O Entrudo. Sto Torrisco de SIRACUSA / COZIDO. 5 de febreiro.

14.30 h.
II Cozido de Entrudo do CMTF.
Lugar: O currás (no centro de Lalim ao lado do Casino)

Suspendem-se aulas da tarde salvo a EFI. Se queredes apuntar-vos ao cozido chamade antes da quinta ao organizador. (Xan. Tfe. 986 573099 / 660 327594) Prezo: 20 ¤

21.30 h.
Processom de Sto Torrisco de Siracusa, patrom dos gaiteiros/as. Leitura das coplas do Entrudo e percorrido do Santo polas capilhas-tabernas do povo.


———————————————————————————————–

Sábado dia 5 de Entroido:
ás 18h. da tarde diante da estátua de Loriga:
2ª gran farRapada.. os farrapos son de deseño escollido da prestixiosa firma Dezana Toypes. Estos farrapos seran levados o luns a Laza como donacion de Sto torrisco.

ás 21h. diante da Estatua do Porco:
presentación do motivo do Entroido deste ano.

ás 21.30 h. na Taberna da Praza:
inicio da Procesión de Sto Torrisco de Siracusa, patrón dos/as gaiteiros, con lectura das coplas de Entroido deste ano, Sto Torrisco percorrerá as seguintes capillas: Taberna Da praza, Palitos, Curras, Galopin, Taberna Café, Molinera, Astronauta (in memoriam), volta ó Palitos, e de aquí o Barriga Verde onde se fará a ascensión os altares do santo.

Mercores de cinza:
as 21h. desde o Km 0, Saída do Enterro.

Asinado. Kg.

[+ info]