O ARTISTA LALINENSE MISHA BIES GOLAS TEN UNHA HISTORIA DE AMOR

A Fundación Granell de Compostela acolle o dia 1 de xuño a exposición-presentación do libro Leningrad do artista lalinense Misha Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) e J. Carlos Rodriguez ás 20 horas.

Interpretará Pablo Doval (tuba) unha peza titulada Salve Venere, Salve Marte do autor John Stevens.

Unha historia de amor entre o collage e a poesia.

LENINGRAD

MISHA BIES GOLAS – XOAN CARLOS RODRIGUEZ
presentan no Verbum de Vigo (Casa das palabras, Av. de Samil 17):

L E N I N G R A D
o 28 de abril ao 28 de maio 2006 – exposición.

– alí estaba eu: súper-úvula-millas-por hora. Ti tímido ante tanto caucho.


Quem é Misha Bies Golas?
Para a comunidade folque o artista chamado tambem Miguel Calvo Ulloa, mestre de ceremonias do paseo musical o dia do globo, realizador da portada do disco de Grodan de Flo, artista lalinense.

Esta vez Miguel ilustra os poemas de Carlos Rodriguez e as suas ilustracións estarán expostas no Verbum.

Concerto de GAIDEóN

Concerto de GAIDEÓN o vindeiro venres, 17 de marzo, ás 23hs na Casa do Coto (Tomeza-Pontevedra)

GAIDEÓN é un dúo de gaita e acordeón que fan música do pais, dun xeito esencial, prescindindo de
calquera outro instrumento para a súa interpretación.

GAIDEÓN está composto por:
Coral Lago: Acordeón Cromático
Carlos Peixoto: Gaitas

GAIDEÓN musica popular galega
(+34)667.792.799 (+34)686.468.727
gaideon@gmail.com

Que Os Cempés quééé???

Pois que tocarán na excitante festa do augardente da Ulla o día 12 ne Marzo.

E en Oroso nun congreso internacional de periodismo e pesca. eeeh?
pois sí. Será o 6 de Maio.

E no verán xa hai 3 datas pechadas das que non teño os datos pero cando os teña xa se comunicarán, e perdón por non actualizar a web, e Serxo acaba de ter un fillo, e Cabe tamén, e que esperamos que todo vos vaia mui ben e patatín e patatán, etc, etc …

Opa e grassass tod@s….
Os Cempés

O dúo Fdz-Quintá comenza unha minixira de inverno

Dúo Fdz.-Quintá:

Oscar Fernández, Zanfona Eléctroacústica
Carlos Quintá, Acordeón diatónico

Tedes a opurtunidade de asistir a algún dos concertos de esta formación nas seguintes datas e lugares:

Febreiro

+24 Residencia da 3º edade Lalin (só para residentes)

Marzo
+03 Fene (O son de cociña)
+04 Santiago (gran baile asalto na Gentalha do Pichel)
+08 Ferrol (Manchita cosa)
+10 Allariz (Roi Xordo)
+17 Coruña (A Repichoca)
+24 Lalín (Barriga Verde)

+ Ourense (O Miudiño) Data sin comfirmar

Abril
+06 Pontevedra (Teatro Principal “ciclo Trad”)
+28 Naron (Auditorio Municipal, Encontro Coa Zanfona Contemporánea)

+Lalín Fogar de Breogán Data sin comfirmar
+Bertamiráns Data sin comfirmar

Continue reading O dúo Fdz-Quintá comenza unha minixira de inverno

XARNEGE + ZURGO

MARTXOA – MARZO 2006

  • Xarnege & Zurgo – Pamplona (Nafarroa) – Gayarre Teatro (22/03)
  • Xarnege & Zurgo – Sestao (Bizkaia) – Auditorium (23/03)
  • Xarnege & Zurgo – Gernika (Bizkaia) – Lizeo Teatro (24/03)
  • Zurgo — Estella (Nafarroa) … Teatro Los Llanos ( 25/03)

Mugarik gabeko musika
Música sin fronteras

Hungría sabe de fronteras. De hecho, sus fronteras políticas mantienen a casi cuatro millones de húngaros viviendo fuera del país, separados de los otros diez millones de Hungría. Los húngaros que viven en Austria, Eslovaquia, Ukraina, Rumanía, Serbia, Croacia y Eslovenia no han pasado la frontera nunca. Sus antecesores tampoco. La frontera ha pasado sobre ellos. Un solo grupo de húngaros vive desde hace largos siglos fuera de la madre patria: los csángó de Moldavia.

Zurgó interpreta la música tradicional de los csángó, un grupo étnico húngaro que ha sabido mantener vivas y pujantes su lengua, cultura y folklore ancestrales en Moldavia, dentro de Rumanía.

Sharnègo, es una palabra gascona que denomina tanto a los pueblos fronterizos entre Euskal Herria y Gascuńa, como a las familias mixtas vasco-gasconas.

