lamatumbá en xira… prende lume

13 cancións de amores e conciencia
Un disco bonito de escoitar producido por Kaki Arkarazo
Un disco bonito de mirar ilustrado por David Rubín

LAMATUMBÁ presenta a narración dunha historia de lume e de soles. Un
conto que quenta o corazón e move os pés. Que enche os nosos oídos con
músicas traídas de todos os lugares do mundo. Veñen a bordo dun barco que
se move sen fin por un océano de lume.



Esta peculiar singradura parte de Andoain -Gipuzkoa- en outono de 2004,
concretamente dos Garate Studios de Kaki Arkarazo, quen se encargou da
grabación e producción, xunto aos membros de LAMATUMBÁ. Jesús Arispont (DEF CON DOS) é o responsable de masterizar o novo traballo da banda galega, que chegará ás tendas coa primavera e ven editado polo selo galego FALCATRUADA imaxe e música.

A tripulación está formada por Ico (voces), Samuel Agite e Ángelo Gafas (ventos), Cris Asenjo (acordeón), Carlos Puntxa e Adrián Txitxas (percusión), Toño Moucho e Abraham El Niño (guitarras) e Pedro Feijoo (baixo). Ademais contribuiron a dar forma ao proxecto artístico grandes músicos, grandes amigos: a voz de Guadi Galego, o acordeón e voces de Manolo Maseda e Lola de Ribeira, o saxo de Iván Varela, a meteoroloxía de Bea Hervella ou a espectacular presentación do actor galego Fernando Dacosta.

A xira de presentación de LUME (para que saia o sol) vainos levar por
toda Galicia, Madrid, Barcelona, Bilbao, Granada e Portugal, para rematar
cunha grande festa na súa cidade, Ourense.

  • Sala La Iguana – Vigo – venres 8 abril 1:00h
  • Sala Mardi Gras – A Coruña – sábado 9 abril 23:00h

    visita a súa web: lamatumbá