A falta de gaitas…

A Deputación destina 90.000 ¤ á creación dunha rede de escolas de gaitas e percusión no Morrazo, no Salnés, en Vigo e no Deza.
Rafael Louzán asinou un convenio de colaboración coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.

A falta de gaitas… mais.

A pregunta salta a vista:

  • Qué falta fai esa rede de escolas de gaitas?
  • A quen non lle chega o que hai?
  • Por qué non se poden investir eses 90.000 ¤ en calquera (ou en todos) eses centros xa existentes?
  • Tratase dun caso mais do divide e venceras ou estamos perante a preparacion dunha nova remesa de gaiteir@s para folclorizar mais os actos oficiais?

A falta de gaitas…

No ano do seu nomeamento o conselleiro de cultura da Xunta de Galiza aseguraba que con 200.000 pts. mercaba a calquera intelectual galego. Seguramente hainos que se venden por menos cartos: a ansia de medrar, de chegar a ser alguen para o sistema -este sistema corrupto que nos domina-, de dirixir, ainda que sexa un fato de nen@s cunha gaita ao lombo…

A Deputacion de Pontevedra, en mans do PP e presidida por Rafael Louzan (http://www.noticiasgalicia.com/interviu/interviu55.html), vén de asinar un convenio de colaboracion coa Asociacion de Gaitas da Provincia de Pontevedra, dirixida por Hipolito Cabezas por valor de 90.000 ¤ (15.000.000 das antigas pts.) para a creacion dunha rede de escolas de gaitas e percusion no Morrazo, Salnés, Vigo e Deza.

Nos, que lembramos aquel Pacto de Mos (http://personal.telefonica.terra.es/web/aulagomesmouro/pactomos.htm) no que a Asociacion de Gaiteiros afirmaba entre outras cousas que “(1) o emprego de percusión feita de metal e plástico (…) non entronca para nada coa tradición dos nosos centenarios instrumentos de percusión, (2), a gaita tradicional galega ten unha forma consagrada ao longo de centos de anos, polo tanto, calquer agregado á morfoloxía centenaria do instrumento a podemos considerar excepción e polo tanto non admisible en grupos representativos da tradición gaiteril galega, (3) entendemos que o concepto estético das bandas de gaitas se contradice co lirismo musical de Galicia, xa que o concepto estético baseado na disciplina non cuadra co carácter da gaita galega”, etc. queremos crer que Hipolito Cabezas, que asinou o Pacto en 1995, permanecera fiel ao mesmo e empregara eses 90.000 ¤ na “urxente recuperación das formas interpretativas con sabor a galego, tanto en grupos tradicionaies como noutros tipos de formacións, xa que as modas pasan pero o espíritu musical queda”, como xa se indicaba daquela.

Pero non deixa de resultarnos sospeitoso. Porque modestamente consideramos que o obxectivo que oficialmente se anuncia “a posta en marcha dunha rede de Escolas de Gaitas que contribuirá ó asentamento dos piares fundamentais da tarefa educativa no ámbito da música tradicional; que a xuventude coñeza a riqueza musical da gaita e da percusión a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teórico-prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais, poñer en valor, conservar e respectar as principais manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego”, consideramos que xa se esta a levar adiante dende fai decadas nas comarcas sinaladas e con notables exitos.

So por citar os exemplos mais evidentes: en Vigo esta a banda de gaitas Xarabal (www.xarabal.org), berce dos nomes mais destacados da gaita deste pais como Carlos Nuñez, Xosé Manuel Budiño, etc. asi como a Universidade Popular (www.universidadepopular.com), un verdadeiro centro de saber popular sobre a musica galega, ademais dun obradoiro tradicional dos mais recoñecidos do pais. E no Deza temos o Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalin (www.folque.com), un centro moderno que lle ten dado a comarca e ao pais os mellores momentos da teoria e da pratica musical popular galega contemporanea.

