Deputación de Pontevedra: Redifundide este e-mail

De: Iván Area

Compañeir@s,
A Asociación de Gaiteiros Galegos sempre se caracterizou pola defensa da nosa música patrimonial, a todos os níveis pois é a Asociación de todos os músicos tradicionais galegos.


Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada a promover a música galega tradicional, mais tamén denúncia publicamente as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas (que ademais se venden como galegas), sobre todo cando esas mesmas Administracións non invirten no noso mais prezado tesouro.

Recentemente a Deputación Provincial de Pontevedra asinou un convenio coa asociación “Banda de gaitas provincia de Pontevedra” destinado a creación e posta en marcha, inicialmente, de catro escolas de gaitas e percusión distribuídas en catro zonas: Sur, Centro, bisbarra do Salnés e bisbarra do Deza; na actualidade este
número xa se incrementou cunha nova escola situada en Cangas.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, quere manifestar que sempre serán os primeiros en alabar e apoiar calquer iniciativa que se tome desde as distintas institucións públicas encamiñadas a facilitar e apoiar o ensino da música tradicional, sempre e cando, sexan levadas a cabo dunha maneira transparente e despois dun proceso de selección público con todas as garantías e publicidade.

O convenio suscrito entre a Deputación e dita asociación foi aprobado no pleno do día 14 de febreiro de 2005 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia. Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos non cremos que este sexa o camiño adecuado para destinar unha partida de 90.000,00¤ no ensino da música tradicional, e denota un amplo descoñecemento da realidade cultural da provincia de
Pontevedra.

Se precisades máis información non deixedes de consultar o Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos:
www.gaiteirosgalegos.com/xoops

Saudos
Iván Area