24/04/2006 – 05/05/2006 Ciclo Universium “Culturas posíbeis e imposíbeis. Cultura e Vangarda na Galiza do século XXI” [+ info: www.universium.uvigo.es] 05/05/2006 Ciclo Universium. Culturas posíbeis e imposíbeis. Xosé Luis Bará, Julio Gómez, Fran P. Lorenzo e Ugia Pedreira |
Información Riki López
Benquerid@s amig@s:
Esta semana dempois dun pequeno descanso voltaremos cun cantautor con humor Riki Lopez grazas á súa peculiar maneira de interpretar os textos das súas cancións, Riki aparece en varios programas televisivos de emisión nacional, tales como Calamar (Antena 3) ou El Club de la Comedia (Canal Plus e Tele 5).
Tamén ten colaborado como invitado habitual de Guillermo Fesser e Juan Luis Cano (Gomaespuma) no seu programa radiofónico de M-80.No seu espectaculo, este home con alopecia, tan capilar como lingüística, entrelaza as súas explosivas cancións cuns risibles monólogos que non teñen desperdicio. Desenvolve situacións coas que, por cotiás e intimistas, non custa esforzo ningún identificarse. Elas son o “telón de fondo” onde Riki fai o seu traballo. Nin un só dos seus cacahuetes vén sen chicha. Sera o venres 5 de Maio as 23 horas.
Os prezos 10 euros, 8 anticipada e 5 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com ou da sua www.rikilopez.com.
Continue reading Información Riki López
3º MANGUELO FOLK
O vindeiro día 27 de Maio na parroquia de Orazo do concello da Estrada (estrada N-525 a 30 km de Santiago e 30 de Lalín), a Asociación Socio Cultural COTO MANGUELO, organizamos o 3º festival de música tradicional e Folk MANGUELO FOLK.
Dende as 19.00 do serán ata que o corpo aguante. Contaremos coa actuación dos grupos:
Contaremos tamén coa exposición dos productos de varios artesáns (Mario Coiro, Elena Ferro, Sirves 31, Feitoamán, etc.) e tamén exporemos os mais de 300 debuxos que se presentaron ó 1º concurso de debuxo (o debuxo ganador e o que figura no cartel do festival). Contaremos con zona de acampada, aparcadoiro e cunha zona onde poder merendar ou cear (polbo, churrasco, xamón asado, bocatas quentes, etc. Todo a prezos populares. O campo da festa estará cuberto por unha gran carpa. |
Información Guadi Gallego e Guillermo Fernández
Benquerid@s amig@s:
Esta semana presentaremos o proxecto ESPIDO que supon unha caste de fusion por roce melodicoarmonico de dous musicos, Guadi Galego e Guillermo Fernández, compoñentes do grupo Berrogüetto. Unha mestura de creatividade que ven de dar lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abalorios: tan so unha guitarra -a de Guillermo Fernández-, unha voz -a de Guadi Galego- e algunha que outra programacion dan forma aos seus temas. Con este ESPIDO, Guadi Galego e Guillermo Fernandez véñense consolidar coma nomes destacados e de prestixio no panorama da chamada world music, desta vez cunha proposta chea de sinceridade, sinxeleza e coa unica complexidade do corazon e da esencia da musica feita dende Galiza e en galego. Será o venres 31 as 23 horas. Os prezos 8 euros, 6 anticipada e 4 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com.
Noutro orden de cousas, comentarvos tamen, que dende o primeiro de Abril o Liceum estara aberto tamen polas mañans, todolos dias ininterrumpidamente, dende as 8 da mañan ata as 2 da madrugada e as fins de semana ata as 3h30, estaremos ahi para o que precisedes. Por fin despois de moito tempo xa podedes voltar a desaiunar ao Liceum.
Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading Información Guadi Gallego e Guillermo Fernández
Información Mariana Abrunheiro
Benquerid@s amig@s:
Esta semana imonos a Portugal a presentar unha das ultimas propostas da sua musica Mariana Abrunheiro. Cantar o nome de Maria en varios rexistros e o grao cero deste proxecto artístico chamado “Marías”. Feminino sen ismos, o proxecto gaña corpo na voz de , alma cantante. Moitas veces, na(s) historia(s) da Música, encontrou o nome “Maria” aquilo que lle e debido: tributo lírico, homenaxe estetica, renda das palabras. Nomes de quen e o que forman toda unha constelacion, estrelas soltas que eran: Tom Jobim, Vinícius de Moraes, Zeca Afonso, Chico Buarque, João Gilberto, Zeca Medeiros, Máxime le Forestier, entre outras altas luces.
Unha revisitacion creativa ao lugar da Muller, sinonimo (mesmo civilizacional) de Maria. Este espectaculo forma parte do programa de actividades Mes Violeta que organiza a Conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza ao traverso da sua Direccion Xeral de Creacion e Difusion Cultural. Sera o venres 24 de Marzo as 23 horas. Os prezos 7 euros, 5 anticipada e 3,5 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com que estara actualizada esta semana.
Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading Información Mariana Abrunheiro
Os bos e xenerosos…
There isn`t barn without straw…
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a 3ª edición deste acto de homenaxe e recoñecemento anual. Cada ano escóllese a unha figura ou colectivo que, pola súa actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega.
Continue reading Os bos e xenerosos…
Nova programacion Bar Liceum do 17/03/2006 ao 12/05/2006
Benquerid@s amig@s:
Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comenza o venres 17 de Marzo e remata o 12 de Maio.
Unha vez mais atoparedes variedade nos actos que vos presentamos folk galego, musica popular portuguesa, hip-hop, musica de autor con humor, musicas do mundo e os inclasificabeis homes do Caiga quien caiga e remataremos presentando o Festival de Cans.
Continue reading Nova programacion Bar Liceum do 17/03/2006 ao 12/05/2006
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL LOMAX THE SONGHUNTER NO CGAI
Lomax The Songhunter (o cazador de cancións).
Paises Baixos 2004.
Dirección. Rogier Kappers. Producción Joost Verhey. Dur. 94 minutos.
Documental sobre a vida do etnomusicólogo Alan Lomax 1915- 2002, moi coñecido polos seus traballos de campo en Norteamérica, o Caribe, as Illas Británicas, Italia e a Península Ibérica.
Alan Lomax estivo no 1952 en pontos como Corcubión ou a Cañiza aos que volta Rogier Kappers para filmar os participantes nas grabacións orixianais de Lomax.
Este documental será presentado polo profesor de Historia da música galega do CMTF, Ramom PInheiro, o venres dia 24 de febreiro no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en Coruña ás 20,30 horas.
O “muíño ruxe” en Oleiros
Ola amig@s!
Anunciarvos que xa estamos de cheo no I Festival Galego de Cabaré.
Que comece o espectáculo!!!
Lembrade que esta tarde terá lugar ás 20:30 do serán e no recinto da casa Gullat (Nova Fábrica de Oleiros) a primeira conferencia do ciclo divulgativo con PATRICIA DE LORENZO e “O Cabaré en Galiza”
Seguiranlle mañá e pasado (mércores 22 e xoves 23) á mesma hora e no mesmo lugar as conferencias do GRUPO DE CABARÉ MANICÓMICOS e “O Cabaré dende dentro” e de PEPA YÁÑEZ e DAVIDE SALVADO con “O cabaré galego”
Para o venres e o sábado temos preparados dous grandes espectáculos:
VENRES 24. 22:00 Auditorio da Fábrica. CABARÉ NA FÁBRICA co grupo de cabaré MANICÓMICOS, PEPA E DAVIDE E MARICLOWN.
