MONOGRÁFICO: AS LETRAS DAS CANCIÓNS. Carlos Santiago

Sábado 2 de abril. De 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.

AS LETRAS DAS CANCIÓNS. Carlos Santiago.
Carlos Santiago (Compostela, 1966) desenvolve a súa actividade principalmente no campo das artes escénicas, como dramaturgo, letrista, intérprete, músico, técnico e director escénico. Dende 1997 reparte o seu traballo entre Galiza e Portugal, colaborando regularmente con compañías teatrais, grupos de música e outros proxectos artísticos do país “transminhoto”. Como escritor e activista cultural colabora en distintos médios, forma parte da redacción da Revista Animal e do colectivo Burla Negra, e é cantante e letrista da Psicofónica, a banda de rock mais taoísta da Galiza. Autor dun bo feixe de espectáculos teatrais, é tamén un vicioso do stand up e o monólogo sarcástico forxado no forno irreverente das Ultranoites da Nasa (Compostela).

As letras das cancións
Tomando como referencia a canción como unidade expresiva da música popular, o monográfico pretende explorar distintos xogos de composición poético-musical dende unha óptica contemporânea, especialmente aplicados ao âmbito da língua galega. Trátase de investigar a “musicalidade” das palabras a partir de xéneros ou estilos musicais tan diversos como o pop, o rock, o hip hop, a música tradicional ou a poesia fonética.

Inscrición: conservatoriofolque@bandua.com / tlfe.: 627 934368
Prezo: 30 euros asociados-as / 40 euros non asociaciados-as / aula de canto cmtf prezo reduzido.