alg-a.com comunidade subacuática de arte dixital libre

EXTREMADAMENTE RECOMENDÁVEL:

Alg-a é unha superficie de comunicación sólida formada por organismos que fluen nas correntes alternas, mergulladas baixo a capa pastosa do composto petroartístico.

Alg-ures
Comunidade no oceano virtual de organismos e ideas na diáspora. Alg-a quere activar o potencial da arte galega esparcida e aparentemente transparente, aglutinandoa nun placton multimediatico que nutra as carencias da identidade creativa en galicia.

Alg-uen
A comunidade de buzos electrónicos decididos a abrir vías de auga no casco, esta composta por artistas interesados no extenso campo do arte dixital e libre.

Alg-a é unha plataforma aberta a novos mergulladores.

***************
Desde o CMTF o nosso saudo e parabens á toda á comunidade em especial aos primeiros que se dirigiam hà poucos meses polo bairro de S. Pedro para artelhar como comunicar-se com alguem, com algures com todas as algas livres.
O CMTF intentará estar no II Encontro que poderia ser perto do mar, ou nom?