Escola Oficial de Idiomas de Compostela + Aula de Canto do CMTF

2 cançons de Entrudo e 1 Canto de Aguinaldo de Cedeira

A aula de canto do CMTF desplazou-se á Escola Oficial de Idiomas de Compostela para interpretar duas cantigas de Entrudo: O Romance de Oza (Chouteira), Entrudo Chocalheiro (Brigada Vitor Jara) e O Canto de Aguinaldo tradicional de Cedeira.

As profesoras da aula de canto, Guadi Galego (piano) e Ugia Pedreira (pandeiro) acompañaron ás alumnas Inés Portela, Xan Herrera, Pilar Gzlez, Hortensia Fdez, Begoña Fdez, Martázul, Bea Diaz e Cheché Comojo.

A AULA DE CANTO ESPALLA O SEU CANTAR PARA QUEN O QUEIRA ESCUITAR
Aproveitan, improvisam e desfrutan cantando nos ciclos do ano, nas escolas, nas fundacións como a Solaina de Piloño, na presentación do libro de José L. Forneiro, nos recebimentos, nas ceas, nas jam-sesións, no escenario, nos patios, na rua, nas casas de baño, …

CALQUER MOMENTO É BOA DISCULPA PARA CANTAR
Grazas á complicidade e cariño do público que estivestes ali.
Foi o dia 3 de febreiro ás 20.30 h. na Escola Oficial de Idiomas.
10 minutos de música galega para 100 estudiantes de idiomas.

“se canto chamam-me tola
senom canto som cobarde
se bebo vinho borracha
senom bebo miserável”

“a cantar ganhei dinheiro
a cantar se me acabou
o dinheiro bem ganhado
agua bem, agua o levou”

EN COMENTÁRIOS SEGUIDE VOS…