Folque – the history of a Norwegian folk rock group

Ala polo 1972 nascia em Oslo o grupo “Folque”. 34 anos despois, o CMTF e o grupo Folque, convergem em internet. Que opinas?


Continue reading Folque – the history of a Norwegian folk rock group

Sanfonas asombrosas!!!

Alumnos de sanfona da escóla de música de Narón asombran no concerto de fin de curso 2004-2005 aos seus veciños con estas e outras pezas do repertorio
tradicional galego.

  • Danza do Entrenzado [MP3 3.91 MB]
  • Marcha Procesional [MP3 4.11 MB]

Linho do Cuco :: vals

Esta formación composta por duas gaitas, acordeón diatónico, requinta, clarinete, tuba, tamboril e bombo pretende recordar as murgas de principios do seculo pasado, pero cunha visión actual da música tradicional galega.

Escoita o MP3: Vals

Ouvirmos :: A Tiracolo

Ouvirmos é a primeira editora especializada en documentación musical galega.
Foi creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural
que nos conforma como comunidade.

Ouvirmos pon a disposición de folque.com unha mostra do seu traballo compilatorio da música tradicional galega. Trátase da colección “A Tiracolo
Continue reading Ouvirmos :: A Tiracolo

Marful :: o universo Marful

Marful está inspirado na música urbana dos anos 20-30, na introducçom das jazz-band em Galiza e na sua fussom coa música popular galega. Ritmos bailáveis de tradicción americana e europeia. Letras actuais, sociais, inteligentes e incluso ingénuas adereçadas com malícia. Música para sorrir, bailar, cantar e escuitar. Marful percorre os palcos no caminho da emoçom.
Continue reading Marful :: o universo Marful

Data Reset :: ao vivo

Data Reset ven de publicar no Net Label de alg-a.com a súa primeira referencia sonora.

Ao longo dos dous últimos anos lévanse celebrando na sala nasa jam sessions de diversos estilos musicais sempre abertos á improvisación sobre un pequeno e cercano escenario. Estas jams de música improvisada son abertas por unha banda anfitriona cada noite, cunha formación estable ou con compoñentes que se xuntan para a ocasión. A partires destas experiencias efímeras deuse a creación da formación itinerante que agora se apresenta como Data Reset.
Continue reading Data Reset :: ao vivo