelson Quinteiro volve á súa parroquia este venres 17 e marzo.

Naquela ocasión presentaba o seu espectáculo completo… no Canis Lupus.
Esta vez volve pero cun repertorio feito a medida para o local que será o seu escenario… o AMBIGÚ.

A partir das 23:00 do venres, no Ambigú entón poderedes ver a un Nelson máis raiano que nunca… estrenando unha batería de cantigas tradicionais portuguesas que irá incorporando a bloques do seu espectáculo “Unidade didáctica nº 1”.

Muito obrigado e até a sexta feira, entao.

Primeiro traballo dos composteláns Fanny+Alexander

A REGUEIFA PLATAFORMA fai a súa estrea coa edición do primeiro traballo do grupo compostelán FANNY+ALEXANDER nun doble formato, un EP de catro temas -de distribución gratuita online baixo licenza Creative Commons a través de www.aregueifa.net– e a saída ao mercado dun CD que inclúe ademáis outros catro temas do seu pasado máis recente. Oito temas -sete en galego e un en inglés- englobados baixo o descriptivo título de Lusco e Fusco nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais. Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n’ cuts, pandeiros… e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma Hood, The Postal Service ou Electric President.

Galegoz

GALEGOZ é un novo proxecto musical que, co ollo posto en Gorillaz,
puxo a andar hai ben pouco algunha xente de A
Matraca Perversa
. O seu disco vaino editar Ouvirmos
en Marzo e xa podemos ir escoitando algo do que fan. Premede aqui
para escoitar o seu Galician Chimpanzé.

Por certo que está fin de semana vannos entrevistar no novo programa da Radio Galega EXTRARRADIO,
así que non volo perder.

Fonte: 26/01/2006 A Regueifa

JOVES MUSICAL NO TEATRO ARTE LIVRE

O TEATRO ARTE LIVRE, o primeiro Teatro oficial, privado de Galiza, situado na rua Vázquez Varela, 19 en Vigo, chega con unha progamación cultural diferenciada e constante:

  • VENRES, SÁBADOS E DOMINGOS espectáculos teatrais, estreiando o horário a Cia Arte Livre coa obra EVITA, EVA PERÓN de Eisenhower Moreno e Roberto Cordovani.
  • SÁBADOS e DOMINGOS, polas tardes musicais para nenos e obras para adolescentes, estreiando o horário coa CONFIDENCIAS DE ADOLESCENTES.
  • DOMINGOS CONTA CONTOS.
  • VENRES meia noite CINE CLUB.
  • MARTES E MÉRCORE ESCOLA PARA FORMACIÓN ACTORES E TÉCNICOS, TALLERES…
  • XOVES ESTÁ DEDICADO A CONCERTO DE MÚSICA E A DANZA.

O TAL está recebendo proxectos para o progamación de 2006.

CONTACTOS:
TEL. 986 11 44 44
talvigo@hotmail.com

Ecos de África – novo disco de autores africanos afincados en Galicia

Falcatruada imaxe e música colabora coa ONG “Jóvenes del Tercer Mundo” na campaña “AFRICA – Tan cerca, tan lejos”, na cal búscase achegarnos á realidade deste continente, a través de múltiples actividades: materiais educativos, exposicións itinerantes, DVDs, concertos, contacontos… e tamén a edición do disco ECOS DE ÁFRICA, un dobre cd de contos e cancións interpretados por grupos africanos que actualmente viven en Galicia e Madrid. Unha boa oportunidade de achegarnos ós sons e ritmos africanos, que van dende un plantexamento puramente étnico ata mestizaxes coa música occidental actual.

O disco de cancións está composto por 13 temas orixinais compostos e interpretados polos grupos e unha canción interpretada de forma conxunta. Os grupos participantes que residen en Galicia son Alberto Mvundi, Batuko Tabanka e Pasteff. O disco de contos inclúe 14 contos tradicionais africanos.

O disco pódese mercar por 12 ¤ (destinados íntegramente ó proxecto) na web www.trastenda.com e en puntos de venda autorizados (máis información en www.ventanalmundo.com)

Obradoiro de Cantos e Danzas de Reises en Vigo

Obradoiro de Cantos e Danzas de Reises
Como ven sendo habitual dende hai xa tres anos a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis coa intención de que esta tradición recupere o que en tempos pasados era un acto social e participativo moi frecuente chegadas estas datas festivas do Nadal e Reis.