SÁBADO 25. 21:30 Auditorio de Mera. FEMME FATAL con JAZZ OLEIROS; AS SUPER PREÑADAS; ENDESEQUILIBRIO; PIA DE TOLOMEI; DIVINO MALABAR; DETOUR; MARTA PAZOS, PATRICIA DE LORENZO, YONI MEDIOGRAMO, GABRIELLA SACAUNTOS e algunha sorpresa máis como os gañadores do concurso de monólogos que fixemos dentro do obradoiro de Cabaré que tivo lugar a semana pasada.
Nada mais; lembrade que a entrada é gratuíta pero que tedes que reservar entrada. Podedes facelo no 666014494 ou chamando ao Concello de Oleiros.
Correde que voan!
Unha aperta e benvid@s ao Cabaré3
información Quico Cadaval + Carlos Blanco + Cool Hamster
Benquerid@s amig@s:
Esta semana duas estrelas dos escenarios galegos concedenlle ao Bar Liceum o privilexio de contar coa sua presencia, pero desta volta xuntos: Carlos Blanco e Quico Cadaval. Os dous cos que sempre puxemos o cartel de non hai entradas acompáñanse de Cool Hamster, unha banda formada por Ramón Orencio López Castro (Orence Jr. III “Mister Cool”), Xacobe Martínez e Michel González; trio de jazz/swing/blues . A rir sen pausa e con boa musica. Sera o venres 17 as 23 horas. Os prezos 12 euros, 10 anticipada e 6 para socios. As entradas estan esgotadas. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web: barliceum.com.
Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading información Quico Cadaval + Carlos Blanco + Cool Hamster
As músicas posíbeis
A tonada actual de Mariluz Cristóbal Caunedo, o pop fusión de Xabier Díaz, recitais de piano e guitarra clásica, o blues de Victor Aneiros Band, o rock de Beetle Judge, … son moitas as músicas posíbeis que van ter cabida no ciclo que hoxe presentou a Concellaría de Cultura de Ribadeo.
O ciclo Músicas Posíbeis durará todo o primeiro semestre, e comeza este domingo 19 de Febreiro coa actuación e Mariluz Cristóbal Caunedo.
Cada concerto custará 5 ¤ para o público xeral e 3 ¤ para estudantes, xubilados e parados. Quen o desexe poderá adquirir un bono para todas as actuacións, cos prezos de 25 e 15 ¤.
Boletín de Cultura do Concello de Ribadeo.
Taller de máscaras – Cantigas e Agarimos
Taller de Máscaras
Sábado 25 de febreiro de 2006
A Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos organiza un Obradoiro de Construción de Máscaras dirixido a rapaces e rapazas de entre 5 e 16 anos. Neste obradoiro, que coincide coas festas de Entroido, preténdese introducir ás rapazas e rapaces nas técnicas escultóricas relacionadas coa etnografía galega.
Continue reading Taller de máscaras – Cantigas e Agarimos
Festas Tradicionais Itinerantes VENRESPIRAR
Logo do éxito obtido o ano pasado, o Aula de Música Gómes Mouro e a Aso. Cult. Algaravía de Ourense, iniciamos un novo ciclo de Festas Itinerantes Tradicionais que demos en chamar:
VENRESPIRAR Convidámosvos a todos á 1ª Festa-presentación que terá lugar no Liceo Ourensán este venres día 3 de febreiro de 22:00 a 1:30 h . e que continuarán tódolos 1º venres de cada mes en diferentes locais da cidade de Ourense. Para máis información contactar en algaravia@gmail.com |
Continue reading Festas Tradicionais Itinerantes VENRESPIRAR
información PEPE VAAMONDE GRUPO
Benquerid@s amig@s:
Eiqui estamos un ano mais para cumprir coa obriga semanal de informarvos das nosas actividades. Esta semana abrira a nosa programacion Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é, ante todo, unha formacion folc pensada para o directo. Pero tamen son quen de realizar un traballo de estudo de grande calidade un dos ultimos discos saidos ao mercado galego (Onde nace o vento).
