A espresividade musical feminina

Peza representada na Algarabia de Lalín, 24 do 06 do 2001
Texto creado e representado por Ugia Pedreira e Olga Nogueira
Reproducese o texto sen as indicacions de posta en escena. Be free!

É posible que a primeira mostra e máis ancestral tamén da expresividade musical da muller galega sexa o aturuxo:

Aturuxo

Non debe pasarnos por alto a relación entre ese “berro seco”, hoxe estilizado e elevado qo rango de expresión cultural galega por excelencia, e o bastante menos estudado mas non por iso menos expresivo orgasmo feminino.

***

Obviando este dato dificilmente demostrábel, a primeira incorporación da expresividade musical feminina ao mundo artístico galego produciuse a principios do século pasado, coincidindo co rexurdimento de todas as nacións e nacionalismos e veu da man dos Coros Galegos.

Foi uma incorporación da muller real pero bastante parcelaria (coma a concentración), xa que só incorporaron mulleres anos despois da sua creación e somente a un sector delas: as burguesas. Incorporación das voces das mulleres burguesas mais ou menos ociosas (como corresponde á súa clase social) que se puxerom a cantar en galego (iso si, en galego, sem chapurrear) un repertorio de música tradicional con arranxos polifónicos, cunhas letras que amosabam a influéncia das emigracións transoceánicas e coa entrega e dramatismo da máis pura ranchera mexicana.

    Aquí tes o meu corazón fechadiño con dúas chaves
    Abremo e metete dentro, ai! Que tu soinho ben cabes

***

O segundo momento de inflexión chegou coas agrupacións da Sección Feminina de las J.O.N.S. Estas agrupacións que aínda chegan ata os nosos días, tiveron a bem pór algo de orde na ata enton desordenada vestimenta da muller galega. Acordaron orientala cara o dengue negro, saia encarnada (con dúas –non máis- fitas negras por baixo), zapato baixo e media calada…. ademais dos POLOLOS.

(Visualicemos por un momento os POLOLOS)

É de todos sabido que a muller galega sempre mexou de pé, mas o rexime estimou que este hábito as igualaba demasiado ao sexo dominante, sen ter en conta o que favorecía esta soltura determinados vicios… polo que favoreceu unha reordenación de roles que as faría evolucionar daquel estado primitivo inicial (aturuxo) a un estado muito máis á altura da súa posición social.

Imaxinemos unha parella de baile: el e ela (p.ex). Ela sentada cunha man apoiada na cadeira e a outra apoiada no chan. Comeza o baile e el da voltas arredor dela. Ela erguese un pouco mais fica cun xeonllo incado no chan (posicion xenuflexa). Ele continua a dar voltas darredor. Ela ponse de pé e comeza o baile propiamente a ritmo de: trinta e tres, trinta e tres, trinta e tres, con final en: un, dous, xuntos!

***

Alo polos anos 70 a muller galega adoptou unha outra posición no que se deu en chamar Nova Canción Galega ou a Canción Protesta (termo que xa non lle gosta a ninguém salvo algúm saudoso da UPG). Iso si, cómpre facer notar que esta foi uma incorporación máis a nivel do imaxinario colectivo ca da incorporación real da muller os escenarios sen prexuízos.

CANCIÓN – RECITADO – FINAL LACRIMOXENO

Este legado e incluso outros máis ancestrais…

ANCESTRAL, referente ao ATAVISMO.

ATAVISMO:

1. Biol. Aparición nun individuo de certos trazos hereditarios propios dun antepasado remoto, que permaneceron sen manifestarse durante varias xeracións. Ex. Os ollos azuis na familia. (mirada de desconcerto)

    Ollos verdes son traidores, azuis son mentireiros…

(canción seguramente rexistrada por Maria Ostiz como “Na Beira do mar”)

2. Fig. Tendencia a volver a un estado primitivo (aturuxo, -opcional-)

Primitivismo – atavismo – ancestralismo – peonismo!

***

Este proguesivo erguemento da muller galega foi recollido por Ana, unha artista que soubo forxarse o seu proprio estilo baseado na mestura do máis enxebre estilo rural galego e o máis cañí estilo taurino español, sen esquecer darlle un toque feminista (á súa maneira) como resposta ao machismo dos homes dos 70 (80, 90, 100…).

    El (cantante da Roda):
E o home ten un pauciño redondiño e regordiño co que bate na muller,
E a muller ten unha raxa e xuntos os dous na casa danse gusto cando quer.
-cando quer quen?

    Ela (Ana Kiro):
Pidechas o corpo neniño, estou disposta cariño a dar-che caña.
Como te me poñas a tiro vas a saber queridiño aquí quen manda.
-quen manda onde?
-quen manda aqui?

Este novo estilo foi imitado moitas veces por artistas posteriores ben en serio ou en broma que creron necesario darlle unha volta máis cara o terreo do pop, ou outra vez cara a copla española cunha estética mais marcada (sacando mais peito) e coa incorporación de coreografias que deixaban atrás o ar de muiñeira e introducían outros pretendidamente modernos: coreografias tipo yenka, raspita, aserejé… para que o público hiperactivo participe ou se divirta.

