Zanfona, unha máquina de picar.

Pablo Giraldez fixo o deseño do 1º Encontro de sanfona contemporanea realizado esta fin de semán do 12 ao 13 no Concello de Narón.
Pablo Giraldez, O Pastor traballa nos deseños do CMTF, fixo a portada do Circo Montecuruto de Cempés, as tres portadas de Chouteira, o deseño do festival de Títeres de Redondela, a reproducción das caretas de Castelao para o CDG, cenografia para teatro, deseños para a discográfica Boa. Parabéns Pastor.

A sua antiga máquina de picar mercada hai mais de 25 anos en Uruguai por unha emigrante galega -Marité la de Cabezo de Redondela- é a imaxe que nos leva a Narón donde as rodas non deixarán de xirar como os galegos/as que andam polo mundo e os cans non deixarán de ladrar.
Parabéns Pilar Araujo, a filla de Marité.

Narón, 20 zanfonas vindas de distintos puntos do pais.
Organiza: Asociación do CMTF. Promove: Concello de Narón