Curso de fabricación de cans: éxito

Pois si, o curso de fabricación de cans foi un éxito total, criámo-los cans, deunos traballo, os bisturis trabaron mais que os propios cans, mais ao final fumos capaces de amansa-los, (aos bisturis)…

Tivémo-la ocasión tamén de coñecernos entre nós e tamén a Jesús Reolid realmente un tipo entrañable, Luthier atípico, dos que non están obsesionados con ocultar os segredos da creación, porque saben que o camiño é longo e nun día e medio non se aprende todo ainda que sí moito, e todo é mais que moito… explícome?

 

Tamén comímo-lo cocido, as filloas co mel, e fumos bos, marchamos prá cama que o bisturí ataca con especial rabia aos que durmen pouco e non é cuestión de que un cursiño se convirta nunha carnicería.

Quedamos para outra, estade atentos este ano que os cursiños abundan:

– Xaneiro: Germán Diaz en Vigo.
– Marzo: en Naron con Gilles Chabenat.
– Abril: en Casavieja/Avila con Stephane Durand, de Lúgo ?????????

A aforrar e a reduci-los gasto fixos, (Café, Copas, etc,) que xa sabedes o ben que senta unha enchente de información zanfonil de vez en cando, e con monstros coma os de enrriba, mais).

Apertas e bicos.