Jazz session no 1500

Esta Páscoa estive em Belmonte, perto da Covilhã, cidade onde nasceu Pedro Álvares Cabral, o descobridor do Brasil. No Ecomuseu há uma exposição sobre a descoberta tendo como fio condutor uma carta que Pero Vaz de Caminha, integrante da expedição, escreve ao Rei D. Manuel I, com data do 1 de Maio de 1500.

«E além do rio andavam muitos deles (indios) dançando e folgando, uns diante os outros, sem se tomarem pelas mãos. E faziam-no bem. Passou-se então para a outra banda do rio Diogo Dias, que fora almoxarife de Socavém, o qual é homem gracioso e de prazer. E levou consigo um gaiteiro nosso com sua gaita.

E meteu-se a dançar com eles, tomando-os pelas mãos; e eles folgavam e riam, e andavam com ele muito bem ao som da gaita. Depois de dançarem fez-lhes ali muitas voltas ligeiras, andando no chão, de salto real, de que se eles espantavam e riam e folgavam muito. E conquanto com aquilo os segurou e afagou muito, tomavam logo uma esquiveza como monteses, e foram-se para cima.»

«Nesse dia, enquanto ali andavam, dançaram e bailaram sempre com os nossos, ao som de um tamboril nosso, como se fossem mais amigos nossos do que nós seus.»

Pode tratar-se da primeira referência certa do uso da gaita na América e resulta alucinante pensar nesta espécie de fusão intercultural, do espantados que ficariam os indígenas e o grande arma danças que devia ser o tal Diogo Dias.

O texto completo pode ler-se aqui.
Mais nada, aguardo que vos pareça tão interessante como a mim.

José Luís d. P. Orjais.

Exito rotundo deste Pantagruélico v3.0

Nom há palheiro sem palha

Pareceme a min que esta edición Pantagruélica fixo gala do seu nome e non deixou indeferente a naide, polo menos das referencias que eu teño… boeno pois isto é que co gran ambiente vivido en xeral, ainda que a tocata estivese algo apagada, anunciovos que dende a organiçaçao deste ágape xa estamos a matinar na v4.0 pra limar imperfecións e darlle un acabado o mais parecido posibel ao tono perfecto…

Pantagruélico v4.0 xa es un proxecto e pronto sera realidade… preparadevos…

…Riiiiiiing acabou o tempo…

Nom há palheiro sem palha

O prazo rematou pequenos padawans do 6/8… o que non se apuntou até o de agora sentindoo un brazado… manha a meia manha chamarei ao restaurante para concretar o número de jaiteiros que degustaremos as delicias dun prato tan autóctono como farturento… e dos licores que como a musica non poden faltar a esta cita…

Boeno sen mais, deixovos os contatos por se alguén de ultimisima hora quere modificar a seu escolha… até as 12 da manha…

*655-822-003
*xian120@hotmail.com

Continue reading …Riiiiiiing acabou o tempo…

…trrrrrrrrr so faltan 3 dias

Segue sem hàver palheiro sem palha…

…Na minha incesante labor rememoradora, volvo a dicir que hoxe as 24 hrs remata o prazo de inscrición no Pantagruélico v3.0… por razons de organiçaçao…

Recordo os contatos:
655-822-003 // 660-327-594

Ou bem no e-mail: xian120@hotmail.com
Nom é por meter presa pero….¡¡¡APURADEEEE!!!

Saudos

Continue reading …trrrrrrrrr so faltan 3 dias

…so faltan 4 dias…

No, há palheiro sem palha

Jaiteirooooos so faltan catro dias pra este esperado evento… como anticipo digovos que de momento estamos sobre 30 folklórikos apuntados, recordade que mañá e o último dia pra anotarvos… douvos outra vez os datos…

  • Data do evento: Sábado día 25… ¡¡¡este que ven!!!
  • Lugar de saida: Conservatorio as 2:30, ou ben a esa mesma hora no Restaurante
  • Lugar da comida: A estación de Botos
  • Prezo: 20 ¤, (Inclúe todo o dun cocido de rigor…)
  • Os teléfonos de inscriçom: 655 822003 – 660 327594

Ou ben nesta dir: Xian120@hotmail.com
Espero as vosas confirmaçons prontinhooo…

…tres, dous, un… xa falta menos…

Nom ha palheiro sen palha…

A menos dunha semá pra que se celebre este evento gastronómico-musical-etílico-festivo quero comunicarvos que o emplazamento cambiou debido a unha serie de circusntancias circunstanciais que circundaron na “circuncision” do noso empeño de de celebralo Pantagruélico v3.0 en Lalin mesmo….