Referimonos ás artistas maternais mártires de Ana, martires da copla.

    Miña Galicia miña miña nai, Miña Galicia miña terra nai.

***

Chegados a este punto, non vos sorprenda estardevos facendo preguntas sobre as letras das cancións. É normal. Quen escolle as letras das cancións? Quen escribe as letras das cancións?

Se partimos da base de que dentro de cada galega hai unha poeta, aínda que só sexa polo mero feito de falar unha lingua tan poética coma o galego…, a resposta é obvia: calquera. Calquera pode escribir a letra destas cancións. Facer letras é ben doado:

-O primeiro paso é escoller a temática: amor ou natureza.
-O segundo paso é dar coas palabras axeitadas: agua, marea, bágoas, terra, mar e ar (a santísima trinidade). Tamén é importante empregar as palabras “corazón e alma”, alma? ialma?
-Depende da normativa.
-Corazón e alma sempre rimam con todo.

    (Alma para conquistarte corazón para quererte y vida para vivirla junto a ti)

-Outra opción é empregar palabras tipo exame de galego de 1° da ESO, ou sexa, teño que demostrarlle a profe que sei moitas palabras en galego: lusco e fusco, lóstrego, arco da vella, leixaprén, faíscas, muxicas, chouteira, leilía, anubía, pallamallada, milladoiro, noitarega, ardentía,…

No caso de que o noso autor/a teña título universitario pode optar polo erotismo liberado porque daquela xa ten ido a praias nudistas, coñece (ou debería) o sexo seguro fácil e rápido ou lento… e sobre todo non habita na vivenda familiar. Se é asi pode empregar palabras como: bragas, cona, o teu sexo por aquí o teu sexo por alá, regra…

Os teus dedos con regra na miña braga.
-Polla.
-Polla?
-Pola
-Pola?
-Pita.
-Pola -pita, pola -pita, polapita, caca, culo, pis…
-Peido!
-Ja, ja, ja!
-Xa, xa, xa!
-Ga, ga, ga!
-Gha, gha, gha!

En calquera caso, as palabras que se refiren ao sexo masculino non se empregan tan alegremente.

***

Tampouco debemos esquecernos das letras do país, do viño do país, do queixo do país, do Fogar de Breogán…
La, la, lala, lala – la la la laaaaaaaa
(non fai falta cantar a letra abonda con tararear a melodía)

As letras musicais sobre o país empréganse en xéneros como o rock, ska, jazz, hi-hop (ás veces de forma panfletaria)… na música tradicional non quedan ben porque total… en moitos casos xa vai cantado en galego total ou parcialmente e… xa é suficiente, ou?

Van cantandas en galego, recollidas a aborixes galegos e galegas puros, isto é, que non están afectados polos mas medias, nen polo bilinguismo (normal ou subnormal tamén chamado harmónico), a diglosia (triglosia, etc.)… e nen sequera polos achaques propios da idade (canto mais avanzada mellor) coma a perda de pezas dentais.

Mi metamorfosis es la tradición ya que la tradición es justamente cambio e reinvención de otra piel. No se trata de hacer cirugia estética ni de mutilación, sino de renacimiento. A nada renúncio, continuo.
Salvador Dalí

***

-Non soporto a palabra tradición.
-Reflexionemos sobre algunhas coplas tradicionais:

Puta tu, puta tu madre
Puta tu abuela y tu tia
Como no vas a ser puta
si vienes de la puteria?

A muller do tio Mateu xiromano meu ten unha xiroba
Que lla fixo o tio Mateu xiromano meu co rabo da escoba
A muller do tio Mateu xiromano meu ten un buraquiño
Que llo fixo o tio Mateu xiromano meu co seu barreniño.

Dous temas do repertorio galego interpretados por mulleres galegas contemporáneas e que queremos crer que non son entendidos polas súas interpretes. Ou si, e elas acreditan no factor hereditario da prostitución, e a “violéncia doméstica” (tortura e asasinato socializado) parécelles algo digno de ser cantado.

***

En calquera caso recomendamos unha mínima análise dos textos así como unha exploración das múltiples posibilidades anteriormente insinuadas dos longos alalá ah-ah-ah-ahhhhhs dos retrousos cantados por formacións femininas galegas por excelencia:

Muller con pandeireta na man. Liño sobre lá con estampados en levante. Dimensións: 110, 80, 110 Prezo: 30 euros (a pandeireta) 40 euros (a aborixe)

-40 euros á unha, seis mil ás dúas …alguén ofrece 45?
-O cabaleiro do fondo? Canto? 46?

Unha vez vendida a aborige avisamos que seguiremos reflexionando sobre o panorama musical feminino contemporáneo que a nós nos resulta tan próximo e pode dar lugar a certas susceptibilidades. Por iso nos gusta.

Somos malas, podemos ser peores.