DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con NACHO MUÑOZ

1º MONOGRÁFICO CURSO 04/05.
Duración Trimestral.

DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con Nacho Muñoz

Creación individual e colectiva dunha obra musical partindo da improvisación. Execución ao vivo e grabación en formato dixital.
Escuita, improvisa, experimenta, compón, executa e graba.

Sábados á tarde no Auditorio de Lalín a partir do sábado 23 de outubro.


+info. 627 934368
Matrícula: conservatoriofolque@bandua.com

A idea xeral do curso céntrase en fomentar unha actitude creativa e participativa no músico (ou non músico), que non só complemente a súa laboura de formación cómo intérprete, senon que, progresivamente, tome o papel preponderante como correspondería naturalmente a alguén que se denominara músico.

Debido a unha excesiva tendencia á especialización, falla de estímulos no plano académico, ou cecáis por sentimento de inferioridade con respecto ós grandes compositores, moitas veces o alumno, sobre todo no ámeto da música clásica, rexeita totálmente a posibilidade de compoñer, de experimentar co seu propio son, de xerar espacios de acción creativa, en definitiva, de participar.

Como todos sabemos, neste tempo de fácil acceso a todo tipo de información, (gracias maiormente a isa maravillosa reducción binaria universal), fáise cada vez máis evidente a necesidade de compartir e ofrecer as nosas experiencias, xeito de sacar o máximo rendimiento ás posibilidades de interacción multidisciplinar que nos ofrece a tecnoloxía e, por extensión, ás de calqueira ámeto da vida.

Sen falsas pretensións cóma que o acabar o curso o alumno saia convertido nun experimentado compositor o incluso un xenio, (inda que en 10 anos de experiencia con músicos escóitanse moitas cousas) este curso diríxese máis ben a animar a descubrir e comunicar a música que todos temos no noso interior.