COMEZAN OS MONOGRÁFICOS. 1º Construcción e mantenemento de sanfonas.

Curso de mantemento e reparacións na sanfona.
Impartido por Jesus Reolid. Luthier. Sábado dia 22 de xaneiro. Aula 1 do CMTF de Lalín.

O curso ten como obxetivo o aprendizaxe de técnicas de reparación e regraxe na sanfona, reparación de pezas e especificamente fabricación e axuste de cans, a pequena peza que produce o son do bordón rítmico.

Na noite do Sábado os participantes do curso, teñen a oportunidade de compartillar experiencias nunha CEA JAM-SESION a celebrar en Lalín. (cea- jam aberta para músicos e amigos comunicandollo aos organizadores o mesmo sábado no CMTF).

O número máximo de asistentes será de 15 e haberá prioridade pola seguinte orde: alumnado do CMTF, luthiers, e sanfoneiros que posúan a sua propia sanfona.

O profesor proporcionará o material necesario para o cursiño que será financiado pola matrícula.

Matrícula: 70 Euros / 60 Euros Socios do CMTF
Contacto: Oscar Fernández nº de Tfno 630 455781

ATENCIÓN COMEZAN OS MONOGRÁFICOS. FAI A TUA INSCRIPCIÓN NO E-MAIL:
conservatoriofolque@bandua.com DEIXANDO OS TEUS DATOS PERSOAIS.


————————————————————————

Horarios:
Realizarase o sábado dia 22 de Xaneiro en Lalín e constará de 13 horas lectivas repartidas como sigue:

Sábado:
10:30 a 14:20
16:30 a 20:30

Domingo:
11:30 a 14:30

Ferramentas:
Mini serrucho de costilla Wutto
Bisturí Nº 3 + 10 hojas
Tornillo de banco
Lima
Madeiras

————————————————————————

A Zanfona é un instrumento onde como moitos outros o regraxe das fontes de son e mecanismos que as controlan é fundamental, a peculariedade é que está composta por moitisimas pezas de madeira unidas entre si por cola ou tornillos e as mans do músico non controlan durante a execución directamente o contacto entre:

Roda e corda
Especa e corda
Can-corda-roda
…etc

Polotanto o regraxe previo á interpretación é fundamental e neste cursiño darase especial importancia ao “can”: a pequena ponte mobil que fai o ruidiño ritmico ao petar coa tapa. Do seu correcto axuste depende que poidamos aprender antes a usalo e a conseguir efectos mais complexos o que enriquecerá a nosa interpretación.