MONOGRÁFICO: Formación vocal e repertorio de cantos do mundo para profesorado

Un monográfico práctico e de descubrimento, onde os cantos do mundo se convirten na principal ferramenta pedagoxica.

Este seminario vai dirixido ó profesorado de infantil e primaria, pero tamén a aqueles e aquelas que traballen ou proxecten traballar con nenos e nenas e desexen ampliar o seu repertorio de actividades ou recursos á hora de dinamizar e traballar cos seus grupos.

Os cantos do mundo son unha excelente ferramenta para introducir ó neno e nena no mundo doutras culturas mediante a música, o xogo rítmico, o baile improvisado ou coregrafiado, e representación física, pero, sobor de todo, o disfrute dunha experiencia nova e fresca, con connotacións exóticas, mais ás veces tamén achegadas á cultura galega.

Cantar e bailar en grupo, cantos rusos, indios, eslavos ou peruanos, pero sempre dende a experiencia propia, e moitas veces asimilando e modulando para chegar a resultados que poden sorprender pola súa familiaridade.

Os obxectivos do monográfico son:

  • A aprendizaxe de cantos do mundo que sirvan como ferramenta pedagóxica e de disfrute ós adultos que traballen con nenos/as de 5 a 12 anos.
  • Adquirir un coñecemento básico da voz infantil e as súas posibilidades.
  • Adquirir un entendemento básico do traballo coral (enténdese canto en grupo) infantil.
  • Experimentar co xogo vocal e rítmico dende unha perspectiva infantil.

Pilar Araújo. Emigrante galega retornada, leva máis de 5 anos traballando en Educación Musical Infantil polo mundo adiante. Dende campamentos musicais ata a formación e preparación de coros para festivais nacionais, pasando por numerosas aulas e monográficos en diversas especialidades como: cantos do mundo, cantos do meu pobo, cantos do río ou cantos da Revolución Industrial. A súa formación musical conta entre outros con Cursos en Pedogoxía Kodaly, Diploma en Musicoterapia, Improvisación vocal, Canto Tradicional Indio e cursiños en Expresión Corporal e Movemento.

Organiza Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque
Lugar: Conservatorio de Lalín
Sábados de 17.00 a 18.00: 23 de abril, 7 e 21 de maio.
Prezo: 40 euros / 30 euros asociadas/os.