RE ELABORA SONS. Espectáculo folque do CMTF de Lalín

Desde o ano 2000 que nace o CMTF o alumnado dirixido por Roberto Sala ensaia cada sábado ás 13 horas no combo, un espacio aberto a todo aquel/la que queira tocar en grupo.

No 2001 o centro forma unha Orquestra Folque e publicita-o na matrícula dese curso. A Orquestra actua em Ourense principalmente.

No 2004 diseñase o primeiro Espectáculo Folque debido á grande creatividade e potencial do alumnado e profesorado de Lalim. Este espectáculo aberto e dinámico reflexa a filosofia e o ambiente do centro. O centro recebe a visita de muitos profesionais de vangarda da música folque europea, en parte debido á organización dos monográficos, este intercambio de coñecimentos fai medrar a REELABORASONS. Agora RES está deseñado para ser visto e ouvido aló donde queira chegar.

30 DE ABRIL EN PONTEVEDRA no Teatro Principal ás 21.00 hs dentro do Ciclo TRAD.

Re-elabora-sons

O alumnado e profesorado do CMTF de Lalin presenta o seu primeiro espectáculo folque, unha iniciativa onde o público poderá disfrutar da integración de varias linguaxes artísticas. Un espectáculo actual, xoven e dinámico donde se integra a imaxen, a música, o baile e a palabra construido a partir da creatividade e formación dos músicos desta escola.

Reelaborasons (R.E.S) é o espelho do CMTF de Lalín, un centro vivo con interese pola música, a posta en escena, as letras das cancións, o deseño gráfico, o patrimonio inmaterial galego, o vestiario, a ornamentación, o audiovisual… é dizer, un espectáculo que reflexa as inquedanzas da xuventude deste novo século.

RES conta coa participación de grandes nomes da escena folque galega como son Guadi Galego e Quim Farinha de Berrogueto que prepararon para esta ocasión duas cancións con alumnos do CMTF acompañados pola guitarra de Pedro Pascual.

Un total de 35 músicos darán vida a un espectáculo contemporaneo baixo as imaxes do artista pontevedrés Isaac Cordal (video jokey da obra de Carlos Blanco “Dillei” e fundador da comunidade alg-a.com) que rememoran as postais e imaxes dos anos 60 e 70 tipos del pais, festas populares, … misturanse coa obra visual do pontevedrés Isaac Cordal reelaborando imaxes e son.

O repertorio de Re-elabora-sons é variado e vindo de distintas fontes documentais, desde a composición actual pasando por temas clásicos da música galega. Re-elabora-sons a música tradicional e folque está levada ao escenario amosando a esencialidade da expresión e da emoción. Da emoción que envolve a esta xeración de artistas galegos.

Instrumentación: gaitas, acordeóns diatónicos, sanfonas, percusións, voces masculinas e femeninas, violinos, violonchelo, oboe, guitarra acústica, flautas.

  • Guión e Dirección: Ugia Pedreira / Xurxo Troncoso.
  • Producción: Pilar Araujo.
  • Arranxos musicais: Pedro Pascual, Oscar Fdez, Roberto Sala, Edelmiro Fdez, Guadi Galego, Francisco Estevez, Xurxo Troncoso, Ugia Pedreira, Benjamín Otero.
  • Vestiario deseño: Pancho La Peña.
  • Espacio sonoro: Ug.
  • Documentación música e imaxes: José Luis Dopico Ramom Pinheiro / Olimpio Giraldez.
  • Vj: Isaac Cordal.
  • Técnico de son: Ramom Son.
  • Som e iluminación: Kachet.
  • Colaboracións: Guadi Galego e Quim Farinha.

Contratación RES: tlfe. Producción. 665 94 25 55 // 986 75 00 53

Re-elabora-sons