Festival ALT.05. Teatro e danza en Vigo.

IV Festival Alternativo de Teatro e Danza.
Programa “Soas en escena”


Foto: Lola Correa

O programa especial “SOAS na ESCENA” reúne a un grupo de actrices, directoras de escena e dramaturgas que estrean os seus unipersoais, creados para a ocasión.

Este encontro desenvolverase durante cinco días consecutivos, dos que o derradeiro será un traballo en grupo.

Cada xornada abriralle ao público a posibilidade de entrar nun espazo único e íntimo no que unha muller-actriz mostrará toda a súa forza e sensibilidade na soidade do escenario.

Prezo: 5 ¤.
Bonos: Free-Tiket 5 bonos 20 ¤ para usar cando se queira.

  • 08/03/2005 Alicia Gómez (“Soas en escena”)
  • 08/03/2005 Luma Gómez (“Soas en Escena”)
  • 09/03/2005 Viviana Figueroa (“Soas en escena”)
  • 10/03/2005 Lola Correa (“Soas en escena”)
  • 11/03/2005 Pepa Plana (“Soas en escena”)
  • 12/03/2005 Mercé de Rande (“Soas en escena”)

[+info]