No novo traballo discografico misturanse os sons mais tradicionais da musica galega coas correntes mais vangardistas do folc europeo. Sera o venres 3 as 23 horas. Os prezos 6 euros, 5 anticipada e 3 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com que xa esta actualizada ou da sua pvgrupo.com.
Unha aperta moi grande
PacoQuintas
Contactos:
Paco Quintas: 986-330520 Traballo 986-330740 Casa 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras[at]barliceum.com
Paxina web: barliceum.com
Continue reading información PEPE VAAMONDE GRUPO
compartimos contigo a emoción
A Concellaría de Cultura presentou hoxe as súas propostas para o primeiro trimestre, nas que se manteñen as liñas que fan do noso Concello o referente cultural da Mariña galega e da Comarca Eonaviega asturiana.
Os concertos de Xabier Díaz e Mariluz Cristóbal Caunedo inaugurarán o programa MÚSICAS POSÍBEIS, o teatro de Lagarta Lagarta, Teatro do Noroeste e A Factoría (incluídos na Rede Galega de Teatro) serán os primeiros espectáculos de artes escénicas do ano, as curtametraxes volverán ao Cine Teatro na edición 2006 das Noites Curtas, as actividades nas parroquias chegarán da man do ciclo Máis perto de ti, …
Coma sempre, a aposta da oferta cultural é unha aposta pola calidade, a diversidade de propostas e o apoio á creación local. A cultura como emoción e valores para o día o día: compartida, cidadá, plural e aberta ao mundo, cos pés na Terra.
NOTA: Para ampliar a información sobre calquera das prpostas que figuran no dumento PDF que se achega, podes poñerte en contacto co técnico de Cultura, Xavier Campos, no correo cultura[at]ribadeo.org.
Nova programacion Bar Liceum do 3/2/2006 ao 10/3/2006
Benquerid@samig@s:
Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comenza o venres 3 de Febreiro e remata o 10 de Marzo.
Unha vez mais atoparedes variedade nos actos que vos presentamos a metade non son musicais (teatro, contacontos) e a metade musical (folk galego, jazz/blues, tangos e world music).
…
Continue reading Nova programacion Bar Liceum do 3/2/2006 ao 10/3/2006
Obradoiro de Cabaré
Ola amig@s!
Informarvos de que xa temos aberto o prazo de preinscrición para o
obradoiro de Cabaré que formará parte do I Festival Galego de
Cabaré “Cabaré3 Oleiros”.
O obradoiro terá lugar a semana do 13 ao 19 de febreiro, xusto unha
semana antes do Festival, que durará do 20 ao 25 de febreiro.
O lugar para o obradoiro será a Casa da Cultura de Perillo , na segunda
planta, nunha sala acondicionada para tal efecto.
O horario será de 16 a 20 horas, de luns a venres.
O curso estará complementado con postas en escena prácticas que terán
lugar xa no propio festival.
…
Continue reading Obradoiro de Cabaré
Programación Casa das Crechas Xaneiro 2006
Casa das Crechas ven de publicar na súa páxina web a programación para o mes de Xaneiro deste 2006. O centro da noite compostelá na zona vella terá para este mes:
Noite de Reises con Cabaret Daquí. Foliada todos os mércores [+INFO visita: casadascrechas.com] |
Letras Galegas
O día 17 de maio día das letras galegas está adicado a Manuel Lugris.
Por primeira vez no día das letras galegas a Agrupación musical do Rosal vai organizar na praza do Calvario a primeira degustación de rosca de rexóns con viño branco do Rosal, viño doce e chocolate.
Realizaranse obradoiros para nenos e nenas, conta contos, actuacións de grupos musicais da Agrupación que animarán durante todo o día.
Implícate!, Noite de música e palabra solidaria
Consagradas/os artistas participan o domingo 18 en Compostela en:
Implícate!, Noite de música e palabra solidaria.
