Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón

Encontro coa Zanfona Contemporánea
Auditorio Municipal de Narón 12 e 13 de Marzo.

Curso de Zanfona, Imparte Gilles Chabenat.
Sábado 12 de Marzo de 15h:30 a 19h:30
Domingo 13 de Marzo de 9h:30 a 14h:00 e de 15h.30 a 18h:30

Conferencia: "A Zanfona na Peninsula Ibérica" por Julio
García Bilbao
.
Domingo 13 ás 20h:00

Concerto: Trame
Gilles Chabenat Zanfona Electroacústica.
Alain Bonnin Piano.
Domingo 13 ás 21h:00

Organiza:
ACMTF, Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque.
Subvenciona:
Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Precio curso: 60 Euros / 50 Euros asociados á ACMTF.
(É imprescindible dispoñer de instrumento propio, aloxamento e
comidas non incluidos)

Inscripción:
Envía os teus datos…
Nome e Apelidos:
Dirección:
Nº de Tfno:           E-Mail:

E un xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031 de Caixa Galicia

A este enderezo:
Auditorio Municipal
Plaza de Galicia s/n
CP 15570
Narón (A Coruña)

Ou a este Fax: 981 384 829

Indica se queres reservar unha habitación para a noite do Sábado:

  • Individual [ ]
  • Doble individual [ ]

    Información:
    i.lopez@concellodenaron.com
    tfno: 981 391 144



  • Trame:

    Gilles Chabenat Zanfona Electroacústica.
    Alain Bonnin Piano.

    Gilles Chabenat:

    Orixinario do Berry (centro de Francia) é un dos intérpretes
    de zanfona más recoñecidos do mundo, leva tocando este instrumento dende os 12 anos no grupo tradicional "Les thialins de lignieres",
    mais adiante forma un trio de xovens zanfonistas da rexión, "Les
    ecoliers de Saint-Genest", e varias experiencias mais con Frederic Paris,
    Michel Pichon…

    Ten editados 5 discos dende o mais tradicional : "Musiques pour Vielle
    a Roue". A dúo co clarinetista Frederic Paris, "de lŽeau
    et des amandes", mais tarde "movements clos", unha experiencia
    ca electrónica con Edouard Papazian "le traité des songes"
    e co pianista Alain Bonnin, "Trame".

    Ten participado en grabacións i en concerto con artistas como Sting,
    Gabriel Yacoub, Kepa Junquera.

    Actualmente combina concertos en solitario, co dúo "Trame"
    con "I Muvrini", cursos por toda europa, e colaboracións con
    moitos músicos da actualidade .

    Alain Bonnin:

    Pianista da rexión Parisina cunha formación influida polo jazz,
    o rock, habitual da escea africana de Paris, (acompañante da cantante
    de Benin Angélica Kidjo), tamén acompañou a Peter Gabriel.

    Trame:
    Gilles Chabenat e Alain Bonnin conócense en 1995 como compoñentes
    do grupo corso "I MUVRINI".
    A evolucion de Gilles Chabenat na súa carreira , queda reflexada en concerto
    cunha selección de composicións nas que os dous instrumentos,
    piano e zanfona, se funden perfectamente así como as tendencias e orixes
    musicais dos dous músicos.

    Colaboracións:

    Gilles Chabenat, Zanfona

    1992 I Muvrini
    Gabriel Yacoub
    2000 Sting, Denis Badault
    2001 Kepa Junkera
    2002 Jean-Jacques Goldman
    2003 Jean-Marc Padovani

    Alain Bonnin, Piano

    1992 Angélique Kidjo
    Peter Gabriel
    I Muvrini
    Marcel Azzola
    2000 MC Solar
    2001 Stéphan Eicher