SORTEASE UN SIFóN DO BAILE DE RUA – PORTADA do CD de MARFUL

Sorteio muito especial

  1. O superpolo da web de Marful foi criado por um artista e desenhador que está envolvido também no projecto de Aduaneiros sem fronteiras. Quem é?
  2. Quem foi o primeiro guitarrista de Marful. O nome do primeiro guitarrista começa por Mi.
  3. De quem é a letra da única cançom em francês do disco… bem, essa é fácil de encontrar.
  4. As fotos fôrom feitas em lugares muito relacionadas com a inspiraçom da música de Marful. Dónde?
  5. Quem inventou o mecanismo do sifom…?

O prémio é um desses fantásticos sifons que aparecem na capa do disco e assinado por toda e todos os marfules. O presente entregarase na rolda de prensa que o grupo dará na Chocolataria de Santiago de Compostela o dia 31 de xuño ás 12 horas.

Envia as tuas respostas e entra no sorteo en:
www.clubedefansdemarful.blogspot.com

RECOPILATORIO DE MúSICA EN GALEGO

A Coordinadora de Centros Sociais de Galicia (A Esmorga, A Revolta, A Reviravolta, etc… ) ven de publicar un recopilatorio de música en galego de grupos máis ou menos novos e máis ou menos consagrados.

GUEZOS aparece co tema que lle da o nome o seu disco TERRADENTRO.

Os grupos que aparecen son FESTICULTORES, CENK, GUEZOS, GALEGOZ, NAO, A MATRACA PERVERSA, PROJECTO GHARATÁ, POTEMKIM, A BANDA DE POI, NENO PETAKA, SKARNIO, OFENSIVA, OS TRES TREBÓNS, TINO BAZ e LAMATUMBÁ.

Un disco interesante para ver por onde vai a música en galego de hoxe. E a un precio máis que interesante. …de momento á venda nos Centros Sociais, pero todo chegará.

Un saúdo:
GUEZOS.

II XORNADA DO FOLKLORE E GAITA EN ORTIGUEIRA

A “ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA” ORGANIZARA ESTE SÁBADO DÍA 13 DE MAIO A “II XORNADA DE FOLKLORE E GAITA”

PROGRAMA
10:00h ALBORADAS

  • CHACARRANDAINAS (ORTIGUEIRA)
  • OS SUPLENTES (AS PONTES)
  • ZARAMBEQUES (ORTIGUEIRA)
  • NON CHO DIGO (COVAS)
  • BRISA DA CROA (LADRIDO)

12:00h PASARRUAS
As bandas sairán dende distintos puntos da vila rematando o seu percorrido na carpa situada na zona da Alameda.

  • BANDA DE GAITAS DE RIOTORTO
  • BANDA DE GAITAS DE LADRIDO
  • O SON DO SOR (O BARQUEIRO)
  • SAN XIAO DO TREBO (CARIÑO)

13:30h BAILE E CANTE TRADICIONAL
Unha mostra de baile e cante tradicional na carpa da Alameda a cargo do corpo de baile e grupo de cantareiras:
O SON DO SOR (O BARQUEIRO)

14:00h XANTAR POPULAR
Serviráse un xantar de confraternización na carpa da Alameda.
Tanto nos estable-cementos autorizados coma na carpa da Alameda, pódense adquirir os vales para o xantar por só 7’O0¤.

  • CALLOS (CUNCA CONMEMORATIVA)
  • EMPANADA
  • PAN E VIÑO OU REFRESCO

17:00h II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA”
Concurso para cuartetos e quintetos.