Este obradoiro é de balde.

Este ano contamos para o Obradoiro de Danzas coa colaboración de María Prego, mestra e integrante do grupo de baile “Albendeira”. E no de Cantos de Reis con Guillerme Ignacio, integrante do grupo de música folk “Quempallou” e dos pandereteiros “Tear de Llerena”.

Horarios e programa en texto extendido… Continue reading Obradoiro de Cantos e Danzas de Reises en Vigo

Xirandola inicia un novo curso

Xirandola inicia un novo curso

Comeza un novo curso para as distintas escolas de Xirandola. Xa son 18 anos traballando por e para o noso rico e variado folclore, e, lonxe de perde-la ilusión, ano tras ano seguimos a traballar no mantemento e recuperación do mesmo.

Se che gustan a danza ou/e a música tradicional, non o dubides, pásate polos nosos ensaios e proba, non te arrepentirás.

[+ info]

Residencia de Músicos. EVORAMONTE

Residência de músicos, Evoramonte
7 a 13 Novembro 2005

Inaugurar um cancioneiro português de vanguarda.
“Se é verdade que a maior parte dos espécimes coreográficos Portugueses exibe uma configuração tonal, encontramos outros (…) que parecem guardar traços de primitiva configuração modal” (José Bettencourt da Câmara, “O essencial sobre a música tradicional Portuguesa”)

A PédeXumbo e a d’Orfeu organizam, entre 7 e 13 de Novembro 2005, uma residência artística internacional dedicada ao cancioneiro português.

Trata-se de proporcionar um espaço de formação, experimentação, aprendizagem, intercâmbio e criação, durante uma semana, em Évoramonte. Sem pressões de um resultado final: espectáculos formais, edição de CDs ou compromissos horários. Os 14 músicos são convidados a viver e trabalhar na Herdade da Marmeleira (Evoramonte), criando laços artísticos intensos.

Orientação
Stéphane Milleret [França]

Stéphane Milleret é um conceituado músico que se dedica, desde há muitos anos, à música para baile.

Uma das suas prioridades tem sido a vertente pedagógica. Desde 1985 tem contribuído fortemente para a aprendizagem escrita das músicas tradicionais, embora continue a trabalhar no âmbito da transmissão oral e memorização. Autor de um método instrumental, dinamiza frequentemente cursos e master-classes dedicados às técnicas instrumentais, aos arranjos e improvisação.
________________________________________________________

O CMTF tá convidado a esta residéncia de músicos e no nome do CMTF irá o profesor de diatónico Pedro Pascual.
Continue reading Residencia de Músicos. EVORAMONTE

Aulas O Tear de Llerena 2005-2006

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2005-2006 nas aulas da A.M.T. O Tear de Llerena de Pontevedra:

  • Pandeireta e canto tradicional (Iniciación, perfeizoamento I e perfeizoamento II)
  • Baile tradicional (Iniciación e perfeizoamento)
  • Bordado ao ar (Iniciación e perfeizoamento)
  • Gaita (Iniciación, perfeizoamento I e perfeizoamento II)
  • Tamboril (Iniciación, perfeizoamento I e perfeizoamento II)

    Mais información en teardellerena ou en teardellerena@hotmail.com

  • VII FESTIVAL INFANTIL DE BAILE TRADICIONAL XIRANDOLA

    O vindeiro domingo 21 de maio, celebrarase no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira a VII edición do "Festival infantil de baile tradicional Xirandola". A mostra está previsto que comece ás 19:30h.

    Participarán desta volta:

    • Escola de Danza QUEIXUMES DOS PINOS de Ourense
    • Asociación Folclórica CASTELO de Melide
    • TRAZANTES DE TENORIO de Cotobade
    • XENTE XOVEN de Cangas do Morrazo
    • Asociación Cultural XIRANDOLA de Bandeira

    Agardamos vervos alí!!!!

    Organiza: XIRANDOLA
    Colabora: Concello de Silleda

    Delegación galega en Lorient 2005

    Delegación, que vai representar a Galicia no Festival Interceltique de Lorient 2005 ano da Irlanda (do venres 5 ó domingo 14 de agosto).

    Stand de turismo (Turgalicia)
    Stand de artesans, Presedo/Seivane, ou, Seivane/Presedo.