Polo que comunico oficialmente que:

  • O novo lugar é: Estacion de Botos
  • Que o lugar de saida sera o conservatorio as duas e meia ou ben no restaurante en cuestion.
  • O prezo sera caseque o unico que se manteña 20 euros, asi como as ghanisimas de festa a rachar.
  • Advirto tamen que o ultimo dia para confirmar asistencia sera o mércores dia 22 e que unha vez confirmado o pagamento sera ineludibel por cuestions obvias…

Sin otro particular, me despido

Parcelaria.com

A Asociación Cultural Fillos de Galicia ven de poñer en marcha un proxecto inédito no país: a Parcelaria Virtual!!!.

Dende o enderezo http://www.parcelaria.com convídase a Asociacións, Empresas, Organismos e particulares a facerse “cun anaquiño de Galiza” para, deste xeito, colaborar co mais grande Centro Galego Virtual que é Fillos.org.

Convídovos, folqueiros e folqueiras, a que botedes un ollo (ou os dous) ó web da parcelaria. Empezaron o outro día e xa levan vendidas media ducia de parceliñas.
Unha idea macanuda, sí señor!

FolkAntas

Alumnado do CMTF na gala da Gastronomia – Luar

VENRES 17 DE FEVEREIRO

Desde hà 4 anos o CMTF nom foi convidado á gala do cocido retrasmitida pola TVG, nen ao programa Luar.

Este ano participamos cuma cançom arranjada pola profesora de canto Guadi Galego e produzida por Pedro Pascual.

Muinheira de Cabaleiros.
Estará interpretada na gala por:

  • Begoña Fdez, Inés Portela, Uxía Cribeiro e Lola Fernández (vozes)
  • Gutier Alvarez (sanfona)

Apuntádevos ao Pantagruélico Cocido v3.0

Feeeeesta…

PANTAGRUeLICO
COCIDO v3.0

25 Febreiro
As 14:30 en… _As Vilas

COMEREMOS2, BEBEREMOS2, FALAREMOS e despois…
TOCAREMOS2, CANTAREMOS2, SEGUIREMOS BEBENDO2
MaIS TARDE O QUE QUEIRA… PODERa ASISTIR a PRoCESIoN DO
Sto. TORRISCO de SIRACUSA
NON TE PERDAS ESTA FOLIADA

PREZO POR PERSOA: 20 Euros
Anotadevos en: 655.822003 ou ben 660.327594

Pra evitar problemas pasados, pregase o pagamento no momento de se apuntar.

Continue reading Apuntádevos ao Pantagruélico Cocido v3.0

Apertura de Plicas en Pontevedra…

Ás dez desta mañá a mesa de contratación do concurso para a elaboración e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra, nun brevísimo acto, procedeu á apertura de plicas da documentación entregada polos licitadores.

As entidades que, finalmente, presentaron a súa candidatura foron:

    1. TEDAGA S.L.
    2. Asociación de Gaiteiros Galegos
    3. Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
    4. Xaquín Xesteira Losada
    5. Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra
    6. Xainco, ensino individualizado

A mesa de contratación, ao remate do acto, recalcou -nun acto de reafirmación- os criterios de puntuación, se cadra, porque durante a fin de semana a prensa é lida con moita máis atención e non pasaron desapercibidas as declaracións da AGG e os colectivos de música tradicional do Salnés que se publicaron en La Voz de Galicia e no Diario de Arousa.

Queres coñecer a Historia da Música Galega?

Matricúlate en historia da MúSICA GALEGA no CMTF DE LALIN

UNICO CENTRO DONDE PODERÁS COñECER O PASADO MUSICAL DO PAIS PARA CONSTRUIR O FUTURO.

Programa: Achegamento ás diferentes evolucións da música en Galiza tendo como principais pontos de atención a música da sociedade tradicional galega e a popular music.

Obxectivo: Proporcionar os recursos para desenvolver ou xestionar con éxito calquera investigación-producción fundamentada na documentación musical galega.

