comunicado conxunto Deza-Tabeiros sobre as escolas de bandas de gaitas

Reunidos hoxe á noite representantes das asociacións culturais e de música tradicional do Deza-Tabeirós para tratar o tema da implantación da Escola de Gaitas e percusión ó modo escocés apoiada e subencionada pola Diputación de Pontevedra para Vigo, O Salnés, O Morrazo, Pontevedra e o Deza, consideramos no caso concreto das nosas comarcas (con grande riqueza musical en bandas de música, agrupacións folclóricas, grupos de folk, conservatorios e a primeira escola folk infantil de Galicia) innecesaria a presencia dunha Banda de Gaitas marcial que faria competencia desleal e abusiva ó resto das devanditas propostas musicais por ser financiada integramente por diñeiro público desde a Diputación de Pontevedra, tanto nos instrumentos como na sua docencia.

Este mesmo diñeiro poderia ser empregado nas iniciativas que están funcionando desde hai tempo na comarca con notable éxito en moitos casos tanto desde a parte teórica como práctica da docencia musical e na divulgación da música patrimonial galega que veñen levando a cabo distintas asociacións e colectivos.

Con esta nova escola que propón a Diputación de Pontevedra racha e non se respeita o traballo feito por quenes levan anos traballando na música tradicional desde unha provincia que historicamente é-foi referente para o mundo da gaita en Galicia.

Polo tanto non compartimos os criterios pedagóxicos das escolas de banda marciais nen a sua visión homoxeneizadora de desfiles, categorización, competencia e desvirtualización do folclore en prol do folclorismo.

A música para nenos e nenas, a música para todos deberia estar ó servicio da creación musical, da expresión e comunicación, do respeito ós referentes históricos e da sensibilización artística e non ó servicio da xerarquización musical, da uniformidade e da alienación.

Polo que estaremos apoiando en Pontevedra o sábado dia 23 de abril no Teatro Principal ás 11 h. da mañá a rolda de prensa provincial en contra de esta iniciativa xunto cos colectivos, escolas e asociacións do Salnés, Morrazo, Pontevedra e Vigo en defensa da dignidade musical e preparados para tomar parte nas iniciativas que se inicien a partir de ese dia.