    Concurso Mac Crimmon de gaita (sabado 6):

    Agustín SANCHEZ, da Cruña (tiña trocado o apelido por “Garcia”)
    Edelmiro Fernández, de Riveira
    Pablo Seoane, de Cacheiras – Teo
    Pedro Alvarez, de Nigrán

    Grupo de danzas:

    “C.C. A Ponte Vella”, de Reis – Teo

    Bandas de gaitas:

    “Manxadoira”, de Bueu
    “Xarabal”, de Vigo

    Grupos “folk”:

    “Xochilmica”
    “Anacos de Buxo”
    “Os Enxebres de Cacheiras”
    “Pepe Vaamonde grupo”
    “Carlos Núñez grupo”
    “Susana Seivane grupo”

    Saudade e terra hirmans,
    Nacho

    Curso de Construcción de Instrumentos con Jesus Reolid

    II curso de Verano de Construcción de Instrumentos musicales

    La construcción de instrumentos musicales es una apasionante tarea llena de magia, transformar la madera, darle forma buscando el fin último de hacer música, utilizando técnicas ancestrales, trabajar casi con la yema de los dedos, para percibir la textura, la calidez, el aroma de la madera. Técnica y cariño a partes iguales,
    elementos imprescindibles para este trabajo y la ilusión de convertirse en mago por unos días.

    Cada alumno diseñará el instrumento elegido, nos basaremos en modelos tradicionales o medievales en el caso de los rabeles, para la cítola diseñaremos a partir de las miniaturas de las cantigas, tamaño, afinación, proporciones,
    Construcción de un rabel de dos cuerdas, excavado en un bloque de abedul, con la tapa de abeto.

    – Diseño
    – Tallado del cuerpo, mango y clavijero
    – Tallado de la tapa
    – Tallado del diapasón
    – Puente, cejuela y cordal
    – Clavijas
    – Elaboración del arco
    – Encordar

    Construcción de una cítola basada en las miniaturas de las Cantigas de Santa Maria de Alfonso X. Tallada en abedul con tapa de abeto.

    – Diseño
    – Tallado del cuerpo, mango y clavijero
    – Tallado de la tapa
    – Roseta y barras
    – Diapasón
    – Puente y cejuela
    – Clavijas
    – Encordar

    El curso se realizará del 1 al 7 de Agosto en Pelayos de la Presa (Madrid)
    Precio con materiales y alojamiento incluidos

    Rabel 550 Euros
    Cítola 800 Euros

    Contacto: jreolid@zanfona.com

    Primer encuentro de musicos tradicionales en Fuente Olmedo

    Hola a todos:

    Sigo informando sobre este proyecto, ya tenemos la fecha, será el 25-26 de Junio.

    El encuentro discurrirá en Fuente Olmedo, un pueblecito de 60 habitantes situado a 6 km de Olmedo. Durante el día habrá un escenario con un equipo de sonido, para todo aquel que quiera subir a tocar o a cantar. Tambien habrá talleres de instrumentos como dulzaina, zanfona, redoblante, bailes tradicionales, etc. (mas adelante os diré los nombres de los profesores) así como una pequeña feria de artesanos de instrumentos.

    Disponemos de un albergue situado a 3 km de Fuente Olmedo, donde se puede alojar la gente que quiera pasar aqui los dos días a precios muy populares:

    Alojamiento, comida y cena del sábado, desayuno y comida del domingo, aproximadamente 40 euros.

    Para mas información podéis enviar un e-mail a esta dirección ramiro_gaiteiro@hotmail.com o llamar al teléfono 606 401 765

    Un saludo
    Ramiro González

    Un novo canto para o futuro!

    Encontrar un disco no que participan cincocentos intérpretes non é sinxelo. Se ademais é un proxecto realizado desde centros de ensino de dous países veciños celebrando un patrimonio oral común estamos sen dúbida ante un proxecto único no mundo. Por se fose pouco, este proxecto desenvólvese aquí mesmo, entre o Sur de Galicia e o Norte de Portugal, a partir da iniciativa “Ponte… Nas Ondas!“.

    Continue reading Un novo canto para o futuro!