A pregunta salta a vista: qué falta fai esa rede de escolas de gaitas? A quen non lle chega o que hai? Por qué non se poden investir eses 90.000 ¤ en calquera (ou en todos) eses centros xa existentes? Tratase dun caso mais do divide e venceras ou estamos perante a preparacion dunha nova remesa de gaiteir@s para folclorizar a nosa cultura en actos oficiais?

Gustarianos poder deixar de desconfiar de cada boa intencion dos nosos politicos, pero as evidencias pesan mais.

Olga Nogueira.
________________________________________________________________

PACTO DE MOS
Manifiesto publicado no número 1 da revista Do Brillante, voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos, en 1995.

A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e o Colectivo de Gaiteiros Galegos con Conciencia, desexando aclarar edefinir conceptos neste momento de confusionismo, manifestan conxuntamente o seguinte:

Actualmente a gaita galega aparece formando parte de agrupacións musicais moi variopintas: agrupacións folclóricas, grupos de gaitas, grupos folk, bandas de música, grupos de rock, charangas e bandas de gaitas. En cada unha das agrupacións mencionadas adopta un papel e un protagonismo distinto. Asimesmo é acompañada por instrumentos vinculados ou non tradicionalmente á mesma.
En Galicia existen, con apoio do pobo galego, moitos tipos de colectivos musicais que non teñen nada que ver coa música tradicional ou folclórica, aínda que neles participen instrumentos de tradición galega.

Para definir a identidade folclórico-cultural de Galicia están os grupos que realizan o papel de ponte transmisora (adulterando o menos posible o legado recibido), tanto no referido ao corpus instrumental como ao corpus musical.

Por tanto afirmamos que:

  • O emprego de percusión feita de metal e plástico, aínda que sexa feita en Galicia territorial, non entronca para nada coa tradición dos nosos centenarios instrumentos de percusión.
  • A gaita tradicional galega ten unha forma consagrada ao longo de centos de anos, polo tanto, calquer agregado á morfoloxía centenaria do instrumento a podemos considerar excepción e polo tanto non admisible en grupos representativos da tradición gaiteril galega.
  • Consideramos urxente a recuperación das formas interpretativas con sabor a galego, tanto en grupos tradicionaies como noutros tipos de formacións, xa que as modas pasan pero o espíritu musical queda.
  • Entendemos que o concepto estético das bandas de gaitas se contradice co lirismo musical de Galicia, xa que o concepto estético baseado na disciplina non cuadra co carácter da gaita galega. Aínda que na definición da verba banda só se especifica unha formación de instrumentos de vento -madeira ou metal- e percusión, as formacións que, co nome de banda, anteceden ás bandas de gaitas, expoñen as características de uniformización e disciplina.

En conclusión afirmamos que o concepto de “banda de gaita” non está mentres tanto definido, xa que baixo esta denominación estámonos refirindo dende as agrupacións que manteñen as características máis definitorias da esencia das nosas tradicións musicais, ata as agrupacións que se apartan totalmente da tradición, empregando fórmulas e características de agrupacións preexistentes, como bandas de cornetas e tambores, bandas de música ou bandas de gaitas doutras culturas. As agrupacións que se axustan á tradición se denominarían Escola, mentres que permanecerían co nombre de banda aquelas que empreguen esquemas diferentes e non propiamente galegos.

Esperamos que este manifiesto sirva como punto de referencia e partida para un diálogo abierto e sinceiro co fin de acadar un entendimento entre os músicos que empregamo-la gaita como base da nosa música.

[O Manifiesto finaliza coas firmas do Presidente da Asociación Galega de Bandas de Gaitas, Fernando Dopico Blanco; o Presidente da Asociación de Bandas de Gaitas de Pontevedra, Hipólito Cabezas Gómez; e tres membros do Colectivo de Gaiteiros Galegos con Conciencia, Luis Enrique Correa Piñeiro, Manuel Xosé López Villar y Carlos Luis Peixoto Losada].