5 de MARZO comezan 3 MONOGRÁFICOS:

CURSO DE PANDEIRETA. Xurxo Fdez. Trebón.
do 5 de marzo ao 30 de abril ás 19 horas

DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN POR ORDENADOR. Nacho Muñoz.
do 5 de marzo ao 28 de maio. 16h / 17 h

AS CULTURAS MUSICAIS EN GALIZA. Ramom Pinheiro.
tarde do 5 de marzo de 16 a 19 h

  • Curso de Pandeireta. Xurxo Fdez. Membro do grupo Trebón. Postgrao en Música tradicional galega pola USC.
    (para iniciados/as ou non) Pontos a tratar no curso:

    • A forma básica musical da cántiga e as variantes segundo as zonas.
    • O método de transcrición.
    • O último eslabón da cadeia de transmisión oral: as gravacións de campo.
    • Xénero e tipo de músicas coas variantes locais: muiñeira (riscada, empuñada…), jota (maneo, pateado), agarrados (paso-dobles, valses…) e cantos libres.
    • A coincidencia temática da literatura oral galega con outras culturas europeas.

Lugar: Aula de canto do CMTF ás 19 horas.
Prezo: 30 ¤ mensuais sócio-a // 40 ¤ mensuais non sócios-as

********

  • Curso de composición e improvisación por ordenador. Nacho Muñoz. Compositor, músico e productor. Ten trabalhado com Uxía Senlle, Mercedes Peón ou J.M .Budiño. Compositor da Opera off. (ver mais en www.alg-a.com)
    (para iniciados/as ou nom)
    Curso desenvolvido na comunidade web na secçom de monográficos.

Lugar: Local folque. Elixe horário: ás 16 horas ou ás 17 horas.
Comeza o dia 5 de marzo e remata o 28 de maio.
Cada alumno/a levará en formato cd á sua obra composta ao rematar o curso.
Prezo: 30 ¤ mensuais sócio-a // 40 ¤ mensuais non sócio-a

********

  • Curso teórico sobre “As culturas musicais en Galiza”. Ramom Pinheiro. CMTF, Ouvirmos.
    Aproximación, circunstáncias e principais características da:

    • música de tradiçom oral
    • música popular urbana
    • música académica
    • música na emigraçom

Lugar: aula 1 CMTF. De 16 a 19 horas.
Prezo: 30 ¤ sócio/a // 40 ¤ non socios/as.

********

INSCRIPCIÓN EN: conservatoriofolque@bandua.com
deixando os teus dados persoais.
[+ info: 627 934368]

PAGAMENTO INTEGRO de todo o monográfico antes da primeira aula