    Mostra da oralidade galego-portuguesa

    Mostra da oralidade galego-portuguesa em Paredes de Coura

    A Câmara Municipal de Paredes de Coura, em colaboração com a EPRAMI – Escola Profissional do Alto Minho Interior, promove, nos dias 29 de Abril e 30 de Abril, a ‘Mostra da Oralidade Galaico-Portuguesa’. O objectivo é apoiar a candidatura de Património Imaterial Galaico-Português apresentada na UNESCO. O ponto alto da mostra é o Festival MOSTRA DA ORALIDADE, com a participação, entre outros convidados, do músico Luís Portugal e do grupo galego de pandereteiros “Eiravella”.

    www.opatrimonio.org
    TF. 00 351 251 78 01 25
    Continue reading Mostra da oralidade galego-portuguesa

    Un total de 65 grupos noveis competirán por actuar no Escenario Runas

    A aposta do Festival Ortigueira 2005 por reinventa-lo Escenario Runas para convertilo nunha auténtica plataforma escénica e mediática para os grupos noveis ou non consolidados da Península tivo unha notable acollida entre os destinatarios da iniciativa.

    Un total de 65 formacións musicais enviaron maquetas para participar no palco de tarde da cita folk, cifra que duplica a dos anos anteriores.


    Continue reading Un total de 65 grupos noveis competirán por actuar no Escenario Runas

    Novo C.D de Os Cempés: 11 anos

    Xa ese está a Fabricar o novo C.D. de os Cempés: 11 anos

    Atoparedes nel unha selección remasterizada dos tres primeiros Traballos publicados polo grupo ¡¡Opa iii! 1995, Capitan Re (1997) e Circo montecuruto (2001) e unha nova peza de regalo especialmente creada para celebrar e amplificar o evento:

    MISTERIO
    En este C.D. recopilatorio dos tres primeiros traballos de Os Cempés case imposibles de atopar nas tendas e sen proxecto de reedición aparece unha nova version do tema “A Carolina” do ultimo traballo Moe a Moa (2004) ¡ainda á venda!. na que colaboran tres grandes nomes da escea musical e mediática Mundial… Quen serán?

    CONCURSO
    Esa é a cuestión, o venres 29 no incombustible show TeleGaiteiro “Luar” desvelarese o segredo mais se pensades que podedes acertar eses tres nomes, mandade un e-mail ca resposta e o voso nome a info@oscempes.com e sabede que os 4 primeiros en acertar recibiran un C.D. firmado polo grupo e un poster de Os Cempés.

    NOVA WEB
    Sabede Tamén que Os Cempés “11 Anos” non se distribue en Tendas so nos concertos e para que teñades a oportunidade de mercalo iniciaremos unha minixira en Maio da que teredes as datas e lugar dos concertos na flamante nova páxina oficial do grupo: www.oscempes.com

    Tamén en esa páxina apareceran os gañadores do concurso, e as respostas que non acertaron (interesante non?), un taboleiro de libre opinión, a sección “A Taberna” onde atoparedes momentos reais e irreais de eses 11 anos en Audio, etc.

    VELAÍ-VAI MARUXIÑA MUEVETE. 1º cd de FIANDOLA

    Hai grupos que se manteñen como Fiandola e siguen a tocar, vaise un membro entra unha membra e Fiandola toca.

    Agora presentan o seu primero cd FIANDOLA: Alberto Barreiro, Santiago Budiño, Cris Sánchez, Lucía Vazquez, Manolo Cobas e Arantxa Alfaia.

    Nos agradecementos a todos os que fiaron en Fiandola: Carolina Nogueira, Xabier Diaz, Santi Cribeiro, Sergio Cobos, Cristina Nogueira, Pablo Diaz e Olga Kirk.

    Un feixe de músicos ainda en riba dos palcos. Que sexa por muito tempo!
    www.falcatruada.com

    Mutenrohi ultima o lanzamento do seu novo traballo discografico

    10 anos de existencia que o grupo vai a celebrar por todo o grande, coa edición de un CD-DVD moi especial. No CD atoparedes perto de 20 cancións que fan un percorrido pola história da banda dende os seus comezos, 10 de eles foron regrabados de novo, e 5 de eles o serán en directo. De ese directo se grabará un DVD o vindeiro día 18 de Marzo no Café Plaza de Ourense. Neste DVD ademáis se incluirán un par de videoclips e unha galería de fotos do grupo. Todo esto anticipa un verán longo de actuacións, entre as que cabe destacar unha xira polo sur de Francia que comezará na primeira semana de Xuño.

    [+ info: ZOUMArecords.com]