Guía rápida de HTML

Pequeno Tutorial feito para fomentar o uso do HTML dentro e fora de folque.com

Fundamentalmente o HTML en folque.com emprégase como posibilidade no envio de novas. Saber usalo permiteche organizar mellor e ter máis control sobre a información que facilitas.

Guía rápida de HTML

1. maquetación de texto:

• negrita:
etiquetas texto
[bold] ou texto
resultado: texto

• cursiva: etiquetas texto
[italic]
resultado: texto

• subliñado: etiquetas texto>
[underline]
resultado: texto

• cabeceiras predefinidas: etiquetas
texto

texto

texto

… [header n]
resultado:

texto

texto

texto

• tamaño de texto: etiqueta
+ atributo texto,
texto,
texto

resultado: texto,
texto, texto

• cor de texto: etiqueta
+ atributo texto,
texto,
texto

resultado: texto,
texto, texto

• indexación de liñas: etiqueta única
texto
01
texto 02

texto 03 … [leva salto de liña asociado]
resultado:

• texto 01
• texto 02
• texto 03 …
• indexación de liñas con tabulación: etiquetas

texto
01
texto 02

texto 03 …
[leva salto
de liña asociado]
resultado:

• texto 01
• texto 02
• texto 03 …
• salto de liña: etiqueta única

2. ligazóns

• ligazón interna: texto
[envio directo]
resultado: texto

• ligazón externa:
texto
[envio indirecto, abre xanela de navegador]
resultado: texto

3. imaxes

• imaxe externa: etiqueta única
[para saber a URL da imaxe (texto en azul), sobre ela, indica
"propiedades"]
resultado:

• imaxe externa ligada: etiquetas combinadas:

[para saber a URL da imaxe (texto en azul), sobre ela, indica
"propiedades"]
resultado:

• imaxe interna [host propio]: necesitas
ser colaborador/@ desta comunidade, saber usar algún programa
de tratamento gráfico para bit-maps do tipo Photoshop
e saber usar un programa de FTP do tipo Cute FTP. Comeza enviando
imaxes externas e logo che abriremos as portas.

4. saber máis

En internet existen numerosas páxinas especializadas en divulgar
a programación HTML aquí vai unha pequena lista, non te esquezas
de buscar pola túa conta e de compartir o que sabes.