20:00 CEA POPULAR
Para facer frente á noite de concertos, serviráse unha cea na carpa da Alameda. Tanto nos establecementos autorizados coma na carpa da Alameda, pódense adquirir os vales para a cea por so 6’O0¤

  • CARNE o CALDEIRO
  • PAN E VIÑO OU REFRESCO

22:00h ENTREGA DE PREMIOS
Na carpa da alameda os grupos gaòadores do II Concurso de Música Tradicional “Escota de Gaitas de Ortigueira” percibirán os premios da man dos membros do xurado:
Ernesto Campos
Marcos Campos
Xosé M. López

22:30h NOITE DE CONCERTOS

  • Dúo DE ARPA CELTA E VIOLÍN
  • O LINHO DO CUCO (TERRÁS DO DEZA)
  • TROMENTELOS CHIS PUM (MELIDE)

Tóda-las actividades terán lugar na carpa situada no aparcadoin da Alameda agas o II Concurso de Música Tradicional que terá lugar no Teatro da Beneficencia.

Temario Entrevista, grabación.

Hola, como vin que o guión da entrevista sobre a partitura de Gaita do día 29 na Radio Galega tivo bastantes visitas máis despóis dese día que antes, mandareille unha grabación a quen queira poder escoitala outra vez.

Creo que se trataron algunhos dos puntos sustanciais dese tema dende o meu punto de vista, non en demasiada profundidade, pero foron citados.

Quen a queira, que se dirixa a min e mandareilla.

      agaitaenre@hotmail.com
      Alejandro Montes Fernández

saiu Marful

MARFUL
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

O interese pola expresión musical nesas décadas de cambio social e a confluencia entre a música rural e a urbá tinxen esta proposta de Marful facendo que sexa unha peculiar interpretación da música urbá con sabor a porto, a casa de indianos, a emigración, etc. Twist, tangos, habaneras e pasadobles forman este particular universo, cunha posta en escena que consegue a emoción no fío da ambigüidade e o resultado: unha elegancia irreverente.
Continue reading saiu Marful

XX Aniversario Agrupación Musical do Rosal

Agrupación Musical do Rosal

As Letras Galegas e o 20º Aniversario da Agrupación.
Xa fai tempo que tiñamos cavilado algo semellante pero non se daban as circunstancias, despois de ter unha xuntanza coa concelleira de cultura do Concello do Rosal e mostrando o seu interese por parte do seu departamento e dos alumnos e socios desta agrupación para organizar esta festa das letras.
Continue reading XX Aniversario Agrupación Musical do Rosal

Novas actuacións de Nelson Quinteiro

Despois da actuación no Café Alfaite de A Coruña en Homenaxe ao cantor José Afonso e á Revoluçom dos Cravos Nelson Quinteiro ten novas datas para presentar o seu espectáculo “Nelson Lines… Aerolíneas Quinteiro”.

Nestas ocasións o cantareiro fará diferentes paradas por diferentes oficios e realidades do noso país.

Canteiros, conserveiras, mariñeiros, miltares ou cregos pasan pola galería do cantareiro ao ritmo da súa propia voz…

VENRES 5 DE MAIO
Proxecto A Cultura Circula
Lugo. 13:00 do serán

DOMINGO 14 DE MAIO
Proxecto A Cultura Circula
Ourense. 20:00 do serán

MARTES 16 DE MAIO
Bar A Repichoca.
A Coruña. 23:00
Compartindo escenario co grupo de Pandereteiros “O tear de Llerena

Maio, maduro maio, maio longo, maio tolo… de seguro que haberá máis ocasións para ouvir as polifonías das Aerolíneas Quinteiro.
De momento… esto temos

Serán do “Mar de Rianxo”

Sábado, 27 de Maio do 2006.
No Campo de Arriba da Praza de Castelao celebrarase o primeiro Serán do “Mar de Rianxo” (Rianxo).

