VEN-RES-PI-RAR os 2os venres de cada mes a Ourense

VEN-res-pirar

Recuperadas xa (agardamos) as forzas logo do entroido, e coa idea de nos xuntar periódicamente a xente que fai música e baile tradicional en Ourense, a Asociación Cultural Algaravía e a AULA DE MÚSICA TRADICIONAL Gomes Mouro comprácense en vos convidar ás xuntanzas mensuais que imos realizar en distintos locais da nosa cidade de Ourense o segundo venres de cada mes ao mes até xuño…

Deixa o stress de lado, ANÍMATE E VEN-RES-PIRAR !!! nesta festa tradicional itinerante…

Gostaríanos contar con xente-grupos-pandereteiras-bailaríns-persoas humanas de tódo-los rincóns do país, así que anímate e contacta con nós para participares como “convidado”, quen sabe se cear “de moca”, e para buscar-te, se o precisas, un sitio donde caer durmid@ sen “perigo” de colle-lo coche de volta…

Saúde e música pra tod@s.
Fran X Gomez
AULA DE MÚSICA TRADICIONAL GOMES MOURO – OURENSE

Contacto e información: gomesmouro@tiscali.es
Mais información: www.gomesmouro.tk