Xarnege es un espacio de encuentro, no una mezcla. Un cruce de caminos, no un límite. Una mirada al futuro desde las raíces, no un museo inerte. Tierra de todos y de nadie. Un lugar en el que se comparte y se continúa la marcha de noche con el saco lleno de música de contrabando.

Zurgo y Xarnege: Dos propuestas musicales más allá de las fronteras geográficas… y mentales.
www.xarnege.com + www.zurgo.hu

PYRENE EDIT.
Tel 943640376 – jamz@telefonica.net

Bienvenidos a la Revolución Celta

FARDAXU en “SF MULTIESPACIO”

Luego de su primera gira por España y su concierto en La Trastienda, FARDAXU abre el año 2006 en “SF Multiespacio”. En el marco de la presentación de la edición española de su segundo disco “Revolución Celta”, FARDAXU participó del Festival Intercéltico de Avilés, en Asturias, España, junto a Carlos Núñez y al día siguiente cerrando dicho festival, el más importante del Principado. A su regreso celebraron su gira española con un concierto en “La Trastienda” y ahora realizarán su primer concierto del año, adelantando temas de su tercer disco.

Sábado 25 de febrero a las 22:00 en Cabrera 4948 (a dos cuadras de Plaza Serrano)
www.fardaxu.com

Os Carunchos – música popular galega

Ola amigas e tamén amigos caruncheiros, quedades todos convidados os próximos concertos de “OS CARUNCHOS” que de seguido vos indicamos:

  • Venres 20 de XANEIRO ············ “CASA DO COTO” (Tomeza)
  • Venres 27 de XANEIRO ··········· “TRISQUEL” (Cangas do Morrazo)
  • Venres 17 de MARZO ·············· “LICEUM” (Porriño)

Intentade espallar estas novas e cada día sexamos mais ghosando da nosa música popular e tradicional.

Un saúdo dos carunchos, ¡vémonos…!

NARF en Varsovia e Cracóvia

FRAN PEREZ

A música de NARF continúa trazando liñas no mapamundi nunha viaxe de sons que chega agora a Polonia. Recén chegado de Maputo (Moçambique) onde prepara o seu proxecto xunto ao grupo Timbila Muzimba, NARF en solitario chega ás cidades de Varsovia e Cracovia. Na primeira delas actuará o sábado 3 de decembro ás 18:30 no Klub Indeks (Ul. Krakowsbie Predmiescie 24/www.indeks-klub.pl), un dos espazos máis dinámicos da cidade polaca que conta cunha programación musical variada e contínua. En Cracovia poderán disfrutar do directo de NARF ao día seguinte, o domingo 4 de decembro ás 18:30 no famoso club de jazz U Louisa (Runek Glówny 13/www.ulouisa.com). Á volta de Polonia, NARF actuará en Queluz-Massaná, perto de Lisboa, no TeatroEsfera xunto ao actor e director teatral Quico Cadaval.

[+ info: www.psicofonica.com/narf.html]

A música galega está que se sae… e o folque avanza con outras sonoridades.
O folque vai mais alá da gaita e da pandeireta, porque folque é toda a música popular.
Desde folque.com seguimos tamén a Fran Pérez.

concerto de Nordestin@s en Mera [Oleiros] este sábado 26 de novembro

O vindeiro sábado 26 de novembro de 2.005, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio de Mera [Oleiros – A Coruña] un concerto de NORDESTIN@S:

Dúas voces galegas de máxima actualidade que modelan o repertorio mariñeiro do Norte: Guadi Galego (Berrogüetto) e Ugía Pedreira (Marful).

As dúas traballan xuntas no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, alí atopáronse e recoñeceron o seu universo mariño particular: O mar do Norte.

No seu concerto achéganse á súa infancia, á musica popular que lle transmitiron os seus pais: cancións populares dos 70, habaneiras, cancións mariñeiras, cancións de taberna… e xúntana coas súas propias composicións que tamén miran ao mar.
Todo isto envolto cos arranxos, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da Península, o lucense Abe Rábade.
A paixón das NORDESTIN@S mestúrase co jazz de Abe dun xeito espontáneo e natural.

Un piano de cola,
dúas mulleres con medias de rede
e unha escolleira, a escenografía do artista mindoniense, Caxigueiro.
Unha viaxe pola costa, da man dos sentidos norteños.

Para máis información ou entrevistas dirixirse a:

  • 627 903 958 Guadi Galego
  • 669 953 527 Ugia Pedreira
  • 686 900 208 Abe Rábade

    A venda de entradas efectuarase na taquilla a prezo de 1,20 ¤.
    Fotografía promocional Nordestinas [534 KB]
    Continue reading concerto de Nordestin@s en Mera [Oleiros] este sábado 26 de novembro

  • Xarnege. Música de contrabando.

    Pyrene Records presenta el concierto de Xarnege. Música de contrabando.
    Música tradicional de la frontera VASCO – GASCONA

    Propuesta de concierto del grupo «XARNEGE».