Organiza a Asociación de Música e Baile Tradicional “Vai de Roda” de Rianxo, agradecendo previamente a asistencia e participación de tóda-las persoas que queiran achegarse ata a nosa Vila para fartarse de cantar, bailar, tocar,… e pasalo de medo.
Continue reading Serán do “Mar de Rianxo”

Certamen EUROFOLKj 2006

Estimad@s amig@s:

Aqui os enviamos información del Certamen EUROFOLKj 2006 esperando
que sea de vuestro interés y con el ruego de que lo difundais entre
la gente que le pueda interesar.
Si lo deseais os podemos enviar el anuncio de convocatoria en:
Portugués, Euskera, Català, Asturianu y Galego.

Un saludo.
Continue reading Certamen EUROFOLKj 2006

Semana Sem televisão – de 24 a 30 de Abril de 2006

Provavelmente, todos sabemos que a televisão adquire um papel central no nosso quotidiano e na forma como se estrutura toda a “nossa realidade”. Contudo, eventualmente, nunca nos colocámos a questão mais contundente: Que papel?

Já desde 1999 que a AdBusters convoca a Campanha Internacional “TV Turnoff Week”, uma semana de reflexão e pausa sem televisão.

É precisamente com o intuito de lançar essa questão que o GAIA voltará a “fazer das suas” e mais uma vez, também este ano, será uma das organizações a festejar uma semana sem tv nas antenas e cabos portugueses. Mais informação em breve aqui no site.
Continue reading Semana Sem televisão – de 24 a 30 de Abril de 2006

Serán no Frendoal

Alégrome comunicarvos co día 29 de abril 2006 celebraremos un serán no Frendoal de Liméns (Cangas), onde a xente que queira pode tocar, cantar e bailar a ritmo da nosa música máis tradicional.

Tamén haberá viño e comida do país. Espero mirarvos por aló¡¡¡
Un saúdo

SUSPENSIóN DEFINITIVA da NOITE DO TRASNO 2006

Ola.

Supoño que escoitates moitos rumores e non sabíades se eran certos ou non sobre que a celebración de A Noite do Trasno 2006 corría perigo. Pois ben, hoxe, día 20 de abril de 2006 queda suspendida definitivamente esta edición e as vindeiras do Festival.

O problema é a denegación dos permisos por parte da Consellería de Medio Ambiente. Tras a presentación dun informe negativo e a correspondente contestación pola nosa banda, hoxe chegou a resposta ao noso contrainforme, denegando o permiso para esta e as vindeiras edicións do Festival.
Continue reading SUSPENSIóN DEFINITIVA da NOITE DO TRASNO 2006

OS MúSICOS GALEGOS ESIXEN á XUNTA MAIS APOIOS

RECLAMAN A CONSIDERACIÓN DO SEU TRABALLO COMO UN BEN CULTURAL E ECONÓMICO
Os músicos galegos esixen á Xunta máis apoios.

[19/04/2006 19:27] Representantes de grupos como Milladoiro, Mamá Cabra e Nova Galega de Danza e autores como Xabier Díaz e Amaro Ferreiro, reuníronse hoxe en Santiago co galo das súas respectivas nominacións aos X Premios da Música. Este grupo de músicos denunciaron o esquecemento que sufre a industria musical galega por parte da Xunta e reclamaron apoios como os que recibe o sector audiovisual, así como a consideración do seu traballo como un ben “cultural e económico”.
Continue reading OS MúSICOS GALEGOS ESIXEN á XUNTA MAIS APOIOS

Letras Galegas 2006

Agrupación Musical do Rosal
As Letras Galegas e o 20º Aniversario da Agrupación.

Xa fai tempo que tiñamos cavilado algo semellante pero non se daban as circunstancias, despois de ter unha xuntanza coa conselleira de cultura do Concello do Rosal e mostrando o seu interese por parte do seu departamento e dos alumnos e socios desta agrupación para organizar esta festa das letras.

Cremos que e un día moi importante no eido da cultura galega a parte de enxalzar a figura do persoeiro a que está adicado o día, tamén queremos amosar a nosa arte através da música e tamén recadar fondos para a Agrupación.
Continue reading Letras Galegas 2006