BENJAMÍN OTERO. Música da última obra de MATARILE TEATRO.

PERSOAL DO CMTF de Lalín: BENJAMIN OTERO. (profesor de solfexo e jefe de estudios do Conservatorio oficial de Lalín).

“HISTORIA NATURAL (eloxio do entusiasmo)”.
Estrease do 26 ao 30 de Xaneiro 2005 no Teatro Principal de Compostela.

Un espectáculo que reúne teatro, danza e música en directo, integrado por un elenco de doce actores, bailaríns e músicos, que termina agora a segunda etapa de produción, despois dun mes de ensaios en setembro de 2004.

As descricións dunha historia natural e o entusiasmo como perseverancia do sentimento.

A mirada do que contempla o público desde o refuxio da privacidade. E ó revés: o xuízo social do acontecemento privado. ¿Onde remata o espazo público e comeza o privado?

A nostalxia continua dunha paisaxe perdida, dun espazo vital descoñecido pero sempre buscado. A eterna esperanza de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, “cando o bosque avance”.

MATARILE TEATRO Compostela “Historia Natural (eloxio do entusiasmo)”

Creación e dirección: Ana Vallés.
Actores – bailaríns – músicos: Daniel Abreu, Mariu del Amo, Helen Bertels, Lorena Cobas, Pablo Doval, Jose Mª Golmar, Roberto Leal, Daniel Moreno, Benjamín Otero, Emma Silva, Guillermo Weickert, Sergio Zearreta.
Iluminación, espazo escénico e deseño gráfico: Baltasar Patiño.
Textos: Ana Vallés – Peter Handke (citas).
Asistente de dirección: Miguel Muñoz.
Composición orixinal: Benjamín Otero.

Produción: IGAEM (Xunta de Galicia), INAEM (Ministerio de Cultura), Concellaría de Cultura (Concello de Santiago de Compostela), Teatro Galán, Matarile Teatro.
Colabora: Padroado de Cultura do Concello de Naron.