    Señores,
    Les enviamos adjunto un dossier de presentación del grupo de música tradicional vasco-gascón XARNEGE.

    Una visita sobre nuestro sitio Web les dará una idea de la música que propone Xarnege. En ella encontrarán criticas de prensa, así como reacciones del publico y organizadores de conciertos.

    Los diversos estilos que trata el grupo Xarnege en su concepción de estas músicas permiten no solamente clasificarlos como músicas tradicionales sino que se acercan también a las llamadas nuevas músicas (contemporáneas), neo-folk…
    Continue reading Xarnege. Música de contrabando.

    Nelson Quinteiro na Repichoca

    Unidade didáctica nº 1

    Este é o nome do actual espectáculo de Nelson Quinteiro, e que xa ten sido presentado en A Coruña, Vigo, Ferrol, Ordes e na XXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

    A seguinte parada será o xoves que vén, 17 de novembro no bar “A Repichoca” de A Coruña (R/ beiramar) ás 23:00.

    Trátase dun número a cabalo entre o monólogo, o recital, o contacontos, o musical, o cabaré ou incluso a performance.

    Nesta “Unidade didáctica nº 1” Quinteiro fai un percorrido polos diferentes xéneros da música tradicional galega, sobre todo da tradición oral, combinando contos, cantigas, ritmos orgánicos, caseiros ou pandeireta.

    Canteiros, conserveiras, labregos, cantares de cego, mariñeiros, feirantes, cregos, militares ou emigrantes van pasando pola galería do noso cantareiro nesta unidade didáctica que aborda dun xeito posmoderno o feito de sermos galegos.
    Galegos coma o grelo, coma a vaca marela, coma Fraga, PacoVázquez ou Raxo-y. Coma Ana Kiro. Coma ti.

    Nesta Unidade Didáctica até “Lluli Andrius” ou Heidi poden rematar sendo galegas… ou senón, como mínimo… parecelo…

    Nelson Quinteiro en Ordes

    Despois da boa acollida entre o público recibida en Ferrol, na Fundaçom Artábria temos nova parada para este espectáculo pandereteiro e interactivo que se vai enriquecendo de matices a medida que o vamos apresentando.

    O lugar sinalado para a próxima posta en escea será o BAR ORELLAS de Ordes, o venres 4 de novembro ás 22:30

    Monólogo… recital… unidade didáctica…? Xulgade por vós mesm@s.
    A seguinte escala será en A Coruña…
    Pero esa xa é outra historia…

    Nelson Quinteiro en Artábria

    Pois si amig@s… o sábado 22 de outubro, a partir das 22:30 deixareime cair cos meus trebellos pola Fundaçom Artábria, en Ferrol.

    Monólogo… musical… performance tradicional… non vos sei… xa lle deron vinte mil apelativos pero o caso é que nin eu mesmo sei como chamarlle a este “chou” que tamén outros denominaron “Pandeireta en modo interactivo”.

    Na hora e media que me hei de por diante vosa hei bailar un pouco de danza contemporánea… hei cantar… hei contar… e coa vosa axuda tentarei que cada un poña o seu granciño de area para falarvos un pouco do meu imaxinario personal.

    Pouco mais. Ou pouco menos, que é dabondo.
    Unha aperta e até o sábado, entón.

    PD: Si; o da foto son eu!

    Guezos en Agosto

    O grupo ourensán Guezos continúa a xira “Terradentro” en Agosto. As próximas citas son as seguintes:

  • 12 de Agosto. Praia de Beluso, Bueu. (Pontevedra) A Noite do Trasno.
  • 18 de Agosto. Cervexaria Jonh Mulligan. Ourense.*
  • 20 de Agosto. Moeche. Festival Irmandiños. (A Coruña)

    *pendente de confirmar.
    Máis info en guezos.com

  • Nelson Quinteiro, estreno en Coruña

    Xoves 21 de Xullo 22:30 horas no GARUFA (Cidade Vella. A Coruña).

    Actuación en directo de NELSON QUINTEIRO. Pandereteiro Interactivo.
    Entrada 3�.

    Mais: Despois de dez máis de anos de investigación sobre a tradición oral galega Nelson Quinteiro ofrece un novo espectáculo no que o ritmo é o protagonista… mais sen instrumentos. Espertando o ritmo que levamos dentro. Acción contemporánea, canto tradicional, contos de tradición oral e de autor, cantigas de cego, oficios populares… todo fusionado polo ritmo, nunha interpretación personal do que fumos, do que somos… da nosa identidade.

    Moitas gracias!!!

    Datas de Guezos en Xuño

    O grupo Folk Ourensán Guezos continúa a súa andadura por “Terradentro“.
    Esta vez, as citas son:

    – 18 de Xuño en S. Sadurniño. A coruña. (Sala DZine) entrada de balde. 12 da noite.
    – 26 de Xuño en Bueu. Pontevedra. (Sala Aturuxo) entrada 4 ¤. 9:30 noite.

    Máis información en http://www.guezos.com