Metodoloxía: casos, traballos en grupo, audicións, explicacións do profesor titular e outros convidados…

Imparte: RAMOM PINHEIRO. (Director artístico de Ouvirmos SL, codirector do I e II Postgrado de música tradicional da USC, productor artístico do disco “O gaiteiro do Fragoso” de Henrique Otero, ideia orixinal do Ano da Música de Pontevedra)

horario mañá: 12-13horas dos sábados no CMTF
VEN Á AULA DE HISTORIA E APROVEITA O TEMPO PARTICIPANDO GRATUITAMENTE NO COMBO DAS 13.00 HORAS.

horario de tarde: 18-19 horas

matrícula: 127 euros ao ano

VEXASE PROGRAMA COMPLETO EN TEXTO EXTENDIDO:
Continue reading Queres coñecer a Historia da Música Galega?

Presentación do curso 05-06 do CMTF en Lalín

O sábado día 8 de outubro no auditorio municipal de Lalín Ás 17h, presentase o curso 05-06 do Conservatorio Folque de Lalín aos novos e antigos alumnos e alumnas.

  • Presentación do profesorado.
  • Presentación das produccións que realizará a asociación do cmtf neste vindeiro curso.
  • Entrega do premio “cesta musical” ao gañador do concurso promovido polo CMTF para a comunidade folque. Recibe o premio xan pampín de xochilmica por ser o usuario de maior actividade na comunidade durante este curso pasado.
  • Breve concerto folque.

Podes formalizar a matrícula ese mesmo dia na secretaria.

Aberto o prazo de matrícula no CMTF e na EFI

Aberto o prazo de Matrícula no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e na Escola Folque Infantil de Lalín até o 29 de Outubro.

CMTF


  • Linguaxe musical. (obrigatorio)
  • Historia da música galega. (opcional)
  • Instrumentación: gaita, flauta, canto, sanfona, diatónico, percusión (obrigatorio)

    EFI


  • Introducción á musica popular e á sua instrumentación.
  • Música activa: voz, movimento, ritmo, linguaxe.

    Enviar dados persoais a: conservatoriofolque@bandua.com
    ou realizar a preinscrición no centro lalinense. (Auditorio Municipal)
    [+ info: 627 934368]

    Presentación e comezo das aulas o 8 de Outubro 2005.

  • Continue reading Aberto o prazo de matrícula no CMTF e na EFI

    FESTA FOLQUE 25 DE JUNHO. 5º Aniversario do CMTF

    O CMTF celebra o sábado 25 de junho o seu 5º aniversário desde ás 12.30 h. da manhá até pechar a noite.

    UMA FESTA FOLQUE DIA E NOITE, NOITE E DIA.

    • Passeio Musical
    • Concerto no Palco da Igreja
    • Concerto dos nenos e nenas da Escola Folque Infantil.
    • Proxeccións
    • Baile // Serán Urbán

    Linho do Cuco: primeiro CD á venda

    O CMTF recomenda uma espécie musical Cuscuta Ephitumun: LINHO DO CUCO
    O seu primeiro CD jà à venda.

    Clarinete / Tuba / Diatónico / Requinta / Gaitas / Percusión / Irene Fuentes / Pedro Romeo / X.M. Troitiño / Carlos Quintá / Pablo Pardo / Manolo Vidueiros / Miguel Touriño som Linho do Cuco.

    Este disco é produzido por Pedro Pascual e colaboram nel Benjamín Otero, P. Pascual, Oscar Fdez e Chuco Estevez. Um disco que produce “efeitos euforizantes e supervigorantes” donde a música tradicional é uma vez mais o ecosistema.

    PRESENTACIÓN do II Curso de Postgrao en Música Tradicional Galega

    O II Curso de Posgrao en Música tradiconal Galega, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e no que participa o Conservatorio de Música tradicional e Folque de Lalín presentara-se o próximo VENRES 26 ás 16:00h no PARANINFO DA UNIVERSIDADE. (Faculdade de Xeografía e Historia).

    Na presentación, que está ABERTA AO PÚBLICO, haberá unha actuación musical do duo de violino e harpa formado por Alfonso Franco (Profesor de violino na Universidade Popular de Vigo) e Paula Oanes.

    Estarán presentes os distintos responsáveis académicos entre os que se atopa o Rector da U.S.C. Senén Barro, ou o Co-director do Curso Ramón Pinheiro, profesor de Historia da Música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

    www.cemt.com