Linho do Cuco …concerto en Barcelos

O pasado 11 de febreiro (sexta feira) Linho do Cuco, convidados polo CMTF de Lalín, actuamos no concerto de clausura das “Xornadas de Metodoloxía Kodaly” que organizou o Conservatorio de Barcelos realizadas no Auditorio da Biblioteca Municipal da cidade.

O Conservatorio de música de Barcelos estaba interesado en amosar aos asistentes, o traballo que en Lalín está a desenrolar o CMTF, como exemplo de que a música tradicional, aparte de server como recurso educativo, ten un valor en si mesma, e pode ser tratada coas mesmas consideracións que calquer outro xénero.



Entre peza e peza fomoslles explicando o funcionamento do conservatorio (materias e plans de estudio, horarios, actividades paralelas…). Tamén aproveitamos para presentar o que será o noso primeiro disco proximamente á venda.

O público muito interesado rematou facendo bater as mans ao ritmo dos “bailáveis”, que lles agradecemos con algún que outro “bis”.