“Implicadas/os no desenvolvemento” organiza este espectáculo que terá lugar no Auditorio de Galicia a partir das 20 horas.
Continue reading Implícate!, Noite de música e palabra solidaria
Convite para a presentación do libro Os Campaneiros de Vilagarcia
Edicións do Cumio, e no seu nome o director, Antón Mascato, ten o pracer de convidalos á presentación do libro OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA, que terá lugar na SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, o SÁBADO 17 DE DECEMBRO, ÁS 18:30 HORAS.
No acto participarán os autores Carlos Rey, Héctor Silverio e Paulo Nogueira, ademais de Carlos Valiñas, en representación das familias Valiñas e Carballa.
Actuación do cuarteto de gaitas FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
Continue reading Convite para a presentación do libro Os Campaneiros de Vilagarcia
Um pouquinho de brasil na Galiza
Pouquinho do Brasil
Ficades convidad@s à jornada galego-brasileira que se irá celebrar no centro social O Pichel no próximo sábado 17 de Dezembro.
O programa começa às 11h00 com a elaboraçom do jantar. Contaremos com a ajuda de pessoas nativas a orientarem.
…e depois, FESTA (admite-se música e qualquer elemento lúdico)
Entre o dia 19 e o dia 22 haverá um ciclo de cinema brasileiro no C.S O Pichel de que já vos informaremos.
Continue reading Um pouquinho de brasil na Galiza
As embalaxes da vida
Unha maleta, símbolo da viaxe, acompaña a nosa vida: nela gardamos aquilo que queremos levar connosco, a bagaxe do noso pasado. Embalamos os momentos importantes da vida para que non queden ciscados polo tempo. Viaxe como partida, como evasión, mais tamén interior, solitaria, vital: a viaxe da vida. A compañía Malalúa, unha das novísimas da escea galega, achégase a Ribadeo para mostrarnos a súa proposta, sen decantarse por ningún xénero en concreto e bebendo da pluralidade de estilos. Minimalismo, surrealismo, comicidade e risco.
Unha proposta diferente, para os que gostan de explorar e participan da construcción do sentido da obra.
DOMINGO 11 de DECEMBRO
Auditorio Municipal de Ribadeo
20:30 HORAS
Voltam os Cantos da Maré
Por segunda vez em Ponte Vedra bota a andar um concerto de músicas lusófonas que tem como denominador comum o mar e a língua. Será o 15 de dezembro no Auditório da cidade.
Já no ano 2003 houvo uma primeira ediçom desta iniciativa, dirigida e concebida por Uxía Senlle. Naquela ocasiom, contaram com artistas como a própria Uxía, o brasileiro Chico César, o moçambicano Astra Harris, o cabo-verdiano D´Jon Luz, o guineense Manecas Costa, a portuguesa Filipa Pais e o grupo de cabo-verdianas afincadas na Galiza, Batuko Tabanka.
Participarám no concerto deste ano a artista galega Uxía Senlle, o compositor e músico também galego Narf, o cabo-verdiano Tcheka, a portuguesa Dulce Pontes e a brasileira Renata Rosa.
Podedes consultar esta informaçom no Portal Galego da Língua e em Nordesía Produccións.
“a voz contra a violencia de xénero”
RECITAL NO CGAC As poetas contra a violencia do xénero [22/11/2005 14:16] Vieiros No acto participarán as poetas Ana Romaní, Antía Otero, Chus Pato, Enma Couceiro, Helena Villar, Marga Doval, María do Cebreiro, Marilar Aleixandre, Mª Xosé Queizán, Margarita Ledo, Marica Campo, Marta Dacosta e Yolanda Castaño. A música virá da man de Carme Dor e Ugía Pedreira, coa danza de Branca Novoneira. O recital celebrarase no salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, de Santiago o vindeiro xoves 24 de novembro ás 